Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema aberto por concurso, dos servicios técnicos para a realización de seis cursos de gardas particulares de campo, especialidade de gardapescas marítimos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios técnicos.

Descrición do obxecto: prestación de servicios técnicos para a realización de seis cursos de gardas particulares de campo, especialidade de gardapescas marítimos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e cinco mil setenta e cinco con novecentos sete euros (45.075,907 A), sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.), impostos incluídos. A licitación farase segundo consta no cadro resumo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: o prazo sera de seis meses.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe do lote de licitación.

Definitiva: 4% do importe do lote de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexirán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Extensión Pesqueira. Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños-Santiago de Compostela. 15771 A Coruña, na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se precisa.

O licitante debe encontrarse en posesión da correspondente autorización do Mº de Interior para impartir este tipo de formación, consonte o establecido na Orde do 7 de xullo de 1995 e disposicións concordantes.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 26 días natu

rais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación das ofertas: no rexistro xeral da consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Se coincide en domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Apertura das ofertas e exposición das proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, as 10.30 horas do sexto día natural, a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio.

O pagamento da publicidade do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación