Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.276

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.

A Constitución española garante no artigo 15 o dereito á vida e á integridade física e moral de tódalas persoas. O Estatuto de autonomía para Galicia, no seu artigo 4 remite á Constitución no que respecta ós dereitos e liberdades dos galegos.

A protección civil constitúe a afirmación dunha ampla política de seguridade que abrangue a protección física de persoas e bens en situacións de grave risco colectivo, catástrofe extraordinaria ou calamidade pública nas que a seguridade e a vida das persoas poden perigar e sucumbir masivamente.

O Estado español, no exercicio das súas competencias, promulgou a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil, na que asume a función de planificación e coordinación xeral dos distintos ámbitos sectoriais e territoriais da protección civil, pero que require para o seu desenvolvemento e execución da participación, colaboración e integración das diferentes administracións públicas. As sentencias do Tribunal Constitucional 123/1984 e 133/1990 sentaron as bases sobre as que deben estructurarse as competencias tanto estatais coma autonómicas na materia. Resulta pois necesario que tanto no plano preventivo coma no operativo se articule un mecanismo de coordinación que permita que as administracións competentes na materia de protección civil en Galicia dean unha resposta eficaz, rápida, axeitada e coordinada en situacións de risco, urxencia, emerxencia, catástrofe ou calamidade pública.

Este decreto supón a racionalización da normativa vixente en materia de protección civil na Comunidade Autónoma galega, desde a publicación da Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, de protección civil, que ademais integra ex novo a regulación que se refire ás asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil dentro do seu capítulo II.

Xustifícase o texto normativo refundido en diversos factores, por unha banda a diversidade normativa e a complexidade orixinada pola interrelación entre tódalas disposicións, e pola outra, a necesidade de xuntar tódalas normas, que dalgunha maneira se dictaron seguindo as directrices da Lei 2/1985, nun texto manexable, útil e ó mesmo tempo de doado acceso para tódolos destinatarios dela.

Excluíuse deste decreto a materia de medallas ó merito e placas e diplomas de protección civil, posto que vai ser obxecto de regulación independente e conxunta coa normativa que establece as medallas e condecoracións para as forzas e os corpos de segu-

ridade do Estado. Tampouco se incorporan ó texto as normas que recollen os plans especiais e específicos de riscos na Comunidade Autónoma, debido á especificidade da materia que regulan.

A necesidade de intervención do voluntariado de protección civil en tódolos campos e materias sociais a través das diversas formas xurídicas polas que poden optar para organizarse, fai necesaria a regulación do sistema, creando un marco normativo máis axeitado ás finalidades da intervención. Por iso, inclúese no presente decreto a regulación de cada un dos aspectos deste voluntariado, definíndose os distintos tipos de agrupacións de voluntarios en función do grao de dependencia que teñan cos seus municipios, dos integrantes delas e do voluntariado de protección civil, creándose o novo rexistro, con distintas seccións, indicando o procedemento de inscrición.

Igualmente, regúlanse as condicións e os requisitos que deben cumprir aquelas entidades que desexen inscribirse como entidades colaboradoras de protección civil, para realizar actividades afíns e complementarias na materia, así como os colaboradores de protección civil. Regúlanse os documentos identificativos e as tarxetas de identificación de protección civil, do voluntariado que intervén en operativos ou activación de plans de protección civil.

Regularízase o emprego do distintivo de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que contén os símbolos básicos homologados a nivel internacional.

Como anexo I deste decreto incorpórase a Resolución do 11 de outubro de 1994 polo que se aproba o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), para os efectos só de darlle publicidade ó plan xa aprobado, debido á importancia que ten no conxunto normativo que disciplina a materia de protección civil.

Na súa virtude, de acordo co dictame do Consello Consultivo, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Capítulo preliminar

Artigo 1º.-Obxecto.

1. O obxecto deste decreto é regula-la planificación e as medidas de coordinación en materia de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das súas competencias, a organización administrativa da protección civil, así como os requisitos polos que se definen e regulan determinados aspectos da actuación dos voluntarios e agrupacións de voluntarios de protección civil, e das entidades colaboradoras.

2. O exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección civil terá a consideración de servicio público prioritario.

Artigo 2º.-Ámbito.

Este decreto será de aplicación en todo o territorio de Galicia para tódalas situacións de emerxencia nas que se faga precisa a actuación dos membros de protección civil, sen prexuízo do establecido na lexislación do Estado, no concernente ás emerxencias declaradas de interese nacional.

Capítulo I

Estructura organizativa da protección civil

Artigo 3º.-Estructura organizativa xeral.

A protección civil en Galicia organízase nunha estructura integrada por:

a) As administracións públicas.

b) O voluntariado de protección civil.

Sección primeira

Órganos de coordinación

Subsección primeira

O Consello da Xunta de Galicia

Artigo 4º.-O Consello da Xunta de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia é o órgano superior de dirección e coordinación en materia de protección civil, ó que corresponde, entre outras funcións, a aprobación do Plan Territorial de Galicia (Platerga) e dos plans especiais de protección civil.

Subsección segunda

A Comisión Galega de Protección Civil

Artigo 5º.-A Comisión Galega de Protección Civil.

A Comisión Galega de Protección Civil (CGPC) é un órgano colexiado de coordinación e cooperación entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as restantes administracións públicas, para o desenvolvemento de tódalas actuacións preventivas, en materia de protección civil, que incumban o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6º.-Funcións.

Son funcións da CGPC:

a) Emitir informe sobre o Platerga, con carácter previo á aprobación polo Consello da Xunta de Galicia, e as posteriores modificacións del, así como sobre os plans específicos de protección civil que se integran no Platerga.

b) A homologación dos plans territoriais de protección civil, de ámbito inferior ó da Comunidade Autónoma (municipais, supramunicipais, comarcais e provinciais), unha vez aprobados polos órganos competentes.

c) Emitir informe sobre os plans especiais de protección civil que elabore a Administración autonómica de Galicia, antes da súa aprobación polo órgano competente da Xunta de Galicia.

d) Propoñerlle á autoridade competente en materia de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia métodos tendentes a establecer unha política coordinada de tódalas administracións públicas en materia de protección civil.

e) Emitir informe sobre as normas técnicas que se dicten no seu ámbito territorial en materia de protección civil.

f) Propoñer medidas preventivas e de protección civil ante os órganos competentes das diferentes administracións públicas.

g) Propoñer ó Consello da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para a súa consideración ou elevacións ós órganos correspondentes, a solicitude de declaración de zona catastrófica ou de reparación, de risco extraordinario, que afecte parte ou a totalidade do territorio de Galicia.

h) Establecer criterios para a elaboración do catálogo de medios e recursos mobilizables no ámbito da Comunidade Autónoma, así como estudiar e propoñer ós organismos competentes a normalización e, se é o caso, a homologación de técnicas, medios e recursos que poidan ser empregados en protección civil.

i) Emitir informe sobre os proxectos de normas regulamentarias referentes á organización e o funcionamento dos servicios de prevención e extinción de incendios e salvamento, así como os relativos ó réxime estatutario dos seus funcionarios.

Artigo 7º.-Funcionamento.

A Comisión Galega de Protección Civil funcionará en Pleno ou en Comisión Permanente.

Artigo 8º.-O Pleno.

1. Son funcións do Pleno as que correspondan con carácter xeral á Comisión Galega de Protección Civil e non estean expresamente atribuídas á Comisión Permanente.

2. O Pleno da Comisión Galega de Protección Civil estará composto por:

a) Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

b) Vicepresidente: o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

c) Vocais:

-Representantes da Xunta de Galicia: os directores xerais de Protección Civil; de Organización e Sistemas Informáticos; de Obras Públicas, de Transportes; de Centros de Inspección Educativa; de Industria; de Comunicación Social e Audiovisual; de Saúde Pública; de Asistencia Sanitaria; de Recursos Mariños; de Xustiza e Administración Local; de Relacións Laborais; de Interior; da Academia Galega de Seguridade; de Xuventude; de Montes e Medio Ambiente Natural.

-Representantes da Administración local: un deputado representante de cada deputación provincial de Galicia, nomeado polo correspondente Pleno; e os alcaldes dos concellos da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, ou concelleiros nos que deleguen, e catro representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

-Representantes da Administración do Estado: tres representantes nomeados polo delegado do Goberno en Galicia.

-Un representante das asociacións e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil: unha persoa nomeada polos presidentes das agrupacións de Voluntarios de Protección Civil inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Un representante dos parques de bombeiros.

-Secretario: o subdirector xeral de Protección Civil.

3. Ás sesións do Pleno poderá ser convocado, con voz e sen voto, persoal da Xunta de Galicia que non sexa membro da comisión, así como persoas de recoñecida competencia científica, técnica ou profesional, cando así cumpra pola natureza dos asuntos que se vaian debater.

4. A Comisión Galega de Protección Civil convocarase con carácter ordinario, como mínimo, unha vez ó ano e, con carácter extraordinario, cando o presidente ou a maioría dos seus membros o consideren necesario.

Artigo 9º.-A Comisión Permanente

1. A Comisión Permanente garante a continuidade das actividades da Comisión Galega de Protección Civil entre plenos.

2. Son funcións da Comisión Permanente:

a) Elaborar informes, colaborar nas tarefas de programación e desenvolvemento de plans de protección civil que debe executa-la Administración autonómica de Galicia, conforme o disposto na lexislación vixente.

b) Estudia-los mecanismos e sistemas de información á poboación, en colaboración cos medios de comunicación coas institucións públicas e privadas, asociacións, agrupacións e organizacións que estean implicadas ou relacionadas en situacións ou actuacións de protección civil.

c) Estudia-los sistemas e mecanismos de información coordinada entre as diferentes administracións implicadas en situacións ou actuacións de protección civil.

d) Estudia-los mecanismos e as fórmulas de enlace entre os diferentes centros de Coordinación Operativos (Cecop) das distintas administracións con competencias en materia de protección civil, así como con centros de comunicación e coordinación de agrupacións, entidades privadas, asociacións e empresas.

e) Propoñe-los proxectos de accións preventivas en materia de protección civil.

f) Estudia-los programas de actuacións dirixidas á poboación civil no eido da protección civil.

g) Propoñer ó presidente da Comisión Permanente que inste o presidente da Comisión Galega de Protección Civil á convocatoria do Pleno con carácter

extraordinario, cando non corresponda a convocatoria ordinaria anual ou por outra circunstancia extraordinaria que se sinale de maneira expresa.

h) Emitir informe sobre as propostas de resolución de expedientes sancionadores cando así o solicite o órgano competente, por suposta infracción administrativa que así sexa tipificada na normativa vixente en materia de protección civil, cando a competencia sancionadora corresponda á Xunta de Galicia.

i) Calquera outra función que lle encomende o pleno ou o seu presidente.

3. A Comisión Permanente estará composta por:

a) Presidente: o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Vicepresidente: o director xeral de Protección Civil.

c) Vocais: cinco representantes da Administración autonómica e dous representantes da Administración xeral do Estado, nomeados de entre os seus membros pola Comisión Galega de Protección Civil; dous representantes da Administración local nomeados pola súa representación no Pleno da Comisión Galega de Protección Civil; o representante das agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e o representante dos parques de bombeiros que son membros do Pleno da Comisión Galega de Protección Civil.

d) Secretario: o subdirector xeral de Protección Civil.

4. A Comisión Permanente convocarase con carácter ordinario, como mínimo, unha vez ó semestre e, con carácter extraordinario, cando o seu presidente ou a maioría de dous tercios dos seus membros o considere necesario.

5. A Comisión Permanente poderá crear grupos de traballo para o mellor cumprimento do seu labor e obxectivos.

A composición dos devanditos grupos de traballo será determinada pola propia Comisión Permanente, podendo participar neles persoas con coñecementos e experiencia profesional pertencentes a calquera Administración pública, institucións públicas e privadas, asociacións, agrupacións e empresas.

O secretario da Comisión Permanente presidirá os grupos de traballo.

Subsección terceira

Das xuntas locais de Protección Civil como comités-asesores a nivel local

Artigo 10º.-Funcións.

As xuntas locais de Protección Civil, como comités asesores de protección civil a nivel local e entidades de apoio ó xefe local de Protección Civil teñen as seguintes funcións:

-Propoñe-la elaboración do Plan de Emerxencias Municipal (Pemu) e os plans especiais que considere necesarios, de acordo cos riscos do concello.

-Emitir informe con carácter previo á súa aprobación sobre os plans de protección civil elaborados.

-Supervisa-lo desenvolvemento, a implantación, revisión e realización de simulacros e actualización dos plans.

-Promover e supervisa-lo cumprimento das medidas de prevención establecidas no Pemu.

-Promove-las campañas de formación e información cidadá, así como o adestramento daqueles sectores da poboación que se considere necesario, consonte a problemática de risco que os afecte.

-Analizar e avalia-lo desenvolvemento do Pemu unha vez concluída a situación de emerxencia e propoñe-las correccións necesarias nel.

-Promover e impulsa-las medidas que considere necesarias no ámbito da protección civil.

-Informar e propoñe-las previsións económicas e de infraestructuras que sexan necesarias para o desenvolvemento das súas competencias.

Artigo 11º.-Composición.

A Composición das xuntas locais de Protección Civil é a seguinte:

-O alcalde ou concelleiro en quen delegue, que actuará como presidente.

-Os concelleiros con competencia en materia de protección civil e de seguridade.

-Un representante do órgano provincial da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil.

-O xefe do Servicio de Bombeiros.

-O xefe da Policía Local.

-Os responsables técnicos municipais, en materia de protección civil, seguridade, ambiente, obras e servicios e servicios sociais.

-Os xefes dos grupos operativos no ámbito local previstos no Pemu.

-A autoridade civil municipal en materia de sanidade.

-O responsable da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

-O xefe da Policía Autonómica no ámbito local.

-O representante da autoridade portuaria.

-Os xefes dos corpos de seguridade do Estado no ámbito local.

-O presidente da Asamblea Local da Cruz Vermella.

Ademais,o presidente poderá convocar para as reunións, con voz e sen voto, ata un máximo de catro persoas atendendo ós seus coñecementos na materia.

Subsección cuarta

Os comités de Coordinación Operativa de Protección Civil

Artigo 12º.-Natureza.

O Comité Autonómico de Coordinación Operativa de Protección Civil da Xunta de Galicia é o órgano

asesor do director do Platerga na Comunidade Autónoma, carácter que teñen no ámbito provincial os catro comités provinciais de Coordinación Operativa de Protección Civil.

Artigo 13º.-Composición do comité autonómico.

1. O Comité Autonómico de Coordinación Operativa de Protección Civil da Xunta de Galicia estará composto por:

-O director xeral de Protección Civil, que o presidirá.

-O subdirector xeral de Protección Civil, que actuará como vicepresidente.

-Un representante da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos; de Obras Públicas; de Transportes; de Centros e Inspección Educativa; de Industria; de Comunicación Social e Audiovisual; de Saúde Pública; de Asistencia Sanitaria; de Recursos Mariños; de Xustiza e Administración Local; de Relacións Laborais; de Interior; da Academia Galega de Seguridade; de Xuventude; de Montes e Medio Ambiente Natural, todos eles con categoría mínima de subdirector xeral, designados polo seu director xeral. Cada dirección xeral designará ademais un representante suplente con categoría mínima de xefe de servicio.

-O xefe do Servicio de Planificación, que será o secretario.

2. O presidente poderá convocar para as reunións do comité, con voz e sen voto, técnicos de recoñecida competencia na materia.

Artigo 14º.-Convocatoria do comité autonómico.

Convocarase o Comité Autonómico de Coordinación Operativa de Protección Civil nas seguintes circunstancias:

-Cando se dean as situacións recollidas no Platerga, así nos diferentes plans específicos e especiais de Protección Civil de Galicia.

-En toda situación de risco, urxencia, emerxencia, catástrofe ou calamidade na que se prevexa que exceda do ámbito territorial dunha provincia, ou naquela situación que sen excederen do dito ámbito sexan insuficientes os recursos e medios da provincia.

-En calquera outra situación na que o presidente do Comité Autonómico de Coordinación Operativa xulgue necesaria a súa convocatoria.

Artigo 15º.-Composición dos comités provinciais.

Composición:

1. Os comités provinciais de Coordinación Operativa estarán compostos por tódolos delegados da Xunta de Galicia na provincia correspondente, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Actuará como secretario o xefe de Servicio Provincial de Protección Civil.

2. Cada delegado nomeará un suplente de entre os funcionarios da súa delegación, con categoría de xefe de servicio.

3. Os comités provinciais de Coordinación Operativa de Protección Civil estarán coordinados pola Dirección Xeral de Protección Civil.

4. O presidente poderá convocar para as reunións do comité, con voz e sen voto, técnicos de recoñecida competencia na materia.

Artigo 16º.-Convocatoria dos comités provinciais.

Convocarase o Comité Provincial de Coordinación Operativa de Protección Civil nos seguintes supostos:

-Aqueles establecidos no Platerga ou naqueles plans específicos ou especiais de ámbito territorial, tanto a nivel preventivo coma operativo.

-Toda situación de risco, urxencia, emerxencia, catástrofe ou calamidade pública de ámbito local, cando sexan insuficientes os recursos e medios recollidos nos plans de protección civil de ámbito comarcal ou municipal, ou cando o solicite a autoridade local, ou naquelas situacións nas que así o requira a magnitude do suceso.

Artigo 17º.-Funcionamento dos comités.

1. O comité autonómico e os comités provinciais de Coordinación Operativa de Protección Civil actuarán en Pleno ou nas comisións sectoriais que podan crearse no seu seo, atendendo á especificidade da emerxencia.

2. Tódolos membros dos devanditos comités terán a obriga de estar localizables e permanentemente dispoñibles. O anteriormente disposto é aplicable tamén ós membros suplentes. Para isto a Dirección Xeral de Protección Civil disporá as medidas necesarias, coa colaboración e o apoio das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 18º.-Funcións dos comités.

Son funcións dos comités de Coordinación Operativa de Protección Civil, tanto autonómicos coma provinciais, ademais de apoiar e colaborar coa dirección do plan na aplicación e execución dos plans de protección civil, as de:

a) Na fase de alerta:

1. Poñer á disposición do director do plan os servicios, recursos humanos e medios materiais dos departamentos da Administración autonómica que se prevexa que poidan ser mobilizados en razón do nivel de risco.

2. Face-lo seguimento da evolución dos seus recursos e medios.

3. Propoñerlle ó director do plan do respectivo comité o peche da situación de alerta, ou o pase á seguinte fase de emerxencia, cando o requira a situación.

b) Na fase de emerxencia:

4. Mobiliza-los recursos humanos e medios materiais dos departamentos da Administración autonómica que se precisen conforme o tipo de emerxencia e a súa evolución.

5. Proceder á desmobilización dos recursos e medios anteriores, unha vez rematada a fase de emerxencia.

Subsección quinta

Da coordinación na fase operativa con outras administracións públicas

Artigo 19º.-Coordinación entre as diferentes administracións públicas.

En cada plan de protección civil que elabore a autoridade competente da Xunta de Galicia establecerase a coordinación na fase operativa entre as diferentes administracións implicadas nel.

Co obxecto de coordina-las accións e actuacións das diferentes administracións públicas en situacións de risco, urxencia, emerxencia, catástrofe ou calamidad pública, así como a mobilización de medios e recursos recollidos nos distintos plans de protección civil, en cada un deles indicarase a composición e as funcións dos comités de dirección, comités asesores e grupos de acción.

Artigo 20º.-Comités de dirección.

1. Os comités de dirección que se establezan nos plans especiais que elabore a Comunidade Autónoma de Galicia, recollidos no Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil, estarán constituídos por un representante da Administración autonómica e da Administración xeral do Estado, recaendo a dirección do plan no representante da Comunidade Autónoma.

2. Cando, con ocasión da emerxencia, estea presente o interese nacional que se recolle na norma 1 do Real decreto 407/1992, do 24 de abril, e o ámbito de aplicación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia, o representante da Comunidade Autónoma de Galicia será o director xeral de Protección Civil. Cando o ámbito de aplicación non exceda dunha provincia galega, o representante da Comunidade Autónoma será o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 21º.-Medios e recursos.

Para a mobilización dos medios e recursos doutras administracións públicas establecidas nos plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia estableceranse protocolos de actuación que permitan a rápida e efectiva mobilización dos medios e recursos.

Subsección sexta

Da cooperación e da colaboración con administracións públicas, organismos e institucións públicas ou privadas

Artigo 22º.-Cooperación e colaboración coa Administración do Estado.

A Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación coa Administración do Estado para acada-los óptimos niveis de eficacia e de operatividade, tanto na fase preventiva coma na operativa, e unha axeitada

coordinación dos medios de información, dos sistemas de comunicación e dos recursos humanos e medios materiais.

Artigo 23º.-Cooperación e colaboración coa Administración local.

A Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación cos entes que integran a Administración local de Galicia para unha mellor e máis efectiva coordinación interadministrativa, tanto na fase preventiva coma na operativa, establecendo sistemas de información e medios de comunicación.

A Administración autonómica colaborará na dotación de medios e recursos necesarios no campo da protección civil á Administración local.

Artigo 24º.-Cooperación e colaboración con institucións e organismos públicos e privados.

A Xunta de Galicia poderá establecer convenios de cooperación ou de colaboración coas institucións e os organismos públicos ou privados que estean relacionados coa protección civil, en materia de formación de protección civil, de promoción e de fomento da protección civil, e tamén con aqueles que dispoñan de recursos e medios mobilizables en actuacións de protección civil.

Subsección sétima

Dos Centros de Coordinación Operativos (Cecop)

Artigo 25º.-Definición.

1.- Os Centros de Coordinación Operativos son aqueles que realizan a dirección e coordinación de tódalas operacións recollidas nun plan de protección civil, dispoñendo de sistemas de enlaces con outros centros das diferentes administracións públicas. A situación dos Cecop para levar a cabo a dirección e a coordinación de tódalas operacións que se establecen no Platerga, incluídos os plans específicos, e plans especiais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como noutros plans de protección civil da Administración autonómica galega, determínase no Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil.

2. En función do ámbito territorial de aplicación dos plans de protección civil, indicados no punto anterior, disporase dun Cecop de ámbito territorial de Galicia (Cecop-Galicia), situado en Santiago de Compostela, e catro Cecop de ámbito provincial, un en cada capital de provincia, denominados Cecops-provinciais.

Artigo 26º.-Funcionamento.

Os Cecop poderán funcionar, se é o caso, como Centros de Coordinación Operativos Integrados (Cecopi), nos que se integrarán os mandos das diferentes administracións, tanto para a dirección e coordinación da emerxencia como para a transferencia de responsabilidades.

Artigo 27º.-Medios técnicos.

1. Os Cecop-provinciais, para levaren a cabo a súa función, disporán dos medios técnicos dos que

están dotadas as unidades provinciais de protección civil, e, se é o caso, dos pertencentes ó Cecop-Galicia.

2. Os Cecop disporán de sistemas de enlaces de comunicacións cos Centros de Coordinación Operativos da Administración Estatal en Galicia, así como cos Centros de Coordinación Operativos Locais (Cecopal) da Administración local de Galicia.

3. Desde os Cecop poderán establecerse sistemas de enlaces de comunicacións con centros de urxencia ou de emerxencia, así como con centros de comunicación, de carácter público ou privado, cos que previamente se establezan convenios ou protocolos de colaboración mutua.

4. Para aqueles plans de protección civil que estean pendentes de aprobación ou ante unha situación non establecida nos plans, a constitución, dirección e coordinación dos Cecop, realizaraa a Dirección Xeral de Protección Civil ou o órgano designado por esta.

5. As centrais de comunicación e os centros de emerxencia dependentes da Xunta de Galicia, así como os establecidos no Platerga, poderán ser integrados no Cecop durante o tempo que estea o plan activado e cando a dirección do plan o coide conveniente.

Sección segunda

O Servicio de Emerxencias Un Un Dous (112)

Artigo 28º.-Definición.

Establécese en todo o territorio de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia o Servicio de Atención de Emerxencias a través dun número telefónico único, co fin de ofrecerlle ó cidadán un acceso rápido e sinxelo ós servicios públicos de prestación de asistencia ás urxencias.

O Servicio de Emerxencias único europeo prestarase, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través do número telefónico un un dous (112).

Artigo 29º.-Obxecto.

1. O servicio ten por obxecto atende-las chamadas realizadas polos cidadáns ante situacións de emerxencia, dárlle-lo tratamento correspondente a estas e dirixilas ós centros de atención dos servicios públicos que deberán presta-la asistencia obxecto da chamada.

2. O servicio non comprenderá a prestación material da asistencia requirida.

3. Este servicio poderá tamén utilizarse para requirir, no caso de urxente necesidade, a asistencia dos servicios competentes en materia de atención de emerxencias, urxencias sanitarias, de extinción de incendios e salvamento, de seguridade cidadá e de protección civil, calquera que sexa a Administración pública da que dependa.

4. Para garanti-la atención axeitada das chamadas, dándolle resposta rápida, ordenada e eficaz, a Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de adopta-las medidas necesarias en relación cos servicios dela

dependentes, establecerá os acordos ou convenios de colaboración que sexan precisos, cando tales servicios estean baixo a dependencia doutras administracións e, se é o caso, de institucións e/ou entidades públicas ou privadas que actúen en situacións de emerxencia.

Artigo 30º.-Competencia.

1. O órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia exercerá as funcións a que se refire este capítulo, sen prexuízo das que lles poidan corresponder a outros órganos da Xunta de Galicia.

2. O servicio de atención de chamadas regulamentado nesta sección será prestado, de forma exclusiva, a través da Central de Emerxencias 112 SOS-Galicia.

3. Para que as prestacións do teléfono único un un dous (112) sexan eficaces e eficientes, o órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia será o responsable único do seu control e inspección. Así mesmo, consensuará os protocolos de actuación operativa entre tódolos servicios que interveñen, preservando, se é o caso, as liñas xerárquicas propias de cada servicio.

Sección terceira

Das comisións técnicas de Protección Civil

Artigo 31º.-Definición.

Son comisións técnicas de Protección Civil as que se creen con tal carácter co obxecto de atende-las necesidades específicas dos diferentes sectores relacionados coa protección civil que así o requiran para unha mellora na súa planificación e operatividade.

Subsección primeira

Da Comisión Galega de Risco de Incendios

Artigo 32º.-Funcións.

A Comisión Galega de Risco de Incendios terá as seguintes funcións:

a) Analizar e avalia-la problemática de incendios en Galicia e realiza-las propostas de solución.

b) Analiza-las medidas e propoñe-la adaptación das disposicións relacionadas coas condicións técnicas de protección en edificacións urbanas e industriais, en coordinación coas consellerías correspondentes.

c) Estudiar e propoñer criterios para a correcta interpretación e a homoxénea aplicación das disposicións legais en materia de incendios.

d) Analizar e recoller, se procede, os avances en materia de protección de incendios.

e) Asesora-la Comisión Galega de Protección Civil e outros organismos en materia da súa competencia.

f) Propoñerlle á Academia Galega de Seguridade a realización e aprobación dos programas e dos cursos de formación dos profesionais na prevención, defensa e loita contra os incendios na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Emitir informes sobre os regulamentos dos corpos de prevención, defensa, loita e intervención de incendios.

h) En xeral, desenvolver cantos traballos relacionados coa materia técnica da súa esfera se consideren precisos e lle sexan encomendados pola presidencia, e polo Pleno da Comisión Galega de Protección Civil.

Artigo 33º.-Funcionamento.

A Comisión Galega de Risco de Incendios funcionará en Pleno ou en Comisión Permanente.

Artigo 34º.-O Pleno.

O Pleno da Comisión Galega de Risco de Incendios está composto por:

-Presidente: o director xeral de Protección Civil

-Vicepresidente: o subdirector xeral de Protección Civil.

-Vocais: dous xefes de servicio provinciais de Protección Civil.

Os xefes dos parques de bombeiros das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.

Un xefe por cada cinco dos restantes parques de bombeiros de Galicia, nomeado entre eles.

Un representante da Academia Galega de Seguridade.

Un representante da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Un representante da Dirección Xeral de Industria.

Un representante da Dirección Xeral de Urbanismo.

Tres persoas de recoñecida competencia en materia de incendios, designados polo presidente da Comisión Galega de Protección Civil.

-Secretario: o xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

Artigo 35º.-A Comisión Permanente.

1. A Comisión Permanente garante a continuidade das actividades da comisión entre plenos.

2. As súas funcións son:

a) Estudia-la problemática técnica dos incendios urbanos e industriais, no detalle que sexa preciso, e das súas posibles solucións en Galicia, dando conta ó Pleno da Comisión Galega de Risco de Incendios.

b) Colaborar e participar na elaboración da normativa contra incendios en edificios, e na súa adaptación ás necesidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estudia-los programas e as actuacións que en materia de prevención e de información se dirixan á poboación no eido dos incendios urbanos e industriais.

d) Propoñerlle ó Pleno os plans, programas e proxectos de acción preventiva, así como en información e formación, e propostas en materia de normativa legal.

e) Calquera outra función que lle encomende o pleno ou o seu presidente.

3. A Comisión Permanente da Comisión Galega de Risco de Incendios estará composta por :

-Presidente: o subdirector xeral de Protección Civil.

-Vocais: os dous xefes de servicio provinciais de Protección Civil, dous xefes dos parques de bombeiros dos que forman parte do Pleno da Comisión Galega de Risco de Incendios, nomeados entre eles, e unha persoa de recoñecida competencia das que integran o Pleno.

-Secretario: o xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

Artigo 36º.-Convocatoria.

1. O Pleno será convocado polo presidente, con carácter ordinario, polo menos unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cando o considere necesario o mesmo presidente ou a maioría dos seus membros.

2. A Comisión Permanente convocarase cando o considere necesario o seu presidente ou a maioría dos seus membros.

3. Ás sesións do Pleno ou da Comisión Permanente poderán ser convocados tamén, con voz e sen voto, técnicos de recoñecida competencia na materia, cando así o consideren oportuno o Pleno, a Comisión Permanente ou o presidente.

Subsección segunda

A Comisión Galega do Risco Químico

Artigo 37º.-Funcións.

A Comisión Galega do Risco Químico terá as seguintes funcións:

a) Asesora-la Comisión Galega de Protección Civil en temas relacionados co risco químico.

b) Avaliar e facer uso da información relativa ó risco químico.

c) Elaborar informes técnicos sobre os plans de emerxencia de risco químico.

d) Propoñer instruccións técnicas sobre o risco químico.

e) Promover actividades divulgativas sobre autoprotección en emerxencias derivadas de actividades industriais.

Artigo 38º.-Convocatoria.

1. A Comisión Galega do Risco Químico será convocada cando o consideren oportuno o seu presidente ou a maioría dos seus membros.

2. A Comisión Galega do Risco Químico funcionará en Pleno ou en Comisión Permanente.

Artigo 39º.-Composición.

A Comisión Galega do Risco Químico estará constituída por:

-Presidente: o director xeral de Protección Civil.

-Vicepresidente: o subdirector xeral de Protección Civil.

-Vocais: da Administración autonómica, un representante por cada unha das direccións xerais de Industria, Saúde Pública, Calidade e Avaliación Ambiental e Augas de Galicia.

Dous xefes de servicio provinciais de Protección Civil.

Un representante técnico das delegacións en Galicia das seguintes entidades: Federación Española de Industria Química; Asociación de Empresas da Industria do Refinamento de Petróleo; Comisión de Seguridade das Industrias Siderometalúrxicas e Asociación de Transportistas de Mercadorías Perigosas.

Tres persoas de recoñecida competencia en materia de riscos químicos, designadas polo presidente da Comisión Galega de Protección Civil.

A Administración xeral do Estado poderá designar un representante técnico.

-Secretario: o xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

Subsección terceira

Da Comisión Galega de Transporte de Mercadorías Perigosas

Artigo 40º.-Funcións.

A Comisión Galega de Transporte de Mercadorías Perigosas terá as seguintes funcións:

a) Asesora-la Comisión Galega de Protección Civil en temas relacionados co transporte de mercadorías perigosas en Galicia.

b) Realizar estudios, informes e propostas para a elaboración do Plan de Emerxencia do Transporte de Mercadorías Perigosas en Galicia.

c) Realiza-la revisión e actualización do dito plan.

d) Propoñer instruccións técnicas sobre este tipo de risco en Galicia.

e) Incentiva-las actividades divulgativas sobre autoprotección en emerxencias derivadas do transporte de mercadorías perigosas.

Artigo 41º.-Convocatoria.

A Comisión Galega de Transporte de Mercadorías Perigosas será convocada cando o consideren oportuno o seu presidente ou a maioría dos seus membros.

Artigo 42º.-Composición.

A Comisión Galega de Transporte de Mercadorías Perigosas estará constituída por:

-Presidente: o director xeral de Protección Civil.

-Vicepresidente: o subdirector xeral de Protección Civil.

-Vocais: da Administración autonómica, un representante de cada unha das direccións xerais de Obras Públicas, Transportes, Industria, Recursos Mariños e Calidade e Avaliación Ambiental.

Un representante de Feique (Federación Española de Industria Química).

Un representante das asociacións de Transportistas de Mercadorías Perigosas.

A Administración xeral do Estado poderá designar tres representantes técnicos na comisión se así o considera.

Tres persoas de recoñecida competencia nesta materia designadas polo presidente da Comisión Galega de Protección Civil.

-Secretario: o xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

Subsección cuarta

Da Comisión de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 43º.-Funcións.

A Comisión de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia, como órgano coordinador e asesor de protección civil en materia de seguridade vial, no ámbito das competencias que nesta materia teña a Comunidade Autónoma, terá as seguintes funcións:

a) Estudiar e emitir informe sobre o Plan de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia elaborado pola Dirección Xeral de Protección Civil.

b) Propoñerlle á Comisión Galega de Tráfico e Seguridade Vial da Circulación o Plan de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estudiar e emitir informe sobre plans de Emerxencia Vial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Emitir iforme e estudia-las propostas das campañas de información, divulgación e control da seguridade vial na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Aqueloutras que lle poidan encomenda-los organismos competentes en materia de seguridade vial.

Artigo 44º.-Convocatoria.

A Comisión de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia será convocada cando o consideren oportuno o seu presidente ou a maioría dos seus membros.

Artigo 45º.-Composición.

A Comisión de Seguridade Vial da Comunidade Autónoma de Galicia estará constituída por:

-Presidente: o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Vicepresidente: o director xeral de Protección Civil.

-Vocais: da Administración autonómica: os directores xerais de Obras Públicas, Transportes, Centros e Inspección Educativa, Industria, Saúde Pública e Academia Galega de Seguridade, dos que catro formarán parte como vocais na Comisión Galega de Tráfico e Seguridade da Circulación Vial.

Tres representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

-Secretario: o subdirector xeral de Protección Civil.

Subsección quinta

Da Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca

Artigo 46º.-Funcións da comisión.

Serán funcións da comisión as seguintes:

a) Asesora-la Dirección Xeral de Protección Civil en temas relacionados cos riscos derivados de inundacións e das situacións de seca.

b) Formar parte do comité asesor da dirección do plan da Comunidade Autónoma ante o risco de inundación e o Plan Galego de Seca.

c) Elaborar recomendacións e informes en temas relativos ós riscos de inundacións e situacións de seca.

d) Emitir informe sobre os plans de risco de inundacións e para situacións de seca.

e) Aquelas que se lles encomende en relación coa materia.

Artigo 47º.-Convocatoria.

A comisión será convocada cando o consideren conveniente o seu presidente ou a maioría dos seus membros.

Artigo 48º.-Composición da comisión

1. A comisión estará constituída por:

a) Presidente: o director xeral de Protección Civil.

b) Vicepresidente primeiro: o xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia.

c) Vicepresidente segundo: o subdirector xeral de Protección Civil.

d) Vocais:

-Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Un representante da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Un representante da Consellería de Medio Ambiente.

-Un representante da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Un representante da Consellería de Industria e Comercio.

-Un representante da Federación Galega de Municipios e Provincias.

-Dous representantes, por parte dos titulares con maior número de presas e capacidade de encoros de Galicia-Costa, un da provincia da Coruña e outro da provincia de Pontevedra.

-Dous representantes por parte dos titulares con maior número de presas e capacidade de encoros, un da bacía do Miño e outro da bacía do Sil.

-Dous representantes das empresas de abastecementos de auga potable máis significativas de Galicia.

e) Secretario: o xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil

2. Ademais dos vocais expostos no número anterior, a Administración xeral do Estado, a través da Delegación do Goberno en Galicia, poderá nomear ata catro representantes, que formarán parte da comisión.

3. Cando o presidente da comisión o considere conveniente poderanse crear grupos de traballo con persoas de recoñecida solvencia na materia.

4. En caso de situacións de riscos de seca prevese a creación de comités provinciais da seca, un en cada provincia. Os compoñentes que forman parte del estableceranse no Plan Galego para a Situación de Seca.

Os comités provinciais da seca convocaranse por instancia do presidente da Comisión para os Riscos de Inundación e as Situacións de Seca.

Capítulo II

Dos voluntarios de protección civil

Sección primeira

Das agrupacións de voluntarios de protección civil

Artigo 49º.-Definición e requisitos.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección civil, e para os efectos de colaborar cos órganos competentes en materia de protección civil, terán a consideración de agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (en diante, AVPC) as asociacións legalmente constituídas, ó abeiro da Lei de asociacións e as agrupacións integradas no seo dos concellos, comarcas ou mancomunidade de municipios que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o seu fin principal sexa a colaboración coas autoridades competentes na realización de tarefas relacionadas coa protección civil.

b) Que sexan de carácter aberto para tódalas persoas físicas residentes no termo ou termos municipais no que a AVPC desenvolva a súa actividade.

c) Que se constitúan sen ánimo de lucro e o seu funcionamento interno sexa democrático.

d) Que estean inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma.

e) Que os seus estatutos e regulamentos se acomoden ó disposto neste capítulo.

f) No caso das asociacións legalmente constituídas ó abeiro da Lei de asociacións, deberán estar relacionadas co seu municipio, comarca ou mancomunidade de municipios, mediante convenio ou acordo de colaboración.

Artigo 50º.-Funcións.

1. As tarefas que vaian realiza-las AVPC de conformidade coa normativa de protección civil irán encamiñadas á prevención e autoprotección así como á colaboración, auxilio e apoio dos servicios públicos de protección civil; e en todo caso serán as indicadas nos plans de Protección Civil aprobados pola Administración autonómica de Galicia, e de xeito máis específico as que se indiquen no Pemu do municipio onde estea situada a AVPC.

2. Para o axeitado cumprimento das súas funcións a AVPC debe estructurarse de acordo coas necesidades do concello, comarca ou mancomunidade na que se integre, e disporá das seccións correspondentes en consonancia coa tipoloxía dos riscos definidos no Pemu e, se é o caso, no Platerga.

3. Tódalas actuacións que realice a AVPC en materia de protección civil no ámbito local serán sempre autorizadas e coordinadas, ou, se é o caso, dirixidas pola autoridade local correspondente.

4. As AVPC designarán, cando menos, tres representantes da súa xunta directiva, dos que un deles será o presidente, co obxecto de seren interlocutores co órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia e, se é o caso, con outras institucións e organizacións, para os efectos administrativos ou operativos.

Sección segunda

Do voluntariado de protección civil

Artigo 51º.-Voluntarios de protección civil.

1. Terán a condición de voluntarios de protección civil todas aquelas persoas físicas que con carácter altruísta se comprometan a colaborar cos servicios de protección civil, integrándose nunha AVPC.

2. Só poderán ser voluntarios de protección civil as persoas maiores de idade. Os maiores de 16 anos e menores de 18 só poderán figurar como voluntarios de apoio, sempre que conste a autorización do que exerza a patria potestade ou a tutela.

3. Os voluntarios de protección civil non terán a condición de autoridade e actuarán por orde e baixo a dependencia de quen teña atribuída esa función colaborando cos servicios públicos correspondentes.

4. A vinculación dos voluntarios coa agrupación na que se integren non terá o carácter de relación laboral, administrativa, funcionarial ou mercantil, senón tan só de colaboración voluntaria para a prestación de servicios de maneira altruísta como medio

de realización de accións humanitarias e de solidariedade social.

5. As AVPC poderán establecer requisitos de acceso para os seus voluntarios, sen que en ningún caso poidan facerse discriminacións por razóns de sexo, políticas, ideolóxicas, relixiosas ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

6. Con carácter xeral, a condición de voluntariado dunha AVPC poderá ser:

a) Operativo, cando pola súa idade, maior de dezaoito anos, e aptitude psicofísica, poida realizar con normalidade calquera actividade relacionada coa protección civil. Un voluntario na súa condición de operativo non poderá formar parte máis que dunha soa AVPC.

b) De apoio, cando ben pola súa idade, menor de dezaoito anos e maior de dezaseis anos, e/ou aptitude psicofísica, soamente poida efectuar determinados labores de axuda e colaboración co voluntario operativo, fundamentalmente de apoio loxístico.

c) Honoríficos, todas aquelas persoas que durante o transcurso da súa vida realizaron actuacións heroicas e/ou actos sobresaíntes en materia de protección civil no seo desa agrupación.

7. Os voluntarios só poderán pertencer a unha AVPC sen prexuízo de realizar tarefas de voluntariado noutras por tempo determinado se así o autorizasen as agrupacións afectadas.

Artigo 52º.-Dereitos dos voluntarios.

Son dereitos dos voluntarios de protección civil, no exercicio do seu labor de colaboración coa Administración autonómica:

a) Recibi-la información, formación, orientación, apoio e, se é o caso, medios materiais necesarios para o exercicio das funcións que se lle asignen.

b) Dispoñer dunha acreditación identificativa da súa condición de voluntario de protección civil

c) Emprega-la vestimenta homologada polo organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

d) Realiza-la súa actividade nas debidas condicións de seguridade en función da natureza e características daquela.

e) Participar na elección do presidente da AVPC de entre os seus membros e demais cargos que estatutariamente se prevexan.

Artigo 53º.-Deberes dos voluntarios.

Son deberes dos voluntarios no exercicio do seu labor de colaboración coa Administración autonómica:

a) Gardar, cando proceda, confidencialidade da información recibida e coñecida durante o desenvolvemento da súa actividade como voluntario de protección civil.

b) Rexeitar calquera tipo de contraprestación económica que puidese recibir dos cidadáns afectados directa ou indirectamente polas actividades desenvolvidas.

c) Actuar de forma dilixente e solidaria, cumprindo coas indicacións e normas dictadas polos seus mandos naturais e as autoridades de protección civil.

d) Participar nas tarefas formativas previstas pola autoridade competente de protección civil ou pola AVPC, así como nas que con carácter permanente se precisen para mante-la calidade das prestacións.

e) Empregar axeitadamente a vestimenta de protección civil cos seus distintivos, así como levar ben visible a súa acreditación.

f) Coidar e utilizar de xeito adecuado os recursos e medios materiais que poña á súa disposición a AVPC, ou, de se-lo caso, as autoridades de protección civil.

g) Devolverlle a tarxeta de identidade e o uniforme ó responsable da AVPC, así como o material asignado á súa custodia, no caso de causar baixa nela por calquera circunstancia.

Artigo 54º.-Cobertura de riscos.

As agrupacións de voluntarios de protección civil, reguladas neste decreto, que pretendan participar no desenvolvemento ou execución dos plans, programas e actividades no sistema autonómico de protección civil, deberán contratar un seguro de accidentes así como de responsabilidade civil por danos a terceiros que ampare os seus membros fronte ós riscos a que están sometidos no exercicio das súas funcións.

Artigo 55º.-A formación dos voluntarios.

A formación do voluntariado de protección civil acomodarase ó disposto na sección II do capítulo IV deste decreto, sen prexuízo da formación adquirida a través da súa mesma agrupación ou impartida por outros entes organizadores.

Sección terceira

Das entidades colaboradoras de protección civil e persoal colaborador de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 56º.-Entidades colaboradoras.

1. Terán a condición de entidades colaboradoras de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas asociacións, agrupacións, federacións e empresas públicas ou privadas, así como calquera outro organismo ou entidade que en función da súa actividade principal e fin social se comprometan, mediante a sinatura dun convenio co organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia, á colaboración e prestación de servicios que puidesen ser de axuda á protección civil, debendo figurar inscritas no Rexistro de Protección Civil, Sección de Entidades Colaboradoras.

2. Non poderán ser consideradas entidades colaboradoras de protección civil as AVPC que estean inscritas no rexistro como tales.

3. Tódalas actuacións que realicen as entidades colaboradoras no ámbito da protección civil deberán ser autorizadas e coordinadas pola autoridade competente de protección civil.

Artigo 57º.-Persoal colaborador.

Considéranse persoal colaborador de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia aquelas persoas que, sen pertenceren a unha AVPC ou a unha entidade colaboradora de protección civil, desexen cooperar a título individual en actividades propias da protección civil.

Artigo 58º.-Uniforme do persoal das entidades colaboradoras e persoal colaborador.

O persoal das entidades colaboradoras, así como o persoal colaborador que se recolle neste decreto, cando presten actividades de protección civil por requirimento das autoridades, poderán emprega-lo uniforme regulado para o efecto polo órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

Sección cuarta

Do Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia. As súas seccións

Artigo 59º.-Rexistro.

Créase adscrito ó organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia o Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, denominado en diante rexistro.

Artigo 60º.-Estructura.

1. O rexistro estructúrase en catro seccións:

a) Sección de Rexistro das AVPC.

b) Sección de Rexistro de Voluntarios de Protección Civil.

c) Sección de Rexistro das Entidades Colaboradoras.

d) Sección do Rexistro de Persoal Colaborador de Protección Civil.

2. Para que as AVPC e, se é o caso, se procede, as entidades colaboradoras e o persoal colaborador teñan acceso ás canles de financiamento con cargo ós recursos e ós orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás vías de participación, fomento, formación, e actuación en materia de protección civil, será condición indispensable que estean inscritas nos rexistros.

3. O rexistro será público con respecto a tódalas inscricións ou anotacións que nel consten.

Artigo 61º.-O procedemento de inscrición no rexistro.

1. O expediente de inscrición iniciarase mediante solicitude, de acordo co modelo que figura como anexo II deste decreto, dirixida ó órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

2. A solicitude de inscrición no rexistro irá, para cada unha das seccións, xunto cos seguintes documentos:

A) Sección de AVPC.

A.1. Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil integradas no seo de concellos, comarcas ou mancomunidades de municipios.

-Certificación do secretario da entidade local do acordo do Pleno que aprobou a súa creación.

-Copia compulsada do regulamento e/ou estatutos.

-Certificación oficial coa relación dos compoñentes da xunta directiva da agrupación.

-Relación nominal, co DNI, de tódolos seus membros.

A.2. Asociacións legalmente constituídas ó abeiro da Lei de asociacións.

-Acta fundacional, copia compulsada do orixinal.

-Regulamentos e/ou estatutos, copia compulsada do orixinal.

-Certificado oficial, expedido pola autoridade competente, mediante o que se acredite a súa inscrición no Rexistro de Asociacións.

-Certificación que especifique a relación dos compoñentes da súa xunta directiva.

-Relación nominal, co DNI, de tódolos seus membros.

Copia do convenio ou acordo de colaboración subscrito coa entidade local correspondente.

B) Sección do Voluntariado de Protección Civil.

-Documento de petición de alta de voluntarios realizada pola AVPC, coa que se xuntará:

-Fotocopia do DNI do voluntario.

-Fotocopia compulsada do documento que acredite os seus coñecementos en protección civil.

-Declaración da súa profesión ou actividade profesional.

-Dúas fotos tamaño carné.

C) Sección de Entidades Colaboradoras de Protección Civil.

-Copia compulsada do convenio subscito co órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

-Relación de persoas que asumen a representación da entidade fronte ó organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

D) Sección do Persoal Colaborador de Protección Civil.

-Fotocopia do DNI.

-Declaración xurada de non pertencer a ningunha AVPC.

-Documentación que acredite coñecementos e experiencia en protección civil.

-Declaración da súa profesión ou actividade profesional.

-Dúas fotos tamaño carné.

Artigo 62º.-Resolución da solicitude de inscrición.

1. Unha vez recibida a solicitude de inscrición e a documentación correspondente, o órgano da Xunta de Galicia competente en materia de protección civil resolverá nun prazo máximo de dous meses.

2. Por municipio só poderá rexistrarse unha soa AVPC.

No caso de mancomunidades de municipios e comarcas, só poderá inscribirse unha AVPC con ese ámbito territorial, que poderá coexistir con outras municipais.

3. Unha vez acordada a resolución de inscrición no rexistro, comunicaráselle ó interesado.

4. Os interesados comunicaranlle ó órgano da Xunta de Galicia competente en materia de protección civil calquera modificación dos datos que figuren no rexistro, no prazo de 30 días desde que a modificación se producise.

5. Tódalas AVPC inscritas no rexistro remitiranlle ó Servicio de Protección Civil da provincia un informe anual das súas actividades, conforme as directrices que indique o organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

Artigo 63º.-Causas de baixa no rexistro.

1. Serán causas de baixa no Rexistro para as AVPC as seguintes:

a) Solicitude de baixa da AVPC logo de acordo adoptado segundo as súas normas internas e debidamente acreditado.

b) Acordo de disolución da AVPC debidamente acreditado e comunicado ó órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

c) O incumprimento dos requisitos ou das funcións establecidos nos artigos 49º e 50º deste decreto, que deberá ser verificado polo órgano competente en materia de protección civil mediante expediente contradictorio no que se garanta o dereito de audiencia dos representantes da agrupación.

2. Serán causas de baixa no Rexistro para as Entidades Colaboradoras de Protección Civil as seguintes:

a) A denuncia do convenio por calquera das partes.

b) O incumprimento das obrigas derivadas dos preceptos deste capítulo, que deberá ser verificado polo órgano competente en materia de protección civil mediante expediente contradictorio no que se garanta o dereito de audiencia dos representantes da entidade.

3. Serán causas de baixa no Rexistro para os Voluntarios e o Persoal Colaborador de Protección Civil as seguintes:

a) Incumprimento dos deberes establecidos neste capítulo.

b) Solicitude de baixa cursada polo voluntario, pola AVPC na que este se integra ou, se é o caso, polo propio persoal colaborador.

Artigo 64º.-Efectos da baixa.

1. Unha vez acreditada algunha causa de baixa das sinaladas no artigo anterior, o órgano competente en materia de protección civil dictará resolución no prazo de 3 meses desde o seu coñecemento pola que se acorde a baixa no rexistro.

2. As AVPC e as entidades colaboradoras de protección civil, que causaran baixa no rexistro, farán entrega de todo o material cedido pola Xunta de Galicia. Os voluntarios e o persoal colaborador de protección civil que causaran baixa no rexistro devolverán a súa tarxeta de identidade e o uniforme, así como o material asignado á súa custodia.

Artigo 65º.-Acceso ós datos do rexistro.

O dereito de acceso ós datos do rexistro estará sometido ás normas que regulan o dereito de acceso a arquivos e rexistros na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección quinta

O distintivo de protección civil. A súa utilización

Artigo 66º.-O distintivo de protección civil.

O distintivo de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia terá as características que se indican no anexo III deste decreto.

Artigo 67º.-Uso do distintivo.

1. Poderán utiliza-lo distintivo de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) As autoridades, directivos e persoal das unidades funcionariais e servicios de protección civil que desenvolvan as súas funcións no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As AVPC inscritas no rexistro.

c) As entidades colaboradoras de protección civil e o persoal colaborador de protección civil inscritos no rexistro, cando teñan que intervir en misións de protección civil por instancia da autoridade competente.

2. A disolución da AVPC ou a súa baixa no rexistro implicará de inmediato a perda do uso do distintivo da protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección sexta

Os documentos de identificación de protección civil

Artigo 68º.-Documentos oficiais de identificación.

Tódalas persoas que colaboren coa protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia disporán dun documento oficial de identificación, persoal e intransferible.

Artigo 69º.-Tarxeta de identidade.

1. Os membros pertencentes ás AVPC que estean inscritas no rexistro e o persoal colaborador de pro

tección civil disporán dunha tarxeta de identidade que os acreditará como tales, segundo o modelo que figura nos anexos IV e V respectivamente, sendo o seu período de validez de catro anos.

2. A tarxeta é persoal e intransferible, estando numerada e inscrita no rexistro-Sección Voluntarios de Protección Civil, ou Sección Persoal Colaborador, e para a súa obtención o voluntario deberá realizar e supera-lo curso básico de protección civil.

3. O voluntario e persoal colaborador de protección civil levará a tarxeta de identidade en lugar ben visible e será imprescindible para participar en tódalas actividades programadas relacionadas con protección civil e/ou autorizadas pola autoridade local de protección civil e/ou polo órgano competente da Xunta de Galicia en materia de protección civil.

4. A AVPC é a responsable última do uso correcto da tarxeta de identidade do voluntariado de protección civil, así como daquelas outras identificacións expedidas pola AVPC.

Artigo 70º.-Expedición.

O órgano competente da Xunta de Galicia en materia de protección civil expedirá as tarxetas de identificación do voluntario e do persoal colaborador de protección civil no prazo de 3 meses desde a súa inscrición no rexistro.

Artigo 71º.-Renovación.

1. A renovación da tarxeta do voluntariado de protección civil, e do persoal colaborador de protección civil, efectuarase cada catro anos logo da súa solicitude e entrega do carné caducado ó organismo responsable de protección civil da Xunta de Galicia.

2. Nos casos de perda, roubo, deterioración ou alteración dalgún dos datos que figuran na tarxeta deberá solicitarse a expedición dunha nova tarxeta.

Sección sétima

Das subvencións ás agrupacións de protección civil

Artigo 72º.-Réxime xurídico.

1. A Xunta de Galicia poderá conceder subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, para a adquisición do material necesario para realiza-las súas funcións, adquisición de vestimenta regulamentaria, custo dos seguros, gastos de formación, e aqueloutros derivados da actuación e o funcionamento das agrupacións.

2. Serán beneficiarias destas subvencións as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición no rexistro, quedando neste caso condicionada a concesión da subvención á inscrición. Igualmente, será requisito indispensable que a agrupación teña dependencia co seu municipio respectivo ou mancomunidade de municipios.

3. Aqueles beneficiarios que recibisen subvencións en anos anteriores, para accederen a estas axudas, deberán xustifica-lo seu investimento e liquidación, segundo o que dispón o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o rexto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, de tal forma que a non xustificación de dito investimento e liquidación levará consigo o non poder optar ás subvencións nos seguintes exercicios.

Capítulo III

Normas xerais sobre planificación e coordinación de actividades

Sección primeira

Da planificación de protección civil na Comunidade Autónoma de Galicia

Artigo 73º.-O Plan Territorial de Protección Civil de Galicia.

1. O Platerga é o instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas, plans sectoriais, plans específicos e procedementos de actuación que constitúen un sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O Platerga, que ten carácter de plan director, establece o marco organizativo xeral, de maneira que permite a integración dos plans territoriais de ámbito inferior e dos diferentes plans especiais e específicos de protección civil que se elaboren para facer fronte a riscos determinados.

Artigo 74º.-Outros plans.

1. Son plans especiais os que se elaboran para facer fronte ós riscos que sinala o Real decreto 407/1992, do 24 de abril polo que se aproba a norma básica de protección civil cando a súa natureza requira unha metodoloxía técnico-científica adecuada a cada un deles.

2. Son plans territoriais de ámbito inferior ó da Comunidade Autónoma os que se elaboran para facer fronte ás emerxencias xerais que se poidan presentar nese ámbito.

3. Son plans específicos os que se elaboran para lles facer fronte ós riscos específicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 75º.-Elaboración.

1. Corresponderá á Dirección competente en materia de protección civil a elaboración dos plans territoriais, especiais e específicos no ámbito da Comunidade Autónoma.

2. A Administración autonómica poderá solicitar información de calquera persoa, pública ou privada, no ámbito da súa competencia en materia de protección civil cando esta sexa necesaria para a elaboración e execución das normas e os plans de protección civil, con obriga de ser subministrada tal información polos requiridos.

Artigo 76º.-Aprobación.

1. Os plans especiais que teñan un ámbito territorial de aplicación que non exceda da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro competente en materia de protección civil, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil e serán homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil.

2. Os plans territoriais de protección civil, de ámbito inferior ó da Comunidade Autónoma (comarcais, supramunicipais e municipais) serán aprobados polo órgano competente da entidade local, e serán homologados pola Comisión Galega de Protección Civil.

3. Os plans específicos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por proposta do director xeral de Protección Civil, e serán homologados pola Comisión Galega de Protección Civil.

Artigo 77º.-Publicación.

A aprobación dos plans polo Consello da Xunta de Galicia, así como a homologación dos plans que debe efectua-la Comisión Galega de Protección Civil, será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Sección segunda

Procedemento de elaboración do Catálogo de Medios e Recursos

Artigo 78º.-Órganos competentes.

1. A Dirección Xeral de Protección Civil é o órgano competente para a elaboración do catálogo de medios e recursos dependentes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e para mante-la unidade de criterio de catalogación e integración dos catálogos de medios e recursos de ámbito inferior.

2. A Comisión Permanente da Comisión Galega de Protección Civil terá a misión de garanti-la unidade de códigos e a integridade das bases de datos e ademais establecerá o procedemento de actualización e mantemento do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A Dirección Xeral de Protección Civil é o órgano responsable de transmitir, ó nivel correspondente, os criterios para a elaboración do catálogo de medios e recursos, así como as variacións ou modificacións posteriores. Así mesmo, é a encargada de recibir, tratar e integra-las bases de datos documentais e/ou informáticas dos medios catalogados.

Capítulo IV

Dos servicios de protección civil

Sección primeira

Actuación continuada do persoal

Artigo 79º.-Servicio permanente.

Manterase un servicio permanente que garanta o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección civil.

Artigo 80º.-Sistema de quendas do persoal.

1.O persoal que cumpra este servicio permanente, mediante o correspondente sistema de quendas que se estableza para o efecto, será:

a) Nos servicios centrais o subdirector xeral, os xefes de servicio e os xefes de sección, quedando os xefes de sala dispoñibles permanentemente.

b) Nos servicios periféricos participarán os xefes de servicio de protección civil provinciais e os xefes de sección. Os xefes de sala terán a mesma dispoñibilidade.

2. Para os efectos sinalados estableceranse quendas de garda permanente en tódolos centros dependentes da Dirección Xeral de Protección Civil, tanto nos servicios centrais coma nos periféricos.

Artigo 81º.-Dispoñibilidade do persoal

O persoal que non estea de garda ó producirse unha emerxencia, na que sexa preciso a súa presencia, estará dispoñible para colaborar nas actuacións que dispoña o responsable designado pola dirección xeral.

Artigo 82º.-Dereitos económicos do persoal.

O persoal, tanto o de garda coma o requirido, terá dereito ás percepcións, de acordo cos módulos que fixe a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por proposta da Dirección Xeral de Protección Civil en cada anualidade, polo traballo extraordinario referido nesta norma, das correspondentes gratificacións por servicios extraordinarios ou de horas extraordinarias segundo se trate de funcionarios ou persoal laboral, respectivamente.

Sección segunda

A formación do voluntariado de protección civil

Subsección primeira

Da Comisión Sectorial de Formación do Persoal Voluntario de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia. (CSFVPC)

Artigo 83º.-Comisión Sectorial de Formación do Persoal Voluntario de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (CSFVPC).

A Comisión Sectorial de Formación do Persoal Voluntario de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (CSFVPC) estará encargada da planificación, programación, desenvolvemento, control e avaliación, en materia de formación de persoal voluntario e colaborador de protección civil, constituíndo o órgano de coordinación na materia que se regula neste capítulo.

Artigo 84º.-Funcións da CSFVPC.

Son funcións da CSFVPC:

a) A proposta ó órgano competente da oferta anual dos cursos ordinarios nos seus distintos niveis e, se é o caso, de cursos extraordinarios e doutras actividades de formación.

b) A proposta ó órgano competente da programación dos cursos que se impartirán nos distintos niveis

de formación ó persoal voluntario de protección civil no ámbito territorial de Galicia.

c) A análise, o estudio e a selección das solicitudes recibidas.

d) O establecemento de prioridades para a realización de actividades de formación en función das solicitudes recibidas e da dispoñibilidade de créditos orzamentarios.

e) O control e avaliación dos cursos de formación.

f) A valoración das ensinanzas recibidas polo alumnado e, se é o caso, a expedición dos correspondentes certificados e diplomas.

g) A proposta do profesorado ó órgano competente para a súa selección.

Artigo 85º.-Funcionamento da CSFVPC.

1. O Pleno da CSFVPC estará composto por:

-Presidente: alternarán o director xeral de Protección Civil e o director xeral da Academia Galega de Seguridade. A duración do mandato será dun ano, pasando o saínte a ocupa-lo posto de vicepresidente primeiro.

-Vicepresidente segundo: o secretario xeral da Academia Galega de Seguridade.

-Vicepresidente terceiro: o subdirector xeral de Protección Civil.

-Vocais:

O xefe do Servicio de Información e Formación da Dirección Xeral de Protección Civil.

O xefe do Servicio de Formación da Academia Galega de Seguridade.

O xefe da Sección de Protección Civil e Bombeiros da Academia Galega de Seguridade.

Catro presidentes das agrupacións de voluntarios de protección civil, un por cada provincia, elixidos por elas para un período de dous anos,

-Secretario: o xefe da Sección de Formación da Dirección Xeral de Protección Civil.

2. Ás sesións da CSFVPC poderán ser convocados, con voz e sen voto, outros funcionarios da Xunta de Galicia que non sexan membros da devandita comisión, así como persoas de recoñecida competencia no campo da formación, cando así sexa necesario pola natureza dos asuntos que se vaian debater.

3. A CSFVPC convocarase con carácter ordinario, como mínimo, dúas veces ó ano, e con carácter extraordinario cando o presidente ou a maioría dos seus membros o consideren necesario.

4. No seo da CSFVPC poderán crearse grupos de traballo, para os efectos do mellor cumprimento dos seus obxectivos e a súa actividade.

Subsección segunda

Niveis e cursos de formación

Artigo 86º.-Niveis de formación.

1. Establécense as ensinanzas destinadas á formación do persoal voluntario de protección civil per

tencentes ás asociacións, agrupacións de voluntarios de protección civil e demais persoal colaborador en tres niveis de formación: nivel básico; segundo nivel ou nivel operativo; e terceiro nivel ou nivel de especialidade.

2. Para poder realizar cursos de formación dun nivel superior será condición indispensable a realización e superación do nivel inmediatamente inferior.

Artigo 87º.-Cursos.

A convocatoria dos cursos de formación que se sinalan no artigo anterior será realizada pola Academia Galega de Seguridade, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Protección Civil nesta materia.

Artigo 88º.-Nivel básico.

O nivel básico corresponde ós coñecementos mínimos que debe posuír un voluntario de protección civil para o correcto desenvolvemento das súas actividades.

Artigo 89º.-Nivel operativo.

O segundo nivel ou nivel operativo corresponde ós coñecementos que deben posuí-los compoñentes das distintas seccións ou grupos operativos das asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil.

Artigo 90º.-Nivel de especialidade.

O terceiro nivel ou nivel de especialidade ten como obxectivo a obtención da titulación oficial en determinadas actividades correspondentes ó segundo nivel. Os cursos axustaranse ós oficiais dos organismos que os imparta.

Disposicións transitorias

Primeira.-No prazo de seis meses, a partir da data de publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, as AVPC e as entidades colaboradoras de protección civil deberán adecuarse ó disposto nel. En caso contrario iniciarase o expediente para causar baixa no rexistro.

Segunda.-No prazo de seis meses, a partir da data de publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, actualizaranse tódalas tarxetas de identificación do persoal voluntario e persoal colaborador de protección civil.

Para a actualización das tarxetas de identificación dos voluntarios de protección civil, as AVPC deberán remitilas ós servicios de protección civil da provincia nun prazo máximo de dous meses desde a publicación deste decreto.

Terceira.-Se na data de entrada en vigor deste decreto existira máis dunha AVPC rexistrada por concello, comarca ou mancomunidade, a autoridade local competente en materia de protección civil fará unha proposta motivada de mantemento da inscrición no Rexistro de AVPC dunha soa delas, ante o organismo da Xunta de Galicia competente en materia de protección civil quen resolverá, logo de audiencia dos interesados.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas expresamente as seguintes disposicións:

-Decreto 87/1987, do 14 de abril, polo que se crea a Comisión de Protección Civil (DOG do 7 de maio de 1987, nº 85).

-Decreto 314/1995, do 7 de decembro, de regulamento da actuación continuada do persoal adscrito á Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia que cumpre funcións de protección civil (DOG do 15 de decembro de 1995 nº 239).

-Decreto 378/1998, do 4 de decembro, polo que se aproban as medidas de coordinación de protección civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 14 de xaneiro de 1999, nº 8).

-Orde do 17 de decembro de 1991 pola que se regulan deteminados aspectos formais no funcionamento dos servicios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 3 de xaneiro de 1992, nº 2).

-Orde do 29 de abril de 1992, pola que se definen as asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil e as entidades colaboradoras de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 5 de maio de 1992, nº 84).

-Orde do 22 de abril de 1994, pola que se regula a formación do personal voluntario de protección civil (DOG do 6 de maio de 1994, nº 87).

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para adopta-las medidas necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Santiago de Compostela, tres de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO I

Platerga

Exposición de motivos.

A norma básica de protección civil prevista no artigo 8 da Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, aprobada en outubro de 1991 pola Comisión Nacional de Protección Civil, e publicada no BOE do 1 de maio de 1992 (R.D. 407/1992, do 24 de abril), constitúe o marco fundamental para a integración dos plans de protección civil nun conxunto operativo e susceptible dunha rápida aplicación; determina o contido do que debe planificarse, establece os criterios xerais a que debe acomodarse esta planificación para consegui-la coordinación necesaria entre as distintas administracións públicas e define os ámbitos nos que se exercerán as responsabilidades e competen

cias das diferentes administracións públicas en materia de protección civil.

Neste marco, o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, constitúe a previsión do marco orgánico-funcional e dos recursos humanos e materiais necesarios para a protección de persoas e bens no caso de grave risco colectivo, catástrofe ou calamidade pública.

O Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), a partir da súa configuración como plan director, fixa o marco organizativo xeral en relación co seu correspondente ámbito territorial, de maneira que permite a integración dos plans territoriais de ámbito inferior, ó defini-los elementos esenciais e permanentes do proceso de planificación e establecer directrices para a planificación de ámbito legal.

En cumprimento da normativa vixente, a Comisión Galega de Protección Civil, con data do 21 de xuño de 1994, acordou emitir informe favorable sobre el. O Consello de Xunta de Galicia, na súa reunión do día 14 de xuño de 1994, aprobou o Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga) e Comisión Nacional de Protección Civil, na súa reunión do 30 de setembro de 1994, homologou.

O Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga) ten o carácter de plan director, de conformidade coa previsión contida no punto 3.2º do Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil.

Capítulo I

Definición, obxectivos e marco legal

1.1. Introducción.

Durante aproximadamente dúas décadas, a partir dos anos sesenta, a Administración xeral do Estado asume a totalidade das competencias en materia de protección civil, tendo para chegar ó conxunto da poboación, os concellos, sobre todo aqueles que polo seu tamaño, a contía da poboación ou a problemática de risco demanden ou precisen unha maior atención.

Na década dos oitenta, coa implantación e o desenvolvemento do Estado das autonomías, estas comezan a asumir responsabilidades en materia de protección civil, pero dunha maneira desigual e sen unha normativa clara que defina o límite delas.

Créanse así organismos, con distintos rango e categoría en cada Comunidade Autónoma, que asumen as responsabilidades en materia de protección civil.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 1986, créase unha unidade administrativa, con rango de subdirección xeral, que coordina a protección civil; no ano 1990 elévase esta ó rango de secretaría xeral, con dependencia directa do presidente da Xunta de Galicia, pasando no ano 1997 á situación actual como Dirección Xeral de Protección Civil, dentro da estructura órganica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A Dirección Xeral de Protección Civil é, polo tanto, o organismo encargado de xestionar en Galicia as competencias que a Xunta de Galicia ten en materia de protección civil.

Desde a súa creación, este órgano vén acumulando a experiencia derivada das súas actuacións fronte ás emerxencias que tiveron lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Igualmente, adquiriu experiencia en planificación, xa que a Dirección Xeral de Protección Civil elaborou diferentes plans sectoriais e específicos. Entre os plans sectoriais indícanse os plans de emerxencia exterior de industrias químicas, afectadas polo R.D. 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes ós accidentes nos que interveñan substancias perigosas: Plan de Transporte de Mercadorías Perigosas; Plan de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia e Plan de Protección Civil de Riscos en Incendios Forestais. E entre os plans específicos, os de salvamento en praias, temporais, secas, emerxencias en nevaradas e autoprotección entre outros.

