Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.352

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 20 de marzo de 2000 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data do 15 de marzo de 2000. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de Provisión Temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela s/n -A Coruña-. Confírmase o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 10-3-2000, polo cal se nomea secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas, en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia de Pontevedra.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas, Ángel Jesús Ortiz Gippini.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo da saída da xerencia territorial».

Asemade faise constar que contra o acordo do dito nomeamento efectuado pola Sala de Goberno do 10-3-2000, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación desta no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta presidencia un exemplar do recurso interposto para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 20 de marzo de 2000.

Jesús Souto Prieto

Presidente