Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 30/1999, convocada por Resolución do 20 de xullo de 1999.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada

por resolución da Universidade de Vigo do 20 de xullo de 1999 (BOE do 24 de agosto) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 1 de marzo de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 30/1999.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: historia e institucións económicas.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Comin Comin, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Vocal secretario: Abel Fermín Losada Álvarez, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Lluis Argemi de Abadal, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Rafael Zurita Aldeguer, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Clara Eugenia Núñez Romero Blamas, profesora titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Comisión suplente:

Presidente: Xoán Carmona Badía, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Xosé Barreiro Somoza, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Luis Alonso Álvarez, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Montserrat Durán Pujol, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Miguel Santamaría Lancho, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.