Entre os recursos humanos de que dispón a Dirección Xeral de Protección Civil está o persoal adscrito ó Servicio de Planificación, e os técnicos de protección civil con experiencia en planificación e intervención en diferentes áreas, que prestan os seus servicios tanto nos servicios centrais coma nos catro servicios provinciais: isto permitiu facer fronte á tarefa de elaborar e redacta-lo Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, en diante denominado Platerga.

O Platerga é un documento técnico, na elaboración e redacción participou todo o persoal da Dirección Xeral de Protección Civil, coa achega das experiencias e os coñecementos nas áreas da súa competencia.

A estructura do Platerga permite dispoñer do marco no que deberán integrarse tódolos plans territoriais de ámbito inferior, así como os plans sectoriais e específicos da Comunidade Autónoma galega, e, pola súa banda, establece-lo esquema da axeitada coordinación para que o plan territorial poida integrarse e ser operativo cando estea presente o interese nacional.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten catro provincias e trescentos quince concellos, que constitúen o marco xeográfico do Platerga.

En consecuencia, a Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das súas competencias elaborou o este plan.

1.2. Definición.

O Platerga é o instrumento de carácter técnico que comprende un conxunto de normas, plans sectoriais, plans específicos e procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a elaboración do Platerga tivéronse en conta os criterios e directrices da norma básica de protección civil, para que poida homologarse e, se é o caso, integrarse noutros plans de ámbito superior.

Así mesmo, establécense os criterios e as directrices que permitan integrar nel os plans de ámbito inferior da Comunidade Autónoma de Galicia, tales como os de ámbito local (municipais, comarcais) ou de ámbito provincial.

1.3. Carácter do plan.

O Platerga ten o carácter de plan director, establecendo o marco organizativo xeral, en relación co seu correspondente ámbito territorial, local ou provincial, co fin de:

a) Defini-las bases e os criterios da planificación.

b) Establece-las directrices para a planificación territorial nos distintos niveis.

c) Proporciona-los mecanismos e sistemas para a integración e articulación dos plans da Administración local de Galicia, dos plans especiais que determina a norma básica de protección civil, e doutros plans que realice a propia Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Determina-lo programa de implantación, mantemento e actualización do Platerga.

Os plans de ámbito inferior ó Platerga, para integrarse neste. deberán ser aprobados ou homologados, se é o caso, polo órgano competente que regulamentariamente se determine, e publicada a aprobación ou homologación no Diario Oficial de Galicia.

Ó se-lo Platerga un plan director, tódolos plans de protección civil non recollidos na norma básica de protección civil e de ámbito territorial non superior á Comunidade Autónoma de Galicia, quedarán integrados no Platerga.

A estructura e o contido mínimo que deban conter estes plans axustaranse ó Platerga.

1.4. Obxectivos.

O obxectivo do Platerga é planifica-las actuacións co fin de poder dar unha resposta rápida e eficaz ante calquera emerxencia que se presente, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia dos riscos identificados neste plan.

Co Platerga preténdese que as actuacións ante as emerxencias non sexan froito da improvisación, senón que as ditas actuacións estean perfectamente planificadas e coordinadas.

Ademáis deste obxectivo xeral, indícanse como obxectivos específicos os seguintes:

-Planifica-lo dispositivo necesario de intervencións en situacións de emerxencia e establece-la axeitada coordinación de tódolos servicios públicos e privados chamados a intervir.

-Planificar e establece-lo esquema da adecuada coordinación para, se é o caso, a integración doutros plans de ámbito inferior no Platerga.

-Establece-lo marco no que deberán integrarse tódolos plans especiais e sectoriais da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Permiti-la súa integración, no caso de que se produza a declaración de interese nacional noutros plans de ámbito superior.

-Establece-las directrices para a planificación de ámbito local.

-Establecer e coordina-las accións de axuda e apoio doutras administracións públicas durante a emerxencia.

A organización e operatividade que se establece no Platerga permite dispor da capacidade suficiente para:

-Axudar nos plans de ámbito local (municipais e comarcais) ou de ámbito provincial.

-Establecer e coordina-las axudas que se acaden doutras administracións públicas.

1.5. Antecedentes e marco legal.

Coa aprobación do texto da norma básica de protección civil clarificáronse e determináronse as competencias das distintas administracións públicas en materia de protección civil.

A norma básica de protección civil aprobouse o 24 de abril de 1992, polo Real decreto 407/1992, publicado no BOE do 1 de maio de 1992.

En virtude da dita disposición e tendo tamén en conta a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil, redáctase o Platerga como un instrumento no que se determina a estructura xerárquica e funcional dos organismos chamados a intervir, establecéndose o sistema de coordinación dos medios e recursos utilizables tanto públicos como privados, para a prevención e actuación ante situacións de risco, definindo as condicións que caracterizan cada nivel de gravidade e os mecanismos de integración dos distintos plans nos de ámbito superior.

O marco legal deste plan queda constituído por:

-Constitución española.

-Estatuto de autonomía de Galicia.

-Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil.

-Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

-Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

-Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia e os departamentos desta.

-Real decreto 407/1991, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil.

-Real decreto 1254/1999 polo que se aproban medidas de control de riscos inherentes ós accidentes nos que interveñen substancias perigosas.

-Directriz básica para a elaboración e homologación dos plans especiais do sector químico. Resolución do 30 de xaneiro de 1991.

-Decreto 227/1998, do 10 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. Orde do 2 de abril de 1993.

-Directriz básica de transportes de mercadorías perigosas.

-Directriz básica de inundacións.

-Directriz básica de risco sísmico.

1.6. Glosario de termos.

Para efectos do Platerga, empréganse os seguintes termos:

Alarma: detección e aviso dun perigo.

Alerta: aumento de atención ou vixilancia.

Cartografía oficial: a realizada con suxeición ás prescricións da Lei 7/1986, de ordenación da cartografía, polas administracions públicas, baixo a súa dirección e control.

Cecop-Galicia: Central de Coordinación para Operativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cecop: Centro de Coordinación Operativo. Está composto polo comité de dirección, comité asesor e os medios técnicos do Cetra, Sacop e o Cin.

Cecopal: Centro de Coordinación Operativo Municipal

Cecopi: Centro de Coordinación Operativo Integrado.

Cetra: Centro de Transmisións.

Cin: Centro de Información.

Comisión Galega de Protección Civil: órgano colexiado de coordinación en materia de protección civil.

Comité Autonómico de Coordinación Operativa de Protección Civil da Xunta de Galicia: órgano asesor do director do Platerga.

Comité Provincial de Coordinación Operativa de Protección Civil da Xunta de Galicia: órgano asesor do director do Platerga no nivel 1.

CPTOPV: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Director técnico: persoa que avalía, dirixe e coordina tecnicamente a emerxencia.

Dispositivo: conxunto de actuacións encamiñadas a dar resposta diante dunha emerxencia.

Emerxencia: situación na que o risco se materializa en accidente e é necesario dar resposta axeitada coa intervención de medios e recursos.

Interfase: interconexións de dous plans.

Mobilización: conxunto de operacións para a activación de medios, recursos e servicios dos diferentes grupos de acción recollidos no Platerga.

Nivel: fase de actuación.

Operativo: conxunto de actuacións programadas ante un feito coñecido de antemán.

PAM: Plan de Actuación Municipal.

PEMU: Plan de Emerxencia Municipal.

Plan de Protección Civil: conxunto de normas de actuación perante unha emerxencia.

Platerga: Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posto de Mando Avanzado (PMA): posto de dirección técnica das accións de control e seguimento da emerxencia in situ.

Punto negro: zona ou lugar que, pola reiteración de accidentes, presenta un alto risco.

Rede de comunicacións: conxunto de medios de telecomunicacións, radioeléctricos e por cable que permiten o enlace entre os Cecops, centrais de comunicacións e/ou operativos, posto de mando avanzado e postos fixos e móbiles, incluídos medios terrestres, marítimos e aéreos; e, en xeral, de canto elemento interveña no Platerga.

Risco: fenómeno ou suceso de orixe natural ou xerado pola actividade humana non desexado que pode producir danos a persoas, bens ou contorno ambiental.

Sacop: Sala de Control de Operativos.

Sergas: Servicio Galego de Saúde.

112-SOS-Galicia: central de atención de chamadas de urxencias e emerxencias.

Xunta Local de Protección Civil: Comité Asesor de Protección Civil a nivel local.

Capítulo II

Ámbito xeográfico. Identificación de riscos da Comunidade Autónoma de Galicia

2.1. Ámbito xeográfico.

Galicia experimentou durante o plioceno unha gran elevación xeolóxica. Un alzamento non continuo, fragmentario, desigual, que deu lugar a que o vello macizo galego experimentase moitas fracturas, fendéndose en moitos bloques que darían lugar á peculiar morfoloxía descontinua da topografía. O modelado da superficie xeográfica galega presenta unha gran variedade de formas e altitudes. Estas características morfolóxicas actuaron constantemente como un factor condicionante do particular sistema de poboamento galego, que desde sempre se distribuíu en pequenos núcleos dispersos que se adaptaron ós distintos ámbitos da realidade xeográfica galega. O condicionamento do medio natural empuxou sempre á dispersión da poboación en pequenos núcleos.

A realidade xeográfica presenta outra característica igualmente condicionante e que exerceu influencia constante. Galicia, pola súa cara oriental, presenta unha liña de cordais vigorosos que tenden a illala do interior da península, e pola súa cara occidental Galicia está aberta e volta cara ó mar. Estes dous trazos da configuración xeográfica deron lugar a dúas formas de vida distintas, unha baseada no mar, mariñeira e outra interior, rural, campesiña.

Na actualidade fálase dun eixe atlántico, que comprende a zona costeira das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se atopa case a metade da poboación galega.

2.1.1. Situación.

Co norte de Portugal ata o río Douro, Galicia é unha soa rexión natural claramente definida polos seus caracteres xeolóxicos e xeográficos. Mesmo se pode considerar ampliada esta rexión natural por parte do territorio asturiano, ó oeste da serra do Rañadoiro (de constitución semellante á galega), e polo país de transición do Bierzo, que ofrece nos seus vales e montañas trazos do solo e ambiente que se asemellan en boa parte ós de Galicia.

A organización político-administrativa vixente obriga, nembargantes, a considerar Galicia comprendendo estrictamente o territorio das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, e así aparece encadrada polos paralelos de 41º 50' (confluencia do Támega co río do Porto en Feces) e 43º 47' 25'' de latitude norte (Estaca de Bares) e os meridianos de 9º 18' 18'' (cabo Touriñán) e de 6º 51' lonxitude oeste de Greenwich (cuña da serra do Eixe xunto ós confíns das provincias de Zamora, León e Ourense).

Galicia limita ó norte co mar Cantábrico e o océano Atlántico, e acordouse que a súa divisoria sexa o cabo de Estaca de Bares; ó oeste co Atlántico; ó sur co curso do Miño e a raia seca de Portugal; e ó leste con Asturias e as provincias de León e Zamora.

A extensión superficial de Galicia cífrase en 29.154 km, repartida así entre as catro provincias: A Coruña, 7.903; Lugo, 9.881; Ourense, 6.979; e Pontevedra, 4.391 km respectivamente.

Galicia representa, pola súa extensión, o 5,78% da superficie total de España.

A poboación en Galicia é de 2.718.519 habitantes repartidos da seguinte maneira nas catro provincias galegas: A Coruña 1.092.191, Lugo 381.973, Ourense 350.885, e Pontevedra 893.470 (censo de poboación e vivendas, 1991. Instituto Galego de Estatística. Xunta de Galicia).

2.1.2. Clima.

A inclinación do eixe terrestre é a causante das estacións, que goberna os fenómenos metereolóxicos. Pódese considera-la latitude dun lugar como o factor predominante do seu clima. Á parte da latitude como factor astronómico, débense considerar outras como as masas de aire, os ventos dominantes, o relevo, a altitude, a distancia ó mar, e as correntes mariñas.

O tratar de estudia-lo clima de Galicia, resulta necesario analiza-la influencia dalgún destes factores.

A. A masa de aire.

Galicia, pola súa latitude entre os 42 e 44 graos, está case equidistante do Polo Norte e do Ecuador e atópase situada en plena zona temperada; queda inmersa predominantemente na masa tropical marítima, quente e húmida; xeralmente baixo a influencia estabilizadora do anticiclón dos Azores, con pasaxeiros embates das masas frías fronteirizas formadas polo aire polar marítimo e polar continental cando, pola acción da fronte polar suplantan en Galicia o aire tropical marítimo. Estas invasións de aire frío, especialmente de aire polar continental, protagonizan en Galicia as vagas de frío e a secuela das nevaradas que se producen nas zonas altas.

B. Ventos dominantes.

Galicia inclúese no cinto dos oestes, ventos de orixe marítima, temperados e húmidos, véndose afectada de modo bastante regular, excepto no verán, polos sistemas nubosos que, procedentes do Atlántico, son arrastrados por estas correntes de compoñente oeste, especialmente no outono e inverno, producindo un tempo moi característico; co paso de sucesivas borrascas e o seu cortexo de frontes cálidas e frías acompañadas de frecuentes xiros de vento do sur e suroeste ó noroeste, e xenerosas precipitacións que lle dan a Galicia xusta fama de país de gran riqueza hídrica.

No verán prodúcese un desprazamento dos cintos de vento e, en consecuencia, os dos oestes desprázanse máis ó norte e Galicia queda baixo o dominio das calmas subtropicais. Paralelamente, o anticiclón dos Azores desprázase e esténdese cara ó oeste cortándolle-lo paso ás borrascas atlánticas que se desprazan máis ó norte. Os ventos son nesta época febles, en xeral, e están moi influídos por particularidades locais predominando os de compoñente noroeste, norte e nordés.

C. Influencia do relevo.

Galicia ten unha complicada xeografía e orografía de vales, mesetas, montes e outros accidentes no relevo. A altitude descende desde as altas serras do leste e do sueste, que separan Galicia da depresión do río Douro, ata o mar, rompendo esta tendencia xeral os cordais setentrionais da divisoria cantábrica e os interiores que separan as augas do Miño dos demais ríos atlánticos.

Polo seu interese climático cómpre destaca-lo favorable que resulta, para as precipitacións, a elevación das costas, precisamente do oeste cara ó leste. Como accidentes xeográficos notables hai que cita-la maior parte da provincia de Lugo e do noroeste da de Ourense, coas depresións de Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Ourense, Quiroga e Valdeorras, con grande influencia no seu clima.

2.1.3. Bacías fluviais de Galicia.

En Galicia a gama de formas do seu relevo é moi ampla. Resumindo, enuméranse cinco grandes uni

dades morfolóxicas: o litoral, as superficies de aplanamento, as depresións tectónicas, as cordais e, como nexo de unión entre elas, os vales fluviais.

A) As bacías da vertente Cantábrica.

-A bacía do río Navia (sector galego).

-A bacía do río Eo (sector galego).

-A bacía do río Masma.

-A bacía do río Ouro.

-A bacía do río Landro.

-A bacía do río Sor.

-A bacía do rio Mera.

B) As bacías do arco Ártabro e Fisterrán.

-A bacía do río Grande de Xubia.

-A bacía do río Eume.

-A bacía do río Mandeo.

-A bacía do río Mero.

-A bacía do río Anllóns.

-A bacía do río Grande.

-A bacía do río Castro.

C) As bacías das Rías Baixas.

-A bacía do río Xallas.

-A bacía do río Tambre.

-Os ríos do Barbanza.

-A bacía do río Ulla.

-A bacía do río Umia.

-A bacía do río Lérez.

-A bacía do río Verdugo-Oitavén.

-A bacía do río Miñor.

D) A bacía do río Miño.

-Río Miño (do nacemento a Lugo).

-Río Miño (de Lugo ós Peares).

-Rio Sil.

-Río Miño (dos Peáres a Frieira).

-Río Miño (de Frieira á desembocadura).

E) Os ríos meridionais da bacía do Douro.

-A bacía do río Limia.

-A bacía do río Támega.

-A bacía do río Mente.

As bacías da Comunidade Autónoma que constitúen o mapa de riscos potenciais considerando o estudio das inundacións históricas son os que se indican a seguir:

A) A bacía Galicia Costa.

-As zonas ribeiregas do Masma entre os termos municipais de Mondoñedo e Santo André de Masma.

-As dúas ribeiras do Landro, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura na ría de Viveiro.

-As dúas marxes do curso do Sor.

-O curso medio do Eume entre o encoro da Ribeira e o encoro do Eume.

-Ámbalas marxes do río Eume, no tramo comprendido entre o encoro do mesmo nome e súa desembocadura no oceáno Atlántico.

-A zona da ría do Ferrol que comprende, ademais do contorno da cidade do Ferrol, o termo municipal de Neda no río Belelle.

-Ámbalas marxes do curso baixo do río Mandeo, incluíndo o termo municipal de Betanzos na súa desembocadura na ría do mesmo nome.

-As dúas marxes do curso baixo do Mero, desde o termo municipal de Cambre ata súa desembocadura na Coruña.

-Ámbalas dúas ribeiras do curso do Seixedo desde augas abaixo do encoro do Rosadoiro ata súa desembocadura no océano Atlántico.

-As zonas ribeiregas do Anllóns ó seu paso polo termo municipal de Carballo.

-Ámbalas marxes do Xallas, desde augas abaixo do encoro da Fervenza ata súa desembocadura no océano Atlántico.

-As zonas ribeiregas dos cursos baixos do Tins e o Donas no contorno do térmo municipal da Serra de Outes.

-As dúas ribeiras do curso baixo do Tambre dende o encoro de Barrié de la Maza ata sua desembocadura na ría de Muros.

-As zonas ribeiregas do río Sar e arroios de cabeceira, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no Ulla, con especial incidencia nos termos de Santiago de Compostela e Padrón.

-As dúas marxes do curso medio do Ulla, desde o encoro de Portodemouros ata a súa confluencia co río Pereiro.

-Ámbalas marxes do curso baixo do Ulla, desde a súa confluencia co de Pereiro ata a súa desembocadura na ría de Arousa.

-As zonas ribeiregas do curso baixo do Umia, desde a súa confluencia co Bermeña ata a súa desembocadura na ría de Arousa.

-Ámbalas marxes dos cursos altos do Verdugo e o Otaivén, nos contornos das localidades de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes, respectivamente.

-As zonas ribeiregas do Otaivén, desde o encoro do Eiras ata a súa confluencia co Verdugo incluíndo o curso baixo deste ata a súa desembocadura na enseada de San Simón.

-O contorno da cidade de Vigo.

B) Bacía Miño-Sil.

-Ámbalas marxes do curso do Sarria, entre os termos municipais de Samos e Sarria, ámbolos doús incluídos.

-As zonas ribeiregas do Miño ó seu paso pola cidade de Lugo.

-Ámbalas marxes do río Miño, no tramo comprendido entre os encoros de Velle e Belesar e no tramo do río Sil entre o encoro de Santo Estevo e a súa confluencia co Miño.

-As dúas ribeiras do Sil entre os encoros das Rozas e Ondiñas.

-As zonas ribeiregas do Casaio, desde o seu nacemento ata a confluencia co Sil.

-As dúas marxes do Sil entre os encoros de Pumares e Santiago de Compostela.

-Ámbalas dúas marxes dos cursos do Mao e Cabe, desde o encoro de Vilasouto no Mao ata a confluencia do Cabe co Sil.

-As zonas ribeiregas do Edo ó seu paso polo termo municipal de Castro Caldelas.

-As dúas ribeiras do Miño, entre os encoros de Velle e Frieira, incluíndo o curso do seu afluente o Loña, desde o encoro de Cachamuíña ata súa confluencia en Ourense.

-As marxes do Arenteiro, entre os termos municipais do Carballiño e Leiro, ámbolos dous incluídos e o curso do río Avia augas abaixo do encoro de Albarellos.

-Ámbalas dúas marxes do curso do Arnoia ó seu paso polo termos municipal de Baños de Molgas.

-As dúas marxes do río Miño entre o encoro de Frieira e a súa desembocadura no océano Atlántico.

-Ámbalas marxes do río Tea ó seu paso polo termo municipal de Ponteareas.

-As zonas ribeiregas do Louro, desde o termo municipal de Mos ó do Porriño, ámbalas dúas inclusive.

C) Bacía do Douro.

-As dúas marxes do Limia ó seu paso polo termo municipal de Xinzo de Limia.

-As ribeiras dos ríos Limia e Salas, desde os encoros das Conchas e Salas respectivamente, ata a fronteira con Portugal.

-Ámbalas marxes do Támega ó seu paso polos termos municipais de Monterrei e Verín.

-Hai en Galicia moitas lagoas que son invernais e desaparecen polo verán, e outras son cabeceiras de regueiros, prados e illós.

Entre as lagoas máis significativas sobresaen:

-Antela, Maside, Sobrado dos Monxes, Fonmiñá (no comezo do Miño), Gándara no Valadouro, Bendía en Castro de Rei, Ollo en Gaioso, Estebañón preto de Viveiro, Fonteo en Baleira, Samesugos (río Anllóns), Alcaián en serra de Coristanco, Baroña en Porto do Son, Carregal en Santa Uxía de Ribeira, Louro, Doniños e A Frouxeira.

Os encoros máis salientables de Galicia son os de:

-Bacía Galicia-Costa: Riocovo, As Forcadas, A Ribeira, Eume, Cecebre, Rosadoiro, Carantoña, A Fervenza, A Ponte Olveira, Castrelo-Xallas, Barrié de la Maza, Portodemouros, Eirós, As Rozas, Ondiñas e Penadrada.

-Bacía Miño-Sil: Penarrubia, Pumares, Casoio, San Martiño, Prada, San Sebastián, Pías, Mao, Edrada, As Portas, O Vao, Chandrexa, Guístolas, Montefurado, Sequeiros. Leboreiro, Santo Estevo, Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo, Albarellos, Frieira, Santiago, Santa Eulalia e San Pedro.

-Bacía Douro: As Conchas e Salas.

2.1.4. Litoral e rías.

A costa do litoral galego ten unha serie de formas e microformas realmente grande: tramos acantilados, zonas areosas ou lacustres, rías amplas ou pequenas. Estudiado a grande escala, o litoral ofrécesenos moito máis variado do que, a simple vista, parece.

Comprende dúas zonas con diferentes características: a das Rías Altas, que vai desde Ribadeo ata Fisterra, e as Rías Baixas, que se prolonga ata a desembocadura do río Miño, cunha lonxitude total de 1.195 km de costa.

A) Arco Cantábrico: esténdese dende a ría de Ribadeo ata Estaca de Bares. Altérnanse rías, ancoradoiros, penedos e 25 km de area de praias. As rías máis saíntes son as de Viveiro e Ribadeo; e os portos máis importantes da costa lucense son os de Viveiro, Foz, Ribadeo, O Vicedo, San Cibrao e Burela.

B) Arco Ártabro: abrangue desde Estaca de Bares ata cabo de Santo Adrán e as illas Sisargas. As rías máis saíntes son as de Ortigueira, Cedeira. Ferrol, Ares. Betanzos e A Coruña. Os portos máis importantes son os de: Cedeira, Ferrol e A Coruña.

C) Arco de Fisterra e Costa da Morte: comeza no cabo de Santo Adrán e chega ata Fisterra, punto máis occidental da Península Ibérica. Caracterízase polo litoral alto e penedío. As penetracións pronunciadas son as rías de Laxe, Camariñas e Corcubión. Os portos máis importantes son os de Laxe, Camariñas, Muxía e Fisterra.

D) Rías Baixas: comprende desde o cabo Fisterra ata o cabo Silleiro. Sobresaen as rías de Muros e Noia na provincia da Coruña, as de Arousa, Pontevedra e Vigo en Pontevedra. Os portos máis importantes son os de Muros, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Marín e Vigo.

En todo o litoral galego, moi preto da súa costa hai moitas pequenas illas e illotes. Destacan as illas de Coelleira e Lobeira (entrada da ría de Ares e Viveiro respectivamente); Os Farallóns (San Cibrao); illa de San Martiño (esteiro do río Sor) e illa de S. Vicente (ría de Ortigueira); Illas Sisargas; Cortegada, A Toxa e A Illa de Arousa (ría de Arousa); Tambo (ría de Pontevedra); San Simón e Toralla (ría de Vigo); e illas de Sálvora, Ons e Cíes.

En Galicia hai 774 praias marítimas, repartidas da seguinte maneira: 294 na provincia de Pontevedra, 409 na provincia da Coruña e 71 na provincia de Lugo, que corresponden respectivamente a 94, 155 e 24 quilómetros, que fan un total de 273 quilómetros de praia en relación ós 1.195 quilómetros de litoral galego.

En canto ó número de praias de maior demanda de usuarios as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia cifran en 192 as zonas de baño.

2.1.5. Superficies de aplanamento.

Entre o litoral e as serras centro-occidentais, ou na Galicia interior, unha unidade destaca sobre as demais: son as superficies aplanadas (as grandes chairas galegas, que se gradúan desde os 100 ós 700 m). A horizontalidade, máis ou menos cortada pola incisión das bacías de auga, é a súa nota máis característica.

Preto do litoral, o encaixonamento da rede fluvial xera un relevo movido de vales e outeiros encadeados. Exemplos desta horizontalidade son: A Terra Chá, extensas zonas de Bergantiños, Curtis, Ordes, A Estrada, Lalín, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Celanova, O Carballiño e Montederramo, entre outras.

2.1.6. Depresións tectónicas.

A horizontalidade é tamén a característica común ás depresións tectónicas. Nembargantes, mentres nas superficies aplanadas o que sobresaíu foi a erosión, a acción de lixa e posterior levantamento, nas depresións o que hai son bloques afundidos e recheos de materiais do terciario e cuaternario. Así pois, atopámonos con dúas formas semellantes que teñen unha orixe diferente.

As depresións tectónicas que hai en Galicia son: a depresión meridiana, que a modo de gran talo se alonga desde Baldaio (ó norte de Carballo) ata Tui, formando unha cadea de áreas afundidas, asucadas entre outros polos ríos: Anllóns, Dubra, Sar, Ulla, Lérez e Louro. Paralelas á gran depresión meridiana atópanse outras máis pequenas, como as da Toxa e do Tea; cara ó leste as depresións tectónicas da Terra Chá, Monforte, Maceda, A Limia, Monterrei, Valdeorras, e Quiroga, e no noroeste as das Pontes e Meirama.

A orixe das depresións entróncase cos basculamentos producidos en Galicia desde mediados do terciario ata o cuaternario.

2.1.7. Serras.

Os bloques máis altos de Galicia constitúen as serras, situadas en xeral por riba dos 700 metros, e como cota máxima chega ós 2.124 metros, en Pena Trevinca; por enriba dos dous mil metros están tamén Pena Rubia e Cuíña.

Hai pequenas serras por debaixo desta altitude, diferenciándose as serras centro-occidentais, as setentrionais e as orientais e sudorientais.

As serras centro-occidentais estíranse de norte a sur desde A Faladoira ata O Faro de Avión, pasando

por Serra da Loba, Cova da Serpe, O Careón, O Farelo, O Faro, O Suído e montes do Testeiro.

Nas serras setentrionais destaca o macizo do Xistral, e nas orientais, tanto polo seu volume como pola súa altitude, a serra dos Ancares, O Courel, O Eixe, o macizo de Manzaneda e o macizo de Trevinca, a Serra de Queixa a Serra do San Mamede, O Burgo, As Corzas e os montes do Invernadeiro.

En conxunto, nas serras, especialmente nas orientais e nas surorientais, atópanse as condicións máis duras de vida. O clima frío, a abundancia de precipitacións, as fortes pendentes, e as malas comunicacións condicionan fortemente a actividade humana.

Os núcleos orográficos máis salientables de Galicia son:

A) As serras orientais e surorientais:

Polo oeste os límites veñen marcados pola serra de Meira, serra do Puñago, Pena do Pico, montes de Albela, serra da Trapa, depresión de Maceda, depresión da Limia e altas terras do río Salas, Lobeira e Entrimo. Polo leste, terras de Asturias, León e Zamora. Polo norte o río Eo e o Cantábrico; polo sur terras de Portugal.

As serras, montes e macizos máis destacables son: serras de Meira, Monciro, Mirador, Puñago, Oribio, montes de Albela, Lóuzara e A Trapa; serras do Courel, do Xurés, Leboreiro, Pazo, Portelo, Pedruñales, Foncuberta, Calamouco, Ancares, Piornal, Rañadoiro, Cabalos e Courel; macizo de Manzaneda (serra de Queixa, serra de San Mamede, Burgo, Corzas os montes do Invernadeiro); serras do Eixe e A Carba que forman parte do macizo de Trevinca; serras de Penas Libres, Larouco, e Xurés.

B) As serras setentrionais e centro-occidentais:

Ó sur do prelitoral Cantábrico e ó leste do Atlántico érguese un volume de serras que marcan con claridade o tránsito entre a Galicia costeira e a Galicia interior.

B.I) As serras setentrionais.

Montes Guriscado, O Xistral e A Corda de Neda.

B.2) As serras centro-occidentais: a Dorsal galega.

Serras da Faladoira, Goriscada, A Loba, O Cordal de Montouto, Cova da Serpe e O Careón, do Farelo, O Faro, da Martiñá; montes do Testeiro, Candúan, Faro de Avión, Suído, Cando, Seixo, Paradanta.

2.1.8. Vales.

En Galicia son numerosísimos os vales fluviais, con multitude de formas: amplos, pechados con suaves abas ou con fortes pendentes.

Os vales galegos, pola súa disposición respecto ó mar, representan un medio natural de penetración da influencia oceánica no interior, adoitan ser continuación das rías que achegan os ventos atlánticos e cantábricos. Pero os vales poden traer outras influencias distintas ás mariñas, e así, os vales do Sil e do Támega permiten o paso dos caracteres mediterráneos ata a depresión do Lemos.

A influencia oceánica déixase notar moito máis nos grandes vales con orientación O-L, como o Tambre, o Ulla e o Miño, e é mostra diso a suavidade do clima do baixo Deza ou do Mandeo.

Nos vales surorientais a sequidade do verán únese ás elevadas temperaturas, mentres no inverno son moi frecuentes as inversións térmicas e por iso as néboas persistentes, de xeito que son correntes os días nos que o val está cuberto, e uns 300 metros máis enriba loce o sol en todo o seu esplendor.

2.2. Identificación de riscos na Comunidade Autonoma de Galicia.

Xenericamente pódense definir dous tipos principais de riscos:

a) Riscos naturais.

Inclúe aqueles riscos debidos a factores xeográficos e climáticos. En ocasións son riscos presaxiables en función da situación atmosférica e xeográfica das zonas. Adoitan manterse nun nivel constante ó longo do tempo. En xeral obrigan a unha planificación sobre as consecuencias.

b) Riscos inducidos polo home.

-Riscos tecnolóxicos: débense á existencia de actividades de carácter tecnolóxico e de estructuras fixas ou móbiles, deseñadas e construídas polo home. Os seus efectos son facilmente planificables, pero non se pode definir a priori en qué momento se van producir. O factor de prevención é moi importante, e pódese reducir de modo drástico o risco.

-Incendios forestais: necesitan planificación especial. Poden afectar a núcleos de poboación, aínda que a súa característica principal son os danos materiais e ó ambiente.

-Outros riscos: son aqueles riscos non tecnolóxicos debidos a actividades humanas ou á aglomeración de persoas en lugares e momentos determinados. Segundo a situación xeográfica poden ter consecuencias e magnitudes ben diferentes.

2.2.1. Riscos naturais.

Dentro da Comunidade Autónoma de Galicia poden establecerse os seguintes:

-Nevaradas: producen o illamento de núcleos de poboación e danos en bens.

-Xeadas: producen accidentes de tráfico e no tránsito normal de persoas. Poden afectar tamén a servicios e ó medio agrícola.

-Inundacións: producen illamentos de núcleos de poboación, grandes perdas de bens e de materiais chegando en ocasións á perda de vidas humanas.

-Temporais (ventos, furacáns, tornados): provocan illamentos de núcleos de poboación debido ós estragos que se producen no medio. Poden esperarse perdas de vidas humanas, tanto polos estragos do medio como pola realización de actividades laborais diversas durante o temporal (agrícola, gandeiro, acuícola, marisqueo, pesca e industrial, como as máis salientables).

Dentro deste grupo destácase o risco que afecta a zona costeira de Galicia, concretamente a franxa da Costa da Morte en Fisterra.

-Chuvias intensas (persistentes, continuas): poden describirse da mesma maneira que o grupo anterior. Adicionalmente considéranse as inundacións producidas, que danan dun xeito máis severo os núcleos de poboación con maiores prexuízos económicos nos campos agrícola, gandeiro e marisqueiro.

-Sismos: de efectos practicamente instantáneos. A planificación realizarase sobre as consecuencias do evento e non sobre a súa prevención.

-Derrubamentos, avalanchas e corrementos de terreos ou terras (incluídos os Karst).

-Seca: producida pola falta de chuvias durante un tempo prolongado. Pode chegar a producir problemas de saúde pública e perdas na agricultura e na gandería, incrementando o risco de incendios forestais.

2.2.2. Riscos inducidos polo home.

2.2.2.1. Riscos tecnolóxicos.

-Asociados a factorías e almacenamentos con risco químico; requiren unha planificación especial en casos determinados. xenericamente aquelas instalacións nas que existen, ben sexa en producción ou en almacenamento, productos químicos perigosos non susceptibles de planificación. Poden ser inducidos por riscos doutros grupos.

-Asociados a transportes de mercadorías perigosas.

-Asociados a instalacións radiactivas: os debidos ó transporte, acumulación ou instalación de fontes radiactivas na Comunidade Autónoma de Galicia. Requiren planificación especial.

-Asociados a plantas subministradoras de enerxía ou servicios esenciais: a paralización, accidental ou intencionada, ou o mal funcionamento de plantas subministradoras de enerxía pode producir danos graves á poboación, tanto pola falta de subministración en si como polo comportamento da fonte de enerxía a raíz desa eventualidade. Comprenden os servicios de auga, electricidade, gas, teléfono, alimentación e productos esenciais, como os máis destacados.

-Derrubamentos.

-Asociados a construccións de enxeñería civil; os posibles danos que pode ocasiona-lo mal estado, estrago (accidental ou intencionado) ou as consecuencias diferidas de construccións de enxeñería civil.

-Bacteriolóxico. Contaminación ambiental.

-Incendios urbanos, industriais e forestais.

2.2.2.2. Outros riscos.

-Actividades deportivas de risco: montañismo, submarinismo, espeleoloxía, entre outros.

-Zonas de baño: todos aqueles accidentes que poidan ocorrer nas zonas de baño, debido a actividades

deportivas ou de descanso nas praias marítimas, praias fluviais, lagoas, encoros e ríos.

-Feiras, actos culturais ou relixiosos: os debidos á aglomeración de gran cantidade de persoas en recintos cerrados ou semicerrados

-Grandes festas: o mesmo cá no anterior, engadindo os debidos a material pirotécnico, problemas de tráfico, orde pública, etc.

-Accidentes debidos ó tráfico terrestre (estradas, vías férreas), aéreo e marítimo.

-Ambientais de saúde pública: riscos de contaminación física, química ou microbiolóxica, de productos alimenticios que entran na cadea trófica, derivados ou producidos por un accidente ou mala manipulación.

-Asociados ó risco doméstico: electricidade, auga, gas.

-Asociados ó terrorismo

2.2.3. Interconexión de riscos.

O principal problema dunha clasificación de riscos é a imposibilidade de defini-la evolución dun evento determinado, dentro dun grupo dos indicados anteriormente. Así, unha catástrofe de orixe natural pode, durante o seu desenvolvemento, provocar efectos colaterais transformando completamente a necesidade de medios e recursos para loitar contra a emerxencia planificada de antemán.

A forma máis axeitada de realizar unha identificación territorial de riscos é empezar no nivel municipal, producíndose polo tanto unha revisión dinámica do Plan Territorial.

a) Definir cáles son os principais puntos de acumulación de persoas, tanto diariamente como en casos especiais.

b) Definir cáles son aqueles puntos que poden verse afectados por un incidente de orixe natural.

c) Realiza-la mesma definición para os riscos tecnolóxicos (normalmente xa se realizou a planificación especial correspondente).

d) Definir cáles dos puntos negros obtidos necesitan unha planificación a un nivel distinto do nivel local .

e) Incluí-los resultados no Platerga.

Capítulo III

Estructura, organización e funcións

3.1. Esquema xeral da estructura organizativa.

Organización do Plan Territorial.

A estructura organizativa do Plan Territorial preséntase como estructura ascendente, isto é, aumentando os efectivos designados para unha actuación en función da magnitude da emerxencia.

Considéranse catro niveis operativos, desde o nivel inferior ata o superior, sendo os de:

-Nivel 0: local.

-Nivel 1: provincial.

-Nivel 2: autonómico.

-Nivel 3: onde está presente o interese nacional.

Nunha comunidade multiadministrativa como a galega, con máis dunha provincia, ordenarase a estructura organizativa tendo en conta os seguintes puntos:

1. A primeira actuación, tanto no tempo de resposta como en medios mobilizados, correspóndelle ó concello.

2. O cambio de nivel no plan debe implica-la transferencia de dirección ó nivel superior.

3. As estructuras de mando no nivel local, aínda que desenvolvidas no seu Plan de Emerxencia Municipal (en diante Pemu), deben incluí-las características propias do concello, axustándose ás súas peculiaridades fronte a unha estructura ríxida, que non se lle debe obrigar asumir ó concello. Débese polo tanto, camiñar cara á consecución dunha clasificación dos concellos que ó mesmo tempo permita focaliza-las posibles axudas e valora-la capacidade de resposta neste nivel. Isto implica:

-Concellos distintos poden, segundo o seu Pemu, actuar de maneira distinta fronte á mesma continxencia.

-Concellos distintos poden demanda-la activación do nivel superior, en distintos momentos, fronte á mesma continxencia.

-O efecto dunha continxencia da mesma intensidade fronte a concellos distintos pode ser cualitativamente distinta.

4. No nivel provincial (nivel 1), o Platerga debe se-lo suficientemente maleable como para poder axustarse a requirimentos moi diferentes, incluso dentro dunha mesma planificación sectorial. A responsabilidade do coñecemento desta casuística típica debe ser asumida a nivel provincial para mellora-la operatividade do plan.

5. As estructuras nos niveis provinciais e autonómico deben manterse organicamente o máis semellantes posibles, mentres que funcionalmente debe conseguirse que as catro provincias se imbriquen subsidiariamente no Plan Autonómico.

Polo tanto, aínda que a estructura debe ser similar, non se debe chegar a unha repetición, debido ás seguintes características propias do nivel provincial:

-Relación directa co nivel local.

-Relación ascendente de información ó nivel autonómico e descendente de ordes, desde o dito nivel.

-A nivel provincial e autonómico, os órganos equicompetenciais dependentes da dirección non presentan unha mesma relación.

6. En calquera actuación no nivel autonómico haberá unha participación importante da dirección técnica, transferida do nivel provincial.

7. O traspaso de autoridades ó nivel superior debe referirse á coordinación de medios doutras estructuras, agás que o ámbito territorial supoña tamén a activación de niveis provinciais distintos, onde a dirección, tanto loxística como técnica, será a nivel autonómico.

3.2. Director do plan.

O órgano de xestión do Platerga é a consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil.

O director do plan, segundo o ámbito territorial no que se produza a emerxencia, será:

1. Cando é a nivel local, o director do plan é o alcalde (xefe local de Protección Civil), ou persoa que o substitúa; poderá por instancia do director constituírse un comité de dirección no que estará presente un representante da Administración Autónoma de Galicia.

2. Cando é a nivel provincial, a dirección do plan recae no delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil, ou persoa que o substitúa.

3. Cando é a nivel autonómico, a dirección do plan recae no director xeral do departamento con competencias en materia de protección civil ou persoa que o substitúa; poderá, por instancia do director, constituírse un comité de dirección no que estará presente un representante da Administración xeral do Estado.

4. Cando se declare o interese nacional, crearase un comité de dirección formado por un representante da Comunidade Autónoma de Galicia, nomeado polo director do plan a nivel autonómico e un representante da Administración xeral do Estado, recaendo neste último a dirección.

A declaración de interese nacional pode efectuarse por iniciativa do Ministerio de Interior, por iniciativa propia da Comunidade Autónoma ou do delegado do Goberno en Galicia.

Funcións:

Son funcións do director do plan:

-Declara-las situacións de emerxencia segundo os niveis establecidos no Platerga.

-Activar e aplicar formalmente o Platerga, determinando a estratexia xeral das operacións.

-Activa-la estructura organizativa que o comité asesor e a dirección técnica do Platerga determine, así como os grupos de acción que se precisen en cada unha das situacións.

-Dirección e coordinación do Platerga.

-Determinar e coordina-la información á poboación no nivel correspondente do Platerga.

-Garanti-lo enlace cos plans de nivel superior.

-Asegura-lo mantemento da eficacia e actualización do Platerga.

-Establecer un Centro de Coordinación Operativo (Cecop) e sistemas de comunicación e, se é o caso, un Cecop-Integrado (Cecopi).

-Garanti-la asistencia e atención de damnificados.

-Declaración da fin da emerxencia e volta á normalidade, coa conseguinte desmobilización dos

medios e recursos desprazados durante a emerxencia, unha vez cumpridos os seus obxectivos.

3.3. Niveis de actuación do plan. Interfase.

O Platerga prevé diferentes casos e supostos de actuación, definidos conforme criterios de ámbito territorial e a capacidade de dar resposta por parte das administracións públicas afectadas de acordo cos niveis xa establecidos:

Nivel 0.

Establécese o nivel 0 para as emerxencias de ámbito local, e o alcalde como xefe local de Protección Civil declarará o estado de emerxencia . A dirección e coordinación levarase a cabo conforme a actuación do correspondente plan a nivel local.

O Platerga leva a cabo funcións de seguimento e avaliación, garantindo en todo caso a prestación das axudas que se precisen.

Nivel 1.

A decisión de declara-lo nivel 1 correspóndelle ó director do Platerga a nivel provincial, que é o delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil, pola súa propia iniciativa, ou por petición do/s concello/s implicado/s, ou por decisión do director do Platerga a nivel autonómico.

O nivel 1 terá como ámbito territorial o dunha provincia.

A declaración do nivel 1 ten lugar nas emerxencias que a nivel provincial requiran, para o seu control, unha resposta por parte do Platerga, intervindo medios e recursos propios ou asignados a el, e asume o director provincial do plan a coordinación de tódalas accións.

Cando se trate de emerxencias que afecten máis dun concello, o director do Platerga a nivel provincial asumirá a coordinación da resposta local e provincial.

Nesta situación poderán activarse plans de carácter específico e sectorial e empezar accións correspondentes a plans especiais, tanto dos que figuran como tales na norma básica de protección civil, como doutros elaborados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Nivel 2.

A decisión de declara-la situación de emerxencia correspóndelle ó director do Platerga a nivel autonómico, pola súa propia iniciativa, ou por petición do director do Platerga a nivel provincial.

Declararase o nivel 2 nas emerxencias que, pola súa natureza, gravidade ou extensión do risco, superen a posibilidade de resposta a nivel provincial.

Neste caso, a dirección e coordinación das actuacións correspóndelle ó director do Platerga a nivel autonómico.

Os niveis 1 e 2 prevén o emprego de medios propios da Comunidade Autónoma de Galicia e doutras administracións públicas e mesmo a solicitude doutros medios non previstos.

Nesta situación poden preverse circunstancias nas que poida verse afectado o interese nacional; neste

caso o director do Platerga a nivel autonómico pode solicita-la declaración do nivel 3.

Nivel 3.

Declararase o nivel 3 cando se dean circunstancias nas que estea presente o interese nacional, de acordo cos supostos previstos na norma básica de protección civil, capítulo I, punto 1.2.

Nesta situación o director do Platerga a nivel autonómico designará a autoridade que, xunto coa correspondente por parte da Administración xeral do Estado,

constituirá o comité de dirección, transferíndolle a responsabilidade das accións, recaendo no representante da Administración xeral do Estado a dirección.

O director do Platerga, seguindo as directrices do comité de dirección, conservará a coordinación dos medios propios e asignados recollidos no marco do plan.

Cando os factores desencadeantes desta situación desaparecen, pódese declara-la volta a outro nivel inferior, ou a volta á normalidade.

Esquema da estructura organizativa

NiveisOrganizaciónDirección

Cero (0)Local: Municipal Comarcal.Xefe local de Protección Civil (alcalde/concelleiro delegado).
Un (1)Provincial.Delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil.
Dous (2)Autonómica.O director xeral do Departamento con competencias en materia de protección civil.
Tres (3)Xeral do Estado.Comité de dirección formado por: un representante da Comunidade Autónoma de Galicia e un representante da Administración xeral do Estado.

Interfase.

Para a conexión do Platerga cos plans a nivel local ou provincial que se elaboren no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e cos plans sectoriais, incorporaranse a eles as correspondentes interfases, que aseguren a súa integración no Platerga.

As condicións necesarias para o paso do nivel local ó nivel provincial son:

* Imposibilidade de actuar fronte ó suceso a nivel local por:

-Zona de planificación demasiado ampla.

-Insuficiencia de medios e recursos para actuar ó dito nivel.

-Emerxencia non tipificada no Pemu (suponse que a falta de previsión implica tamén unha falta de adestramento para este tipo de emerxencia).

-Emerxencia incluída dentro dun sistema de planificación especial (químico, radiolóxico, entre outros).

As condicións de activación do nivel autonómico dependerán unicamente do ámbito de planificación.

A activación dos diferentes niveis do Platerga realizaranse conforme o indicado no punto 3.3.

3.4. Comité asesor.

Para asistir ó director do plan constitúese o comité asesor, de acordo coa estructura organizativa do plan a nivel autonómico e nivel provincial, mentres que a nivel local se constitúen as xuntas locais de Protección Civil.

Conforme o disposto polo director do plan, a nivel autonómico, provincial e local este reunirá a tódolos

membros ou a parte deles, en función da emerxencia e as circunstancias, contando co Cecop/Cecopi como apoio instrumental.

A composición e as funcións dos comités asesores nos niveis autonómico e provincial son as mencionadas no capítulo II deste decreto.

O comité asesor a nivel local constitúeno as xuntas locais de Protección Civil, sendo a súa composición e funcións as referidas nos artigos 10º e 11º deste decreto.

En todo caso, formarán parte das xuntas locais de Protección Civil a nivel preventivo, todas aquelas persoas que o máximo responsable de Protección Civil coide necesario, e a nivel operativo os que o director do Pemu considere oportuno, no momento de activalo.

3.5. Gabinete de información.

O gabinete de información no nivel local determínao o director do plan neste nivel.

O gabinete de información no nivel provincial e autonómico depende directamente do director autonómico do Platerga, estando interrelacionado directamente co Cecop. A través do dito gabinete canalizarase tódala información ós medios de comunicación social durante a emerxencia, e na fase de alerta.

A xefatura do gabinete de información recae no xefe do gabinete de prensa da consellería con competencias en materia de protección civil. Estará apoiada polo Servicio de Información e Formación da Dirección Xeral de Protección Civil.

Cando se constitúa o comité de dirección este será o que determine a constitución e composición do gabinete de información.

Funcións.

-Recibir toda a información que obteñan os diferentes órganos do plan, e en especial a localización exacta da emerxencia e a situación das zonas afectadas.

-Difundi-las recomendacións dictadas polo director autonómico do plan ou, se é o caso, polos directores provinciais do Platerga, empregando os medios de comunicación social previstos.

-Centralizar, coordinar e prepara-la información xeral sobre a emerxencia e facilitárllela ós medios de comunicación social e á poboación afectada.

-Informar sobre a emerxencia a cantas persoas ou organismos o soliciten.

-Obter, centralizar e facilitar toda a información relativa ós posibles afectados, facilitando os contactos familiares e a localización de persoas.

3.6. Grupos de acción.

Son os grupos encargados dos servicios operativos ordinarios, e están deseñados para actuar coordinadamente e baixo unha dirección única, dentro do marco que establece o Platerga.

Os medios que serven de base para a constitución destes grupos son, entre outros:

-Os corpos de bombeiros.

-Os servicios sanitarios da rede pública e privada de Galicia.

-Servicios municipais e autonómicos.

-As policías locais.

-A policía autonómica.

-Os corpos e forzas de seguridade do Estado.

-As agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

-Os servicios da Cruz Vermella.

A súa estructura establécese nestes grupos de acción:

-Grupo de intervención.

-Grupo sanitario.

-Grupo de transmisións.

-Grupo de seguridade.

-Grupo loxístico.

-Grupo de rehabilitación de servicios públicos.

Os responsables dos diferentes grupos de acción a nivel local (nivel 0), xefes de grupo e integrantes do grupo cítanse a nivel orientativo, podendo modificarse no correspondente Pemu. En calquera caso, no Pemu deberán incluírse como mínimo os grupos de acción anteriormente indicados, co obxecto de acada-la interfase entre o nivel 0 e os niveis superiores.

As funcións dos responsables dos diferentes grupos de acción, os xefes dos grupos, os integrantes do grupo, así como os medios materiais e especiais que se mobilizan, que se indican seguidamente no Platerga, poden ser modificados e ampliados, co obxecto de encontrar unha maior operatividade e eficacia do plan, ou cando teñan lugar cambios nas estructuras organizativas intervenientes nel.

As modificacións e ampliacións anteriormente indicadas serán establecidas polo director do Platerga a nivel autonómico.

3.6.1. Grupo de intervención.

Este grupo executará as medidas de intevención necesarias para reducir e controla-los efectos da emerxencia, actuando naqueles puntos nos que se dean circunstancias que requiran unha acción inmediata.

As súas funcións son:

-Valorar e informar sobre o estado, a tempo real, da situación da emerxencia ó director do plan.

-Controlar, reducir ou neutraliza-los efectos do sinistro.

-Busca, rescate e salvamento de persoas e bens.

-Recoñecemento e avaliación de riscos asociados.

-Determina-la área de intervención.

-Socorro de persoas sepultadas baixo ruínas, illadas ou desaparecidas.

-Impedi-lo colapso das estructuras.

Composición:

Compoñen o grupo as seguintes persoas ou servicios:

Composición dos grupos de intervención

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Responsable de Protección Civil Municipal, xefe de bombeiros municipal/comarcal ou persoa que o substitúa.-Bombeiros.-Servicio municipal de P.C. (grupos de intervención municipal).-Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.-Policía local.-Cruz Vermella.

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 1O responsable que se determine no plan sectorial ou específico correspondente, ou o xefe de bombeiros que acceda á emerxencia e dispoña de maior capacidade operativa.

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Entidades colaboradoras de Protección Civil.

Asemblea provincial da Cruz Vermella.

-Bombeiros.-Grupos especiais de intervención e rescate.-Corpos e forzas de seguridade do Estado.-Policía autonómica.
Nivel 2Ídem pero a nivel autonómico.Ídem pero a nivel autonómico.

Medios materiais que mobilizan:

Tódolos medios propios dos servicios intervenientes, como integrantes do grupo.

Medios especiais:

Equipos privados de intervención xeral, tal como maquinaria pesada e de obras.

Equipos privados específicos de rescate e salvamento en montaña, en zonas de difícil acceso en zonas marítimas.

3.6.2. Grupo sanitario.

O obxecto deste grupo é garanti-la actuación coordinada e eficaz de tódolos recursos sanitarios existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este grupo executará as medidas de protección á poboación no referente a primeiros auxilios, asistencia sanitaria e evacuación sanitaria e, se é o caso, as medidas de protección e prevención da saúde pública.

Levará a cabo as seguintes accións para a consecución do seu obxectivo:

Asistencia sanitaria in situ.

Traslado e evacuación sanitaria.

Asistencia sanitaria primaria.

Identificación de cadáveres, en colaboración cos servicios correspondentes.

Control de abrochos epidemiolóxicos (contaminación da auga, alimentos, vacinación masiva).

Cobertura de necesidades farmacéuticas.

Vixilancia e control da potabilidade da auga e hixiene dos alimentos.

Colaborar co grupo de intervención, prestando os primeiros auxilios ás persoas sepultadas baixo ruínas ou illadas.

Informar da situación real ó director do plan.

Composición do grupo sanitario

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Responsable sanitario a nivel municipal.Médicos de A.P.D. e asistencia primaria.

ATS/DUE de asistencia primaria.

Farmacéuticos.

Veterinarios.

Cruz Vermella.

Nivel 1Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou persoa que o substitúa (con rango mínimo de xefe de servicio).Persoal sanitario dependente da delegación provincial da consellería con competencias en materia sanitaria.

Asemblea Provincial Cruz Vermella.

Nivel 2Director xeral do Sergas ou persona que o substitúa (con rango mínimo de subdirector xeral).Persoal sanitario dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Comité Autonómico Cruz Vermella.

Medios materiais que mobilizan:

Servicios de urxencias médicas dependentes do Sergas.

Servicios asistenciais dependentes do Sergas.

Servicios hospitalarios dependentes do Sergas.

Medios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Servicios sanitarios da Cruz Vermella.

Medios especiais:

Redes públicas e privadas de transporte sanitario.

Centros asistenciais privados.

3.6.3. Grupo de transmisións.

A misión do grupo de transmisións é dispoñer dos medios e equipos necesarios que permitan contar cunha comunicación continua e ininterrompida a tempo real entre a dirección do plan e os outros grupos de acción, co obxecto de coñecer e dispor de información da situación puntual da emerxencia, así como da súa evolución.

Os obxectivos son:

Asegura-las comunicacións entre os diferentes grupos de acción, así como entre o Posto de Mando Avanzado e os Centros de Coordinación Operativa.

Transmitir toda a información emitida polos diferentes grupos de acción.

Establecer e implantar sistemas alternativos de transmisións, onde sexan necesarios.

Composición do grupo de transmisións

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Responsable de comunicacións indicado no Pemu ou, se é o caso, do concello.Persoal adcristo ó Cecopal.

Agrupación de Voluntarios de P.C.

Policía local.

Colaboradores de P.C. expertos en comunicacións.

Nivel 1Técnico responsable de comunicacións do Servicio Provincial de Protección Civil ou persoa que o substitúa.Persoal adcrito ó Cecop-Provincial.

Persoal doutras redes de comunicacións propias da Xunta de Galicia.

Colaboradores de P.C. expertos en comunicacións.

Nivel 2Técnico responsable de comunicacións da Dirección Xeral de Protección Civil ou persoa que o substitúa.Persoal adcrito ó Cecop-Galicia.

Persoal da Xunta de Galicia do departamento con competencias en comunicacións.

Persoal doutras redes de comunicacións propias da Xunta de Galicia.

Colaboradores de P.C. expertos en comunicacións.

Medios materiais que mobilizan:

Equipos móbiles e fixos, propios dos servicios integrantes do grupo, así como dos asignados ós diferentes grupos de acción.

Medios especiais:

Empresas privadas de comunicacións.

Outras redes de comunicacións e persoal adscrito a estas, de ámbito territorial na Comunidade Autónoma de Galicia, e titularidade pública ou privada.

3.6.4. Grupo de seguridade.

Este grupo é o responsable de garanti-la seguridade cidadá e a orde nas situacións de emerxencia producidas como consecuencia dos riscos previstos no plan.

Deberá tamén este grupo controla-los accesos e regula-lo tráfico naqueles puntos nos que, debido á emerxencia, se produzan aumentos da circulación ou caos circulatorio.

Os obxectivos deste grupo son:

Garanti-la seguridade cidadá.

Ordenación do tráfico para a evacuación.

Balizamento da zona de intervención.

Control de accesos á zona de emerxencia.

Facilita-la evacuación urxente de persoas en perigo.

Recoller información sobre o estado das estradas.

Sinalización de tramos de estradas deterioradas.

Establecer rutas alternativas para os itinerarios inhabilitados.

Mantemento de redes viarias en condicións expeditivas para o seu uso durante a emerxencia.

Apoio ós grupos de intervención para rescate de persoas.

Protección de bens ante posibles actos delictivos.

Control de grupos antisociais.

Composición do grupo de seguridade

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Concelleiro de Seguridade ou persoa que o substitúa.Policía local.

Policía autonómica.

Policía nacional.

Garda civil.

Voluntarios de Protección Civil.

Persoal do concello.

Nivel 1Comisario provincial da policía autonómica, ou un representante das forzas de seguridade do Estado que designará o director do plan.Policía local.

Policía autonómica.

Policía nacional.

Garda civil.

Xefaturas provinciais de tráfico.

Nivel 2Comisario xefe da policía autonómica ou un representante das forzas de seguridade do Estado, que designará o director do plan.Ídem a nivel autonómico.

Medios materiais que mobilizan:

Medios propios dos corpos e forzas de seguridade integrantes do grupo.

Medios das agrupacións de voluntarios de P.C. en apoio dos corpos e forzas de seguridade.

3.6.5. Grupo loxístico.

A misión deste grupo é a provisión de equipamentos e subministracións necesarias para os grupos de acción, así como todo o relacionado coa área loxística.

Executará, tamén, as medidas de protección á poboación en canto a evacuación, albergue de emerxencia e subministración de auga e alimentos.

As súas funcións son:

Recepción de solicitudes de axuda.

Establece-los procedementos de evacuación.

Habilitar locais susceptibles de albergar toda a poboación afectada.

Resolve-los problemas de abastecemento de auga potable e alimentos.

Subministración de mantas e roupa.

Establece-la zona de operacións e os centros de distribución que sexan necesarios.

Organiza-los puntos de reunión de evacuados para o seu posterior traslado.

Proporcionarlles ós demais grupos de acción todo o apoio loxístico necesario, subministrándolles aqueles productos ou equipos necesarios para poder levar a cabo o seu cometido.

Proporcionarlles asistencia social ás persoas afectadas.

Composición do grupo loxístico

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Primeiro tenente alcalde do concello, ou persoa que o substitúa.Concelleiro de Servicios e Obras.

Concelleiro de Deportes.

Asistentes sociais.

Animadores culturais.

Escolas obradoiro.

Agrupación Voluntarios de Protección Civil.

Nivel 1Xefe de sección do Servicio Provincial de Protección Civil.Persoal das consellerías con competencias en: transportes, sanidade, Serv. sociais, cultura, xuventude, educación, universidades, industria, comercio, agricultura, ambiente, turismo, deportes.

Persoal da deputación provincial.

Nivel 2Xefe de Servicio da Dirección Xeral de Protección Civil.Ídem a nivel autonómico.

Medios materiais:

Medios propios dos concellos.

Medios propios da deputación.

Medios propios da Xunta de Galicia.

Medios especiais:

Medios privados de intendencia e albergue.

Empresas de servicios privadas.

3.6.6. Grupo de rehabilitación de servicios públicos.

A misión deste grupo é a de rehabilita-los servicios públicos esenciais, no mínimo período de tempo, buscando, ata a súa rehabilitación, solucións alternativas.

Ocuparase tamén do estudio de determinadas obras que eviten riscos asociados, ou que minoren as súas consecuencias.

As súas funcións son:

Avalia-las medidas necesarias para a rehabilitación de servicios públicos.

Restablece-los servicios públicos esenciais, como son: auga, luz, teléfono, gas.

Proporcionar solucións alternativas de carácter temporal.

Composición do grupo de rehabilitación

ÁmbitoXefe do grupoIntegrantes do grupo

Nivel 0Responsable municipal ou persoa que o substitúa.Servicios municipais.

Empresas locais de servicios públicos.

Nivel 1Delegado provincial da Delegación de Industria ou persoa que o substitúa (con rango mínimo de xefe de servicio).Servicios provinciais da deputación Prov.

Persoal da Delegación Provincial de Industria e Comercio.

Persoal da CPTOPV.

Persoal do ministerio correspondente en infraestructura viaria.

Persoal da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Persoal da delegación da Consellería de Medio Ambiente.

Persoal de empresa de servicios públicos.

Nivel 2Director xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio ou persoa que o substitúa (con cargo mínimo de subdirector xeral).-Persoal das confederacións hidrográficas.-Persoal das consellerías de:

CPTOPV.

Industria e Comercio.

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Medio Ambiente.

Persoal do ministerio correspondente en infraestructura viaria.

Medios materiais que mobilizan:

Medios propios dos concellos.

Medios propios da deputación provincial.

Medios propios da Xunta de Galicia.

Medios especiais:

Empresas de servicios de auga, luz, teléfono, así como outros, tales como combustibles, gas, alimentos.

Colexios profesionais.

Empresas privadas.

Capítulo IV

Coordinación operativa e medios de comunicación

4. Coordinación operativa e medios de comunicación.

A resposta a unha situación de emerxencia estructúrase en diferentes etapas que se activan en función da gravidade da situación. Estas son:

* Recepción da solicitude e catalogación do incidente.

* Activación do plan de actuación, seguimento e análise da evolución do incidente ata a súa resolución, por parte dos organismos competentes.

* Coordinación e decisión de actuacións que hai que levar a cabo no caso de que o incidente supere os límites dun sector específico.

* Coordinación e supervisión ante sucesos de alta perigosidade, ben de carácter específico, ben de carácter global.

* Información á poboación.

De acordo cos niveis de actuación establecidos no capítulo 3:

* No nivel 0 a emerxencia é coordinada e xestionada no Cecopal, contando cos medios e recursos a nivel local. Integrarase no Cecopal, no caso de consideralo conveniente, un representante da Comunidade Autónoma.

* No nivel 1, a emerxencia é coordinada e controlada no Cecop provincial, situado en cada servicio provincial da Dirección Xeral de Protección Civil, contando cos medios provinciais.

* No nivel 2, a emerxencia é coordinada e supervisada no Cecop-Galicia, actuando en cada provincia cos medios e recursos provinciais e cos que poida ir requirindo o director do plan a nivel autonómico. Integrarase no Cecop-Galicia, no caso de velo conveniente, un representante da Administración xeral do Estado.

* No nivel 3, o Cecop convértese no Centro de Coordinación Operativa Integrada (Cecopi) e contará cos mandos das diferentes administracións, tanto para a dirección, como para a coordinación da emerxencia e transferencia de responsabilidades.

Os membros do comité asesor e do gabinete de información, representantes da Comuninade Autónoma, serán os que se prevén no Platerga no nivel 2.

A localización do Cecopi pode se-la mesma cá do Cecop-Galicia.

4.1. Centro de coordinación operativo (Cecop).

Defínese o Centro de Coordinación Operativa (Cecop), como órgano onde se recibe información dun suceso e onde determinan, dirixen e coordinan accións que se van executar. É o órgano de traballo do director do Platerga, tanto para a coordinación entre plans a distintos niveis, como para a actuacións e xestión de recursos e medios.

O director técnico responsable dos recursos dos Cecop provinciais e do Cecop-Galicia é o xefe do Servicio de Sistemas de Información e Comunicación da Dirección Xeral de Protección Civil, que será o encargado de clasificar e avalia-la información recibida e emitila ós diferentes grupos de acción, así como de asegurar un correcto sistema de comunicacións e información.

O director técnico de operacións a nivel provincial é o responsable do servicio de Protección Civil da provincia, e a nivel autonómico é o xefe de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

O director técnico de operacións terá como funcións:

* Asegurar que se dispoña dos medios e recursos solicitados ou demandados polo Cecop, e que se cumpran as instruccións que emanan da dirección do plan.

* Coordinar tódolos medios e recursos que interveñan na emerxencia.

* Responsabilizarse do posto de mando avanzado, no caso de establecerse.

* Avalia-los danos producidos, baseándose na información recibida dos grupos de acción, e previsión dos riscos.

Os Cecop integraranse nos diferentes niveis do Platerga segundo o disposto na normativa da Xunta de Galicia.

Tanto o Cecop-Galicia, como os Cecop provinciais, e se é o caso, o Cecopi e Cecopal, que poidan constituírse en calquera nivel do Platerga, por instancias do director deste, poderán, de ser necesario integrarse na Central de Emerxencias 112-SOS-Galicia, definida neste decreto.

Cada Cecop conta con capacidade para manexar un sistema integrado de: informática, telefonía radioeléctrica e convencional, e dispón dos recursos humanos para o seu correcto funcionamento.

Os Cecop, incluídos os Cecopal, disporán dos enlaces necesarios e sistemas de información a outros cen

tros directivos, e permitirán que desde estes poida dirixir e coordina-las operacións o director do plan, e garantir en todo momento a información continua ó nivel inmediatamente superior do Platerga.

Cecop

Sala de control de operativos (Sacop)Centro de información (Cin)

Centro de transmisións (Cetra)Posto de mando avanzado (Pma)

4.2. Posto de Mando Avanzado (Pma).

No lugar onde se produce a emerxencia, no caso de consideralo necesario, o director técnico de operacións establecerá un Posto de Mando Avanzado (PMA), que actuará como prolongación do Cecop, constituíndo un órgano de traballo do director técnico in situ, coordinando e dirixindo as accións dos diferentes grupos de acción que interveñan na emerxencia.

O equipo que asista e asesore ó director técnico de operacións in situ, será designado por este, segundo as circunstancias, e estará constituído polos responsables dos grupos de acción e daqueles organismos ou entidades que deberán actuar prioritariamente para acada-los obxectivos previstos.

O Posto de Mando Avanzado disporá dun sistema de comunicacións permanente co Cecop e cos responsables dos diferentes grupos de acción.

Dirección técnica do Posto de Mando Avanzado.

Fará as seguintes funcións:

1. Executiva: encargarase de transforma-las directrices xerais emanadas da dirección do Platerga nas accións concretas que desenvolverán os grupos de acción.

2. Coordinadora: nas funcións de desenvolvemento autónomo por parte dos grupos de acción, encargarase de evita-la duplicidade delas.

3. Directiva: como máximo representante da dirección do Platerga na zona de emerxencia destas, é o responsable da seguridade das persoas e bens destas e especialmente dos asignados ó Posto de Mando Avanzado.

A dirección técnica do Posto de Mando Avanzado, nos diferentes niveis do Platerga será asumida por.

Nivel 0: técnico municipal de P.C., xefe de bombeiros ou xefe da policía local.

Nivel 1: xefe provincial Protección Civil.

Nivel 2: xefe do Servicio de Planificación da Dirección Xeral de Protección Civil.

4.3. Sala de control de operativos (Sacop).

A sala de control de operativos é o lugar desde o que se mobilizan os medios e recursos; sitúase no Cecop correspondente.

O responsable do Sacop é un auxiliar do director técnico de operacións, no traslado e materialización das ordes que se van cursar.

Ten como misión fundamental a de asegurar e posibilita-la mobilización de tódolos medios e recursos demandados polos diferentes grupos de acción, ou pola dirección do plan.

4.4. Centro de Transmisións (Cetra).

O centro de transmisións (Cetra) é o lugar desde o que se transmiten as informacións e comunicacións que entran e saen do Cecop.

O responsable do Cetra é un auxiliar do director técnico do Cecop.

A función do Cetra é constituí-lo núcleo por onde se canalicen tódalas transmisións necesarias durante a activación do plan.

Está, polo tanto, baixo o seu control todo o referente á clasificación e procesamento da información recibida, así como os medios que permitan unha fluída comunicación con tódolos órganos interveniventes.

4.5. Centro de Información (Cin).

O Centro de Información (Cin) é o lugar onde se recepciona e se difunde a información relacionada co suceso.

O Cin sitúase no Ceciop correspondente, sendo o responsable o gabinete de información do Platerga, descrito no punto 3.5.

As funcións do Cin son:

a) Recolle-la información, analizala e traduci-la noticia para os medios de comunicación.

b) Relación cos medios de comunicación.

c) Transmisión de información á poboación.

A información será recollida no Cecop polo persoal técnico do Servicio de Información é Formación da Dirección Xeral de Protección Civil.

O director do Cin, por orde do director do Platerga, transmitirálle-la noticia ós medios de comunicación e á poboación en xeral.

O director do Cin, por orde do director do Platerga, poderá decidi-los criterios referentes a qué documentación ou información é divulgable, cómo facelo e a qué medios distribuíla.

4.6. Autoridades as que é necesario comunicarlle-los sucesos.

O director do Cin, seguindo as ordes e instruccións do director do Platerga, será o encargado de facer chega-la información ós organismos e autoridades que se indiquen en cada caso, e sempre informando o conselleiro con competencias en materia de protección civil e, se é o caso, as autoridades involucradas na emerxencia, a través das canles establecidas en cada caso.

4.7. Mecanismos de información á poboación afectada e ó público en xeral.

Unha vez que estea dispoñible a información no Cin, é preciso facela chegar á poboación afectada en particular e ó resto da poboación en xeral.

Os mecanismos baséanse nos medios de comunicación social, promovendo protocolos, convenios ou acordos para garantir perante a situación de emerxencia unha boa difusión das mensaxes dirixidas á poboación de forma permanente.

Para tódolos efectos indicados, o Platerga disporá dos mecanismos de enlace cos medios, determinando para cada momento o contido da información que se vai difundir, e facilitando os comunicados por escrito.

Os avisos á poboación reunirán as características seguintes:

Exactitude: indicar exactamente as medidas que se deben adoptar.

Claridade: linguaxe sinxela e clara, que todos comprendan.

Concisión: mínimo de palabras.

Sempre se realizarán os avisos á poboación que estea realmente afectada, sen provocar alarmas noutros sectores da poboación.

Capítulo V

Operatividade

5. Operarividade.

A operatividade constitúena o conxunto de procedementos previamente planificados, que permiten a posta en marcha do plan, e aseguran a consecución dos seus obxectivos.

A planificación dos procedementos inclúe:

* Situacións de alerta.

* Niveis de actuación.

* Procedemento operativo.

* Implantación do plan.

As medidas que determinan a operatividade refírense a:

* Protección á poboación.

* Protección dos bens.

* Socorro e rescate.

* Intervención.

* Reparadoras.

5.1. Situación de alerta.

O Platerga organízase por situacións de alerta, que identifican o nivel do plan que é activado en cada momento da emerxencia. A principal vantaxe que supón esta organización é a de asegurarlles ós afectados que no momento da emerxencia sempre hai un nivel superior en condicións de actuar, xa que está en alerta.

A activación dos niveis de alerta realízase a partir do momento no que se detecte o suceso e se informe del ó correspondente nivel. A activación dos niveis realízase en sentido ascendente, segundo cada nivel pase de situación de alerta á situación de emerxencia.

1. Alerta 0 (cero).

A activación do plan nesta fase de alerta caracterízase por:

1.1. Detección ou predicción dunha situación que poida dar lugar á activación do plan.

1.2. Notificación do suceso ó nivel correspondente do plan.

1.3. Activación do nivel 0 en fase de alerta naquel concello afectado polo suceso, a través do Cecopal.

2. Alerta 1 (un).

2.1. O suceso ocorreu e estase loitando contra a emerxencia a nivel 0.

2.2. O Cecop-Provincial alerta os medios e recursos do nivel 1 por se é necesaria ben a activación do plan ó dito nivel ou a actuación dun grupo determinado do que careza o nivel 0.

3. Alerta 2 (dous).

3.1. Foi necesario activa-lo plan a nivel 1.

3.2. O Cecop-Galicia alerta os restantes Cecop provinciais e os medios dependentes por se é necesaria a súa actuación.

4. Alerta 3 (tres).

4.1. Activouse o plan a nivel 2.

4.2. Alertarase e comunicarase á autoridade competente da Administración xeral do Estado correspondente, en función do ámbito territorial da emerxencia, de acordo cos mecanismos establecidos neste plan.

Na medida do posible conservaranse as estructuras operativas nos distintos niveis do plan, de igual xeito que no aspecto organizativo se mantiveron as estructuras de mandos e xerarquías. Neste sentido:

Os Cecopal poderán transformarse en PMA no momento da activación a nivel 1. Isto permite que a dotación dos medios do Cecopal sexa aproveitada. Pola contra, esíxese que os medios asignados ó Cecopal sexan totalmente compatibles cos medios do nivel superior.

Os grupos operativos mobilizados no nivel 1 dependerán do mesmo mando no nivel 2, onde colaborarán cos medios similares doutras provincias activadas. Isto tamén esixe unha compatibilidade total de medios entre grupos dependentes de diferentes Cecop provinciais.

5.2. Niveis de actuación.

A gravidade das situacións de emerxencia e a súa autonomía de xestión vén determinada por tres criterios:

* Ámbito territorial do suceso.

* Medios humanos e materiais necesarios para lles facer fronte ás emerxencias.

* Capacidade para asumi-las consecuencias socioeconómicas derivadas da situación.

Considerando os tres criterios citados podemos considera-los seguintes niveis de actuación: 0, 1, 2 e 3.

5.2.1. Nivel 0.

Considérase unha emerxencia do nivel 0 a que abarca exclusivamente o territorio a nivel local.

Enténdese por nivel local:

* Concello.

* Mancomunidade de concellos, sempre que teñan mancomunados os servicios de Protección Civil.

* Comarca, cando esta estea constituída legalmente e dispoña de servicios de Protección Civil.

A emerxencia neste nivel pode ser controlada cos medios propios do nivel local ou coa colaboración dos medios previstos no Platerga.

A declaración deste nivel correspóndelle ó director do plan a nivel local, que é o alcalde, como xefe local de Protección Civil, ou persoas nas que delegue.

Declarado este nivel de emerxencia o Platerga realiza soamente funcións de seguimento e avaliación, garantindo, se é o caso, a prestación do apoio correspondente.

Neste nivel non se activa o Platerga, aínda que ás veces podería ser necesario activar parte dos seus medios, en proporción ás accións que hai que executar.

Cando se declara este nivel, se a evolución da emerxencia é desfavorable, podería ter que pasarse a un dos niveis seguintes.

5.2.2. Nivel 1.

Considéranse emerxencias de nivel 1 cando a nivel local non poden facer fronte a ela, ou cando a extensión da emerxencia supera os límites xeográficos do nivel local.

A decisión de declara-la emerxencia, neste nivel, correspóndelle ó delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil (que é o director do Platerga a nivel provincial), por decisión propia ou por instancia do director do Platerga a nivel autonómico ou por petición do/s alcalde/s do/s concello/s afectado/s.

Neste nivel declárase xa a aplicación do Platerga a nivel provincial.

5.2.3. Nivel 2.

Considéranse emerxencias do nivel 2 as que afecten a máis dunha provincia ou a toda a Comunidade Autónoma, ou as que soamente afectan a unha provincia e esta non ten medios abondo para lles facer fronte.

A declaración do nivel 2 correspóndelle ó director do Platerga a nivel autonómico.

Neste nivel, a aplicación do Platerga é total, e utilízanse tódolos medios e recursos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e outros alleos, previstos no plan.

O final da emerxencia será declarado tamén polo director do Platerga.

Neste nivel poden darse circunstancias nas que estea presente o interese nacional e neste caso o director do Platerga a nivel autonómico solicitará a declaración do nivel 3.

A volta á normalidade declárase cando cesen ou desaparezan os factores desencadeantes da emerxen

cia e cando as súas consecuencias deixen de ser un perigo para as persoas ou os bens.

A volta á normalidade significa que aínda que subsistan unha serie de secuelas non é necesaria a actuación de tódolos grupos de intervención.

5.2.4. Nivel 3.

A norma básica de protección civil prevé uns supostos nos que está presente o interese nacional, que cando se presentan, fan necesario declara-lo nivel 3.

Cando se declara este nivel a dirección do plan transfírese a un comité de dirección, formado polo representante da Comunidade Autónoma de Galicia designado polo director do Platerga, e un representante do Ministerio de Interior.

Cando se declare este nivel, as autoridades correspondentes disporán a aplicación do plan territorial correspondente (Platerga), sendo competencia da Administración xeral do Estado a dirección e coordinación das actuacións, a través do comité de dirección.

A coordinación dos medios propios da Comunidade Autónoma de Galicia e os asignados, correspóndelle ó director do Platerga.

Cando desaparecen os factores que desencadearon a emerxencia, a dirección do plan pode declara-la volta a outro nivel inferior, ou á normalidade.

5.3. Procedementos operativos.

A alerta comporta a notificación dun risco ou catástrofe na que é necesaria a activación do plan, e sérvelle de base á dirección do plan para a activación del.

A alerta ten por obxecto inducir a un estado de maior atención e vixilancia sobre os feitos e circunstancias que a provocan, e tamén, a diminución dos tempos de resposta para que a intervención sexa máis rápida e permita mante-la atención para recibir novas informacións.

A alerta sérvelle de base á dirección do plan, non só para a activación deste, senón tamén para avalia-lo suceso e as súas consecuencias, desde o primeiro momento, e para facer notificacións ós intervenientes no plan e á poboación afectada.

A planificación perante unha situación de emerxencia diminúe os efectos adversos desta, nunha elevada porcentaxe.

Se se concreta a actuación ante determinadas situacións, mellora a coordinación das accións no desenvolvemento da operatividade.

Para a activación do plan hai que considerar, por parte da dirección del, diferentes situacións e criterios:

* Se a emerxencia é de nivel 0, o Platerga poderá activarse parcialmente, para facer un seguimento e para prestar, se é o caso, apoio ó Pemu correspondente.

* Se a emerxencia é de nivel 1, o Platerga será activado polo delegado provincial da consellería con competencias en materia de protección civil, e mobi

lizaranse os medios correspondentes á provincia, activándose en situacións de alerta, os medios doutras provincias para, se fose preciso, prestar apoio.

* Se a emerxencia é de nivel 2 o plan será activado polo director do Platerga. O plan actívase integramente, mobilizando tódolos medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia e os alleos previstos no Platerga.

* Se fose necesario activar un plan especial ou un plan específico da Comunidade Autónoma de Galicia, integrarase no Platerga.

* Cando as consecuencias da emerxencia puidesen dar lugar a unha situación do nivel 3, activarase o Platerga, cos medios e recursos que poida achega-la Administración xeral do Estado, e non previstas neste plan, baixo a dirección da Administración xeral do Estado.

Cando a emerxencia se presente de forma súpeta, é importantísimo, para acada-la máxima operatividade, activa-lo plan de maneira inmediata e que as intervencións dos grupos de acción sexan o máis rápidas posible. Dependendo da rapidez da intervención producirase a minorización das consecuencias.

Se a evolución das emerxencias é lenta, o Platerga pode activarse total ou parcialmente e a intervención dos grupos de acción pode ser total ou parcial.

Co fin de favorecer e facilita-la máxima operatividade, evitando en calquera momento a improvisación dos que van intervir no Platerga, a dirección del definirá as directrices para a elaboración do manual operativo do Platerga.

Este manual operativo do Platerga é o conxunto das diferentes guías de resposta de cada un dos grupos e centros que se recollen no Platerga.

As directrices elaboradas pola dirección do Platerga fixarán e determinarán tódolos puntos e aspectos que deben ser recollidos nas diferentes guías de resposta para os distintos niveis de actuación.

As guías de resposta serán realizadas e redactadas por tódolos constituíntes e intervenientes de cada grupo, correspondendo a dirección ó xefe do grupo, baixo a supervisón e coordinación da dirección do Platerga, e a Dirección Xeral de Protección Civil.

5.4. Interfase co Plan de Emerxencia Municipal.

A integración do plan de ámbito local ou provincial no Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, realizarase de acordo co procedemento de homologación previsto na norma básica de protección civil, que na letra k) das directrices para a súa elaboración establece articulación dos plans dos distintos niveis territoriais, con homoxeneidade de formulacións, terminoloxía e contidos.

Cando se trate dunha emerxencia de ámbito local e poida ter controlada mediante resposta local, o director do plan é o alcalde (xefe local de Protección Civil), dispoñendo da Xunta Local de Protección Civil como comité asesor. Neste caso, o Platerga realizará funcións

de seguimento, e no Cecopal haberá un representante da Comunidade Autónoma.

Cando a natureza e extensión da emerxencia ou catástrofe e os recursos que se vaian mobilizar son tales que se fai necesaria unha resposta da Comunidade Autónoma Galega, procédese á integración dos plans municipais no Platerga.

Unha vez que se declara o nivel provincial ou autonómico da emerxencia, o director do plan de emerxencia municipal pasa a formar parte do comité asesor do director do Platerga.

Os distintos grupos de acción a nivel municipal pasan a formar parte dos correspondentes grupos de acción do Platerga e, se é o caso, o Cecopal pasa a PMA.

5.5. Medidas de protección.

Considéranse como medidas de protección as accións que tenden a impedir ou diminuí-los danos a persoas e bens materiais que poidan producirse, ou que se producen, en calquera tipo de emerxencia; establécese as seguintes, sen excluí-la posibilidade de adoptar outras diferentes que cada situación concreta puidese requirir:

Medidas operativas.

Medidas de protección á poboación:

* Avisos á poboación afectada.

* Evacuación.

* Asistencia sanitaria.

* Confinamento en lugares de seguridade.

* Control de estradas.

Medidas de protección dos bens:

* Previndo as consecuencias dos riscos.

* Evitando riscos asociados.

Medidas de socorro e rescate:

* Busca, rescate e salvamento de persoas.

* Primeiros auxilios.

* Triaxe sanitaria.

* Transporte sanitario.

* Albergue de emerxencia.

* Abastecemento (roupa, alimentos, auga).

Medidas de intervención:

* Accións tendentes a combate-los sucesos.

* Habilitar accesos.

* Regulación do tráfico.

* Conducción de medios á zona de intervención.

Medidas reparadoras:

* Establecer sistemas alternativos de: electricidade, auga e comunicacións.

* Restablece-los servicios públicos afectados.

* Accións específicas para a volta á normalidade.

5.5.1. Á poboación. Procedementos operativos.

As medidas de protección dirixidas a salvagarda-las persoas estableceranse con carácter prioritario a través dos procedementos operativos que racionalmente se poidan utilizar, en función dos medios dispoñibles e que mellor se axeiten ás circunstancias de cada emerxencia (tipo, localización, extensión, etc.).

Control de accesos.

Realizarase o control de accesos ás zonas sinistradas ou ameazadas, tanto de persoas como de vehículos, de maneira que non se entorpezan os traballos dos distintos grupos que actúan na zona ou zonas afectadas e naquelas consideradas de risco. Tamén será necesario, se é o caso, o control e reordenación do tráfico nas zonas adxacentes, co obxecto de facilita-la chegada de novos medios de apoio mentres se manteña a situación de emerxencia.

Con carácter xeral, este control faranno os efectivos das policías locais e os corpos de seguridade do Estado, asignados ó plan territorial podendo encomendarse algunhas funcións a membros de agrupacións de voluntarios de protección civil, como auxiliares dos axentes da autoridade.

Avisos á proboación.

Nas distintas fases das emerxencias daranse avisos periódicos á poboación, e aqueloutros puntuais que considere conveniente a dirección do Platerga, que permitan mantela informada da situación e a súa evolución; poderán levarse a cabo tamén a través de medios de transmisión, mensaxes, instruccións e recomendacións que contribúan á colaboración das persoas e á súa autoprotección, e a evitar situacións de pánico e comportamentos ou actuacións negativas.

Utilizaranse os medios de difusión públicos ou privados máis convenientes en cada caso para os comunicados de ámbito xeral. En zonas reducidas, esta función poderá efectuala a policía local a través de megafonía manual ou instalada nos vehículos.

Lugares de refuxio ou illamento.

Ante determinados riscos ou situacións perigosas para a poboación, que ameacen a súa integridade física ou a saúde, poderá dispoñerse o seu traslado a lugares de seguridade nos que permanecerán ata que se restitúan as condicións normais.

Preferentemente manteranse nas súas casas, se se consideran seguras cumprindo normas apropiadas ou adoptando medidas específicas que se transmitirían no momento oportuno.

En calquera caso, manteríase un sistema de vixilancia que permitise o seguimento da evolución da súa situación e a prestación dos apoios que se necesitasen.

Evacuación.

Acción fundamental, como medida de protección eficaz antes de que se manifeste un risco potencial,

ou ben para minora-las consecuencias a persoas despois de producirse unha catástrofe que as afecte.

Consiste no traslado, logo de desaloxo, se é o caso, dun grupo de persoas realizado dun xeito ordenado e controlado a lugares considerados seguros.

É imposible previr tódalas variantes que se poidan producir e, en consecuencia, facer unha previsión detallada das circunstancias que se poden presentar, para ter solucións previamente dispostas.

De tódolos xeitos, toda evacuación precisa dunha planificación que pode facerse para os supostos previstos no Platerga.

Previamente ó desenvolvemento desta acción, é necesario facer unha valoración baseada no coñecemento dos feitos que poidan desencadearse ou que xa se produciron e proceder despois á activación dos medios e recursos dispoñibles, na proporción que se coide axeitada.

Para desenvolve-la da acción propiamente dita de evacuar, habilitaranse unha ou máis vías para uso exclusivo dos medios que interveñan na evacuación; disporanse os medios de transporte axeitados para pesoas e en xeral de primeira necesidade, feridos, inválidos, etc., e designarase o persoal encargado do movemento das persoas (agrupacións de voluntarios de protección civil, persoal sanitario, policía local, policía autonómica, forzas de seguridade do Estado, voluntarios da Cruz Vermella etc.). Tamén poderá ser necesario dispoñer ou habilitar dependencias médicas e administrativas para o control das persoas que son desprazadas a outros lugares.

Asistencia sanitario.

No epígrafe anterior indicábase que pode ser necesaria unha primeira atención no lugar da zona afectada, como preparación para a evacuación das persoas que necesiten un traslado en condicións especiais.

O tratamento completo realizarase nos centros asistenciais nos casos que sexa imprescindible, mentres que a asistencia sanitaria de menos importancia pode realizarse nos lugares nos que se albergue as persoas afectadas mentres dura a emerxencia.

5.5.2. De bens.

De modo simultáneo, se é posible, tomaranse as medidas protectoras de bens que poidan ser afectados pola catástrofe. Evidentemente a primeira preocupación dirixirase á protección das persoas.

Trátase de rescatar ou salvagarda-los bens de maior valor ou importancia, tanto material como cultural (monumentos, bibliotecas, arquivos, etc.).

Noutros casos, será necesario aplicar medidas protectoras a bens que non teñan un interese especial, pero que de se deterioraren poden ser orixe de novos riscos que contribúan a aumenta-los danos xa producidos.

5.5.3. Valoración de danos.

Para a determinación das medidas reparadoras que proceda aplicar en cada emerxencia, procederase, pre

viamente, á valoración dos danos producidos durante a catástrofe.

A valoración destes danos levarase a cabo por parte dos técnicos correspondentes dos distintos grupos operativos ou de acción intervenientes na emerxencia, que emitirán un informe ó director do Platerga, tralo recoñecemento da zona de operacións.

Nos informes reflectiranse os distintos danos producidos ou os que puideran producirse de continua-la emerxencia, especificando dunha banda, os danos humanos, e doutra, os bens materiais afectados.

A análise dos informes dos grupos de acción permitirá, ademais, avalia-los riscos asociados, tales como instalacións de gas, electricidade, auga, entre outros.

Da valoración dos danos ocasionados na zona afectada pola catástrofe, determinarase o seu nivel de gravidade, e polo tanto, fixaranse que medios e en que cantidade son necesarios para atende-lo incidente. Do mesmo xeito, sinalaranse os grupos de acción que é necesario que interveñan e o número de membros de cada un deles.

Así mesmo, delimitarase a zona danada pola catástrofe, sinalando os seus límites ou extensión e características topográficas do terreo (zona urbana ou rural). Ademais, reflectirá o tipo de poboación afectada, número, idades, actividade, entre outros parámetros que hai que considerar.

Determinarase tamén, se se viron implicadas no sinistro instalacións industriais, que poidan, ó mesmo tempo, alterar nalgunha medida, o ambiente da zona.

Con esta valoración, tense en conta o principio de proporcionalidade entre a necesidade que se pretende atender e os medios que se consideran axeitados para iso.

5.5.4. Determinación de medidas reparadoras.

Da análise por parte do director do Platerga dos informes técnicos realizados polos distintos grupos de acción, determinaranse as medidas de enxeñería civil necesarias para lle facer fronte á rehabilitación dos servicios esenciais afectados, tales como: auga, gas, electricidade, teléfonos, transporte, sanidade.

Outorgaráselles prioridade ós recursos de titularidade pública fronte ós de titularidade privada.

Tódalas accións que se indican a continuación coordinaranse a través do Cecop.

Os servicios e subministracións esenciais ou básicos que hai que considerar son:

Subministracións:

* Auga.

* Alimentos.

* Enerxía:

Electricidade.

Combustible.

Servicios:

* Salvamento.

* Asistencia e albergue.

* Sanidade e hixiene:

* Hospitais.

* Saneamento.

Información.

Dada a interrelación existente entre algunha das subministracións e servicios é necesario establecer prioridades.

Subministración de auga.

As autoridades competentes, tanto municipais como da Administración autonómica, garantirán a subministración e potabilidade da auga para o seu consumo. En caso necesario, procederase á subministración de auga potable mediante vehículos cisterna. Subministraránselle á poboación por parte das autoridades sanitarias aquelas normas hixiénicas necesarias para evitar todo tipo de enfermidades.

Subministración de alimentos.

En situacións de emerxencia de curta duración, a subministración de alimentación é difícil que se corte, pero se a situación se prolonga, pode supoñer un problema, polo que se procederá a avalia-la situación, determinando a zona de poboación afectada, tendo en conta o número de persoas, idades, e outros parámetros.

Para a subministración de alimentos á poboación afectada estes serán mobilizados desde os centros de aprovisionamento polo grupo loxístico, mediante voluntarios.

Subministración de enerxía.

Mentres as operacións de reparación non rematen, procederase á utilización de xeradores, grupos electróxenos e calquera outro sistema que permita subministrar enerxía, sobre todo a centros sanitarios, equipos de rescate, albergues, etc.

As empresas subministradoras de fluído eléctrico e combustible e os servicios municipais encargaranse mediante os seus equipos técnicos de restablece-la normalidade. Estes traballos serán coordinados pola autoridade competente.

Servicios de salvamento.

Os equipos de salvamento son os primeiros en comparecer na zona sinistrada xunto cos servicios sanitarios, contribuíndo á rehabilitación doutros servicios públicos esenciais afectados por sinistros. Xeralmente, os integrantes destes equipos son os corpos de bombeiros, pola súa preparación e medios de que dispoñen.

Tamén se contará con grupos especiais de intervención e salvamento, así como coas forzas de seguridade do Estado, e grupos de montañismo ou submarinismo, dependendo do ámbito de actuación.

Se estes equipos fosen afectados pola catástrofe e tardaran en chegar á zona sinistrada ou fosen insuficientes polo tamaño da demanda sería necesario preparar outros equipos alternativos neste cometido.

Servicio de sanidade.

Encargaranse estes servicios sanitarios de asegurar, no posible, a boa condición sanitaria das persoas, garantindo ademais o abastecemento de medicinas, servicios mínimos de hixiene, e selección de afectados pola súa gravidade.

Este servicio encargarase de informa-la dirección do plan sobre o uso de auga e medidas que hai que tomar no caso de que estea contaminada.

Encargarase tamén de dar solución, planificar e coordina-las doazóns de sangue, se fose necesario, para os hospitais que a necesiten.

Servicio de asistencia e albergue.

Nas emerxencias que supoñan evacuación da poboación dos seus lugares de residencia, os servicios de asistencia e albergue encargaranse de proporciona-los aloxamentos alternativos necesarios en hoteis, residencias, albergues, escolas, igrexas, naves industriais e recintos deportivos entre outros.

Nestes albergues, os equipos de asistencia encargaranse de ter previsto, na medida necesaria:

* Servicios de primeiros auxilios.

* Alimentos e auga.

* Servicios sanitarios.

* Mantas, abrigos e calefacción.

* Servicio de información ó público.

* Servicio de comunicacións.

Esta situación de provisionalidade en lugares de emerxencia prolongarase o menos posible, e unha vez restablecida a normalidade pasarán ós seus domicilios.

Servicio de transporte.

Os servicios de transporte encargaranse de proporciona-los sistemas necesarios de locomoción e transporte, tanto para os afectados, empregando vehículos de emerxencia, como para o transporte de materiais de socorro e abastecemento á poboación.

Contarase cos servicios públicos e privados de autobuses, camións, transportes sanitarios, etc.

Terase presente:

* Mobilizar só os vehículos necesarios.

* Elixir unha vía de entrada e outra de saída á zona de emerxencia.

* Establecer unha comunicación entre vehículos de transporte de feridos e centros de recepción.

En caso de graves dificultades de circulación, determinaranse zonas de aterraxe de helicópteros, como medios alternativos de transporte.

Servicio de comunicacións e información.

Estes servicios danados restableceranse coa maior brevidade posible polos servicios de avarías das respectivas empresas públicas e privadas, ós que se lle prestará ó máximo apoio desde a dirección do Platerga para cumpri-lo seu cometido o antes posible.

Capítulo VI

Catálogo de medios e recursos

6.1. Introducción.

O Catálogo de Medios e Recursos de Protección Civil está formado por uns arquivos de datos descritivos numéricos e gráficos onde se recolle toda a información relativa ós medios e recursos pertencentes ás distintas administracións públicas (autonómica, local e xeral do Estado), organizacións, entidades, agrupacións, asociacións, empresas e cidadáns, mobilizables fronte a emerxencias de Protección Civil previstas no Platerga.

O catálogo é un instrumento dinámico, flexible e actualizable con capacidade de lles prestar apoio ós centros de coordinación operativa de Protección Civil, de nivel local, provincial ou autonómico, en situacións de emerxencia, catástrofe ou calamidade pública, así como á xestión diaria das solicitudes que se demanden.

6.2. Contido do catálogo.

* Son medios tódolos elementos humanos e materiais, de carácter esencialmente móbil.

* Son recursos tódolos elementos naturais ou materiais, de carácter esencialmente estático.

Polo que respecta ó seu contido, o catálogo recolle de forma estructurada:

* Medios humanos, clasificándoos en función da súa rama de actividade ou sector técnico, como persoal sanitario, grupos de intervención, de comunicacións, loxístico, entre outros.

* Medios materiais, que agrupan material de extinción de incendios e salvamento, elementos de transporte sanitario, maquinaria pesada, ferramentas auxiliares de enerxía e iluminación, de sinalización, de protección persoal, anticontaminación, e de auxilio á poboación.

* Recursos de infraestructura, tales como rede viaria, aeroportos, portos, heliportos, rede eléctrica, rede telefónica, centros hospitalarios e centros de albergue.

* Recursos naturais, recursos hídricos, áreas especiais, canteiras e minas.

* Recursos de abastecementos, alimentos perecedoiros, lácteos, imperecedoiros, envases e recipientes, combustibles.

Mobilización de medios especiais.

En determinados tipos de emerxencia pode ser necesaria a actuación de medios especiais, entendendo por estes aqueles medios que non dependen de ningunha das administracións implicadas no plan dun modo directo.

Clasificaranse nestes grupos:

* Empresas privadas de transporte.

* Clínicas privadas.

* Colexios privados non concertados.

* Empresas de servicios especiais.

* Colexios profesionais.

* Federacións, clubs deportivos.

* Fundacións culturais e recreativas.

* Comunidades relixiosas.

* E aqueloutras que se coiden oportunas.

Para mobilizar estes medios formalizaranse convenios de colaboración con todos aqueles grupos que sexa necesarios a cada nivel concreto, asignándolle-las funcións específicas dentro do plan e unha situación concreta dentro do seu organigrama que se reflectirá claramente no dito convenio de colaboración.

Así mesmo, estableceranse os mecanismos e procedementos precisos que permitan a mobilización dos medios e recursos doutros organismos e entidades non previstos no catálogo de medios e recursos do Platerga, especialmente os da Administración xeral do Estado non previstos neste plan, que poidan precisarse nos diferentes niveis, axustándose á normativa vixente.

6.3. Tarefas de catalogación. Administracións que deben cataloga-los seus recursos.

Hai catro niveis nos que se realiza a catalogación:

* Local: municipios, mancomunidades de municipios e comarcas.

* Provincial.

* Autonómico.

* Estatal.

As tarefas que se van desenvolver en cada nivel son:

* Identifica-los medios e recursos.

* Catalogar, inventariar medios e recursos de cada nivel.

* Integra-los recursos de nivel inferior nun superior.

6.4. Informatización.

En función da cantidade de información que o catálogo pode chegar a conter, é necesario a súa informatización, co obxecto de que preste un apoio áxil durante as situacións de emerxencia, de maneira que se poidan consulta-los medios e recursos en virtude de distintos parámetros.

Disporá dun software específico e apropiado ás características e requisitos da información que se vaia tratar.

A estructura e deseño da arquitectura do soporte da información permitirá que se poida acceder de forma rápida e doada ó centro de datos informáticos do catálogo; os encargados da catalogación disporán dun sistema eficaz de utilización deste que garanta

dunha maneira continuada no tempo a fiabilidade dos datos.

6.5. Soporte e utilización.

O catálogo de medios e recursos é un instrumento de suma importancia durante as situacións anteriormente descritas, e serve así mesmo como instrumento de apoio para as distintas dependencias que integran o Cecop-Galicia; está dispoñible para os usuarios e responsables dos Cecops e demais centros de coordinación e de comunicación operativa que se establezan e que estean comunicados e intercomunicados na base central de datos.

Por outra banda, co obxecto de preserva-la validez da información e a dificultade que supón a actualización dela, dotarase ós titulares dos medios e recursos (en especial a nivel local), dunha ferramenta informática que lles proporcione a estes coñecementos dos seus propios medios e ó mesmo tempo sirva como instrumento de intercambio e posta ó día da información, que consistirá en dotalos de software e as bases de datos relativas ós medios e recursos dos que teñen a titularidade.

6.6. Directrices para a súa elaboración e actualización.

O catálogo de medios e recursos elaborarase de conformidade co disposto no artigo 16 punto b da Lei 2/1985, sobre protección civil.

Para tal fin, logo de informe da Comisión Galega de Protección Civil, será aprobado o catálogo de medios e recursos do Platerga polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os catálogos de medios e recursos que se elaboren para os plans de ámbito inferior do Platerga, incluídos os plans municipais, axustaranse ós criterios e sistemática que se estableza no catálogo de medios e recursos do Platerga.

O listaxe do catálogo de medios e recursos que previsiblemente poida ser necesario en situacións de emerxencia en función dos avances da técnica que xeran novos productos e o que comporta novos riscos, fan que a lista do catálogo estea suxeita a permanentes modificacións e ampliacións.

Co obxecto de garanti-lo mantemento da unidade de códigos e integridade da base de datos, a Comisión Galega de Protección Civil determinará o organismo e designará o grupo de traballo que debe velar pola súa uniformidade así como establece-lo procedemento de actualización e mantemento do catálogo de medios e recursos.

Capítulo VII

Implantación e mantemento da operatividade do plan territorial

7. Mantemento da operatividade do plan territorial.

Enténdese por mantemento da operatividade do plan o conxunto de accións encamiñadas a garantir tanto que os procedementos de actuación previstos no plan sexan plenamente operativos, como que a súa actua

lización e axeitamento a modificacións futuras no ámbito territorial sexan obxecto de planificación.

O director do Platerga promoverá as actuacións necesarias para o mantemento da súa operatividade. En concreto, establecerá unha planificación con periodicidade mínima anual de actividades que deben desenvolverse, tanto no que se refire a comprobacións e avaliacións, simulacros e exercicios, como no tocante á divulgación á poboación e familiarización desta coas medidas de autoprotección persoal.

7.1. Comprobacións periódicas.

Unha comprobación consiste na verificación do perfecto estado do uso do material que pode utilizarse no plan. Esta revisión de medios materiais estructúrase do seguinte xeito:

* Os medios propios do nivel 0 serán actualizados pola autoridade municipal, co dobre fin de mante-la súa operatividade e manter actualizado o catálogo de medios e recursos. A Xunta Local de Protección Civil comunicaralle ó director do plan a nivel local, as altas e baixas que se produzan e que teñan influencia sobre o catálogo de medios e recursos de Protección Civil.

* Os medios asignados ós outros niveis deberán ser revisados pola autoridade da que dependan dentro dos seus propios plans de actualización.

* O persoal usuario dos medios será o responsable de realiza-la verificación operativa deles, facendo constar nun rexistro de mantemento as comprobacións efectuadas e as incidencias que se presentasen.

7.2. Programas de exercicios de adestramento dos grupos de acción.

Un exercicio de adestramento consiste na alerta de unicamente unha parte do persoal e medios adscritos ó plan (por exemplo, un determinado grupo de acción, un servicio ou unidade correspondente a un grupo de acción).

Así, o simulacro exporase como unha comprobación da eficacia do Platerga no seu conxunto; o exercicio enténdese como unha actividade tendente a familiariza-los distintos grupos de accións cos equipos e técnica que deberían empregar no caso de activación do plan. Por outra banda, ó realizarse en grupos máis reducidos, constitúe un elemento de maior axilidade có simulacro, para a verificación global do funcionamento do plan.

O responsable de cada grupo de acción preparará, de acordo co plan actual de actividades, un exercicio no que os seus membros deban empregar todos ou parte dos medios necesarios no caso de activación do plan.

O exercicio realizarase na data e hora especificadas, procedéndose a continuación á avaliación da eficacia das actuacións. Tralo exercicio, os membros de cada grupo de acción intercambiarán experiencias, impresións e suxestións co obxecto de mellora-la operatividade do plan. Aquelas que, a xuízo do responsable do grupo, puideran constituír unha mellora substancial, incorporaranse tan pronto como sexa posible.

7.3. Definición e normalizacion de simulacros.

7.3.1. Xeneralidades.

Un simulacro consiste na activación simulada do Platerga nun dos seus niveis ou na súa totalidade, co obxecto de comproba-lo funcionamento no que respecta a medios e recursos:

* O funcionamento e efectividade dos sistemas de avisos á poboación e transmisións.

* A rapidez de resposta dos grupos de acción e da aplicación das medidas de protección.

* O funcionamento (en condicións ficticias) dos grupos de acción e unha primeira avaliación da súa eficacia.

A súa finalidade é a de avalia-la operatividade do Platerga respecto das prestacións previstas e toma-las medidas correctoras pertinentes, ou revisa-la operatividade do plan, se fose necesario. Neste sentido, deben establecerse criterios para a avaliación da coordinación das actuacións e a eficacia destas.

Nembargantes, existen dous puntos que non poden poñerse a proba polos simulacros. O primeiro é a rapidez en asumi-la situación de emerxencia a niveis superiores ó nivel 0. En efecto, nun simulacro preparado de antemán, non pode darse o factor sorpresa que poida supoñe-lo cambio de nivel e a declaración de alerta para os medios nese nivel superior, atraso que, por outra banda, podería resultar de importancia capital á hora de tomar medidas de protección na zona de planificación. A capacidade dos núcleos afectados de reaccionar durante a situación de emerxencia pode, non obstante, potenciarse por un adecuado plan de emerxencia a nivel local, posto ó día e mantido operativo polos correspondentes simulacros e exercicios.

Outro punto non cualificable nun simulacro é a capacidade da organización do Platerga para facer fronte a acontecementos imprevistos, que requiran a modificación dos criterios de intervención inicialmente propostos. Esta capacidade pode potenciarse mantendo ó día os coñecementos do comité asesor, así como os correspondentes exercicios para os grupos de acción. Estes exercicios deben entenderse como procedementos máis de adestramento que de avaliación, onde puidesen producirse situacións imprevistas, que deberán solucionarse.

7.3.2. Periodicidade.

Os simulacros efectuaranse de acordo coa planificación anual establecida. Como mínimo realizarase un simulacro ó ano, non debendo transcorrer máis de doce meses entre dous simulacros consecutivos. Intentarase que cada tres anos como máximo se efectúe un simulacro nocturno.

Considérase altamente recomendable que os simulacros se realicen durante estacións climáticas distintas secuencialmente, sempre e cando as situacións climáticas non sexan necesarias para a simulación efectiva do plan.

7.3.3. Preparación e desenvolvemento.

Previamente á realización do simulacro, o comité asesor proporalle ó director do Plan Territorial da Comunidade Autónoma Galega unha situación de emerxencia con todos aqueles detalles que considere necesarios para a activación do plan.

O comité asesor establecerá unha lista de comprobación para a avaliación da eficacia do simulacro. Nela fixaranse os lugares, o momento, as persoas e os medios cos que cada grupo deberá acudir.

A lista de comprobación deberá conte-la información mínima para poder avalia-los seguintes puntos:

* Persoas que foron alertadas.

* Tempo necesario para a constitución dos grupos de acción.

* Tempo requirido para a determinación de zonas afectadas e medios necesarios.

* Persoal e medios que acoden ó escenario.

* Tempo de chegada ó escenario do suposto accidente de cada unha das unidades mobilizadas.

Na determinación de tempos de chegada e medios mínimos necesarios terase en conta, en cada caso, os seguintes factores:

* A natureza da emerxencia.

* As distancias entre o escenario da situación de emerxencia e os cuarteis xerais das unidades mobilizadas.

* Condicións meteorolóxicas e se é posible avaliación aproximada das dificultades que incluiría a activación do plan nos casos nos que as condicións meteorolóxicas sexan causa directa da susodita activación.

* Estado das vías públicas.

* Data e hora na que se produciu o simulacro.

Os tempos entenderanse contabilizados desde o momento no que o grupo ou servicio sexa alertado.

Na data e hora sinalados, o director do Platerga procederá á activación del. A partir deste momento o Platerga considerarase activado para os efectos do simulacro.

Cada grupo incorporarase ós lugares sinalados, simulando en cada momento a actuación prevista para a fase e situación de emerxencia sinalada. Así mismo, elaborará en tempo real un informe onde se rexistrarán os tempos de inicio e fin de cada operación ou etapa, incluíndo o de partida dos puntos de orixe, así como as incidencias as que houbera lugar, coa sinatura de cada responsable e a hora dela.

En cada punto onde teña lugar unha actuación relacionada co simulacro, encontrarase un observador designado polo comité asesor. Este será responsable de controla-los tempos de chegada das unidades designadas, así como dos medios necesarios. O observador realizará un informe no que se consignarán os tempos

de chegada de cada unha das unidades, así como os medios de que dispoña.

Un punto moi importante do simulacro constitúeo a verificación da operatividade real das vías de comunicación entre os distintos grupos de acción. Isto é particularmente importante nas primeiras fases do simulacro, cando a calidade da información da que se dispón é baixa e o tempo é un factor crítico. Por este motivo, a cadea de comunicacións entre o lugar da emerxencia, o Cecop e os distintos grupos de acción será obxecto de atención preferente na avaliación de simulacros.

Aínda que non sexa obxecto directo do simulacro, procurarase mentaliza-los medios humanos do nivel municipal da importancia da rapidez do inicio da resposta e de que esta depende fundamentalmente da notificación inmediata por parte dos afectados do inicio dunha emerxencia.

7.3.4. Avaliación.

Unha vez terminado o simulacro, o comité asesor comparará a información recibida dos distintos grupos de acción e dos observadores destacados nos distintos puntos de actuación coa secuencia, características e desenvolvemento das medidas tomadas.

A avaliación da eficacia dos grupos do conxunto do Platerga efectuarase de acordo coas prestacións mínimas requiridas no guión do simulacro. Non se seguirá un criterio de puntuacións, senón de fallos respecto ó obxectivo previsto, sendo o óptimo que non haxa erros. Defínese como fallo toda aquela situación na que non se verifica algún dos requisitos especificados na lista de comprobación do simulacro (por exemplo, chegada con atraso, sen os equipos axeitados, etc.). No caso de que se produza máis dunha de tales circunstancias contabilizarase o número de fallos correspondentes.

Ó éxito total do simulacro corresponderá á presencia dos medios humanos e materiais previstos en condicións axeitadas ó funcionamento, no lugar prefixado, á hora prevista, para cada etapa do seu labor.

Analizaranse os erros en calquera das etapas destes obxectivos e incorporarase a experiencia ás normas operativas do grupo correspondente, para ser obxecto de especial atención no seguinte simulacro.

Se algún simulacro resultase moi deficiente por causas climáticas ou de calquera outra especie, repetirase en condicións o máis semellantes posible ás da primeira oportunidade tan pronto coma sexa posible.

7.4. Información a poboación.

As medidas de protección persoal á poboación constitúen un complemento indispensable ás medidas adoptadas polo plan. Por esta razón, e co fin de familiarizarse con elas e facilita-la aplicación doutras medidas de protección, é fundamental que a poboación afectada teña un coñecemento suficiente do contido do Platerga e das actitudes que debe adoptar ante os avisos de emerxencia.

Neste sentido, a Dirección Xeral de Protección Civil, coa colaboración dos concellos afectados, promoverá periodicamente campañas de sensibilización entre a poboación da zona planificada.

Estas campañas deberán fundamentarse en folletos descritivos das medidas de protección persoal que deben adoptarse, redactados nos termos descritos no punto seguinte, e, se é o caso, material audiovisual.

Como apoio a esta información escrita ou filmada deben organizarse, entre outros, os seguintes actos:

* Charlas e conferencias sobre os obxectivos e medios do Platerga.

* Demostración de accións de protección persoal.

* Información cada vez que se produza unha activación do Platerga, sexa real ou simulada.

Os plans de emerxencia municipal e os relativos ó Platerga serán públicos e poderán ser consultados por calquera persoa física ou xurídica.

7.5. Medidas básicas de autoprotección persoal.

Como se indicou no punto anterior, a ferramenta fundamental para a divulgación do Platerga entre a poboación afectada son as campañas baseadas na información escrita e filmada.

A forma concreta desta información pode depender tanto da idiosincrasia local como do estado da opinión pública. En consecuencia, o gabinete de información redactará estas comunicacións para cada caso concreto, baixo a dirección do director do plan, e a supervisión do comité asesor. En calquera caso conterán, como mínimo, a seguinte información:

* Descrición da alarma, así como calendario de datas e horas en que teña lugar a campaña de familiarización coas medidas de autoprotección.

* Actuacións en caso de alarma.

* Concentración da poboación afectada nas zonas destinadas para tal fin.

* Confinamento da poboación naqueles puntos que o Platerga o considere, e adopción de medidas de autoprotección que a poboación debe desenvolver.

* Definición dos medios de comunicación que a poboación afectada debe empregar para recibi-las ordes correspondentes, emprego de teléfonos de emerxencia e actuacións non recomendadas e/ou prohibidas na situación de emerxencia.

O folleto informativo estará constituído dun material e terá un formato tal, que poida ser facilmente conservable pola poboación e manterase nun lugar de fácil consulta no caso de necesidade.

As indicacións serán claras e concisas, evitándose os tecnicismos e as frases excesivamente longas ou complexas. De feito, as instruccións redactaranse a modo de consignas fáciles de lembrar.

A campaña de descrición das medidas de protección persoal acompañarase dunha familiarización cos sinais

de alerta e de fin de alerta. Tal como xa se indicou, é necesario que a poboación afectada estea informada previamente desta campaña e sexa capaz de identifica-los sinais cando se produzan.

Así mesmo, a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Dirección Xeral de Protección Civil, en coordinación cos correspondentes servicios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo, nos centros educativos, campañas educativas para a información e a concienciación, en relación coa protección civil e a autoprotección, tanto no ámbito escolar como noutras facetas da vida cotiá.

7.6. Programas de información e capacitación do plans e actuación municipal.

Os programas de información e capacitación do persoal adscrito ós plans de actuación municipal adaptaranse ó nivel e formación do dito persoal e abranguerán, como mínimo, os aspectos seguintes:

* Descrición elemental dos riscos potenciais.

* Medidas de protección máis axustadas para previr ou mitigar cada tipo de risco.

* Descrición xeral do plan.

* Coñecemento do municipio e das zonas obxecto de planificación.

* Procedementos do plan de actuación municipal.

* Procedementos elementais de comunicacións.

Estes programas impartiranse en forma de seminarios, en colaboración coa organización do Platerga e baixo a dirección desta. Para estes efectos, disporase da colaboración da Academia Galega de Seguridade.

Capítulo VIII

Directrices para a planificación a nivel local

Co fin de permiti-la integración dos plans de ámbito local noutros de ámbito superior, a norma básica de protección civil establece unhas directrices para a súa elaboración.

Os plans de ámbito local na Comunidade Autónoma de Galicia, denominados en diante plans de emerxencia municipal (Pemu), poden corresponder a un só concello ou a varios segundo a definición do ámbito local feita no punto 5.2, niveis de actuación, subpunto 5.2.1, nivel 0.

Estes plans de emerxencia municipal (Pemu), fundamentalmente, serán preventivos e de autoprotección e perseguirán os seguintes obxectivos:

* Organiza-las funcións básicas da Protección Civil a nivel local.

* Promover actividades de autoprotección corporativa e cidadá.

* Identificar e analiza-los distintos riscos a nivel local.

* Determina-las medidas de prevención fronte ós riscos detectados.

* Informar e conciencia-la poboación sobre o risco e medidas de protección.

* Coordinar tódolos recursos municipais para proceder a dar unha resposta rápida en caso de emerxencia.

* Coordina-lo procedemento de integración do Pemu no Platerga, de acordo coas directrices deste.

8.1. Esquema do desenvolvemento do plan de emerxencia.

Marco legal: recollerá o marco legal que permite o desenvolvemento do plan, así coma os órganos competentes que deberán actuar nel.

Obxecto e antecedentes: memoria xustificada da necesidade dun plan, tanto polas características do concello como polos antecedentes históricos de emerxencias.

Ámbito xeográfico: débense realizar de modo xeral, cubrindo todo o ámbito de aplicación, é dicir, todo o territorio, sen ter en conta a sectorización do risco:

* Situación e topogragía.

* Climaticación.

* Vexetación.

* Demografía.

* Aspectos socioeconómicos.

Identificción do risco: debe definir cál é o risco que produce cada unha das fontes descritas no punto anterior, indicando a súa xeración e, se é posible, cuantificándoo mesmo.

Descrición das fontes de risco presentes no concello: trátase dun estudio de tódalas posibles fontes de risco que existan no ámbito de aplicación, tanto naturais como industriais ou de infraestructura, tratando de describilas do xeito máis detallado posible, co fin de poder tipifica-lo risco coa maior exactitude.

Análise de consecuencias: coa información obtida