Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 3/2000).

Alcaldía Presidencia, con data do 7 de febreiro de 2000, dictou a seguinte resolución en relación co cambio do sistema para o desenvolvemento do polígono H11.01 Eirís de Arriba I.

«Primeiro.-Incoar expediente de modificación do sistema de actuación previsto no PXOM para a execución do polígono H11.01 por ter transcorrido o prazo de tres meses desde a aprobación definitiva do plan xeral sen que se presentasen o proxecto de estatuto e as bases de actuación, optándose para estes efectos polo de cooperación.

Segundo.-Adverti-los interesados de que no prazo de tres meses poderán facer presentación, reunindo a maioría prevista no artigo 133.2º da Lei 1/1997 (LSG) do documento Bases e estatutos da xunta de compensación; neste caso procederase ó arquivo do expediente incoado. Se durante o prazo concedido non se presenta a citada documentación procederase a continua-la tramitación do expediente de modificación de sistema.

Terceiro.-Someter a información pública o expediente do cambio de sistema en previsión de que a propiedade non dea cumprimento ó exposto o punto anterior, con citación persoal ós interesados».

O que se publica para xeral coñecemento e, en concreto, para aquelas persoas ás que non se lles poida practica-la notificación persoal, polas circunstancias que en cada caso se especifiquen na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como para os titulares de parcelas con nome, domicilio ou ámbolos datos descoñecidos para esta Administración (artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia) e que a continuación se relacionan:

Parcela: 1.

Predio: Eirís Arriba 29.

Ref. Cat.: 9092702.

Elementos:

Nome: descoñecido.

Domicilio: descoñecido.

Parcela: 2.

Predio: Eirís Arriba 27.

Ref. Cat.: 9092703.

Elementos: inmoble 166 m

Nome: Hros. José Mosquera Bertua.

Domicilio: Eirís Arriba 27.

Parcela: 12.

Predio: Eirís Arriba 11.

Ref. Cat.: 9092730.

Elementos:

Nome: Hros. Ramón Montero Gallardo.

Domicilio: Eirís Arriba 15.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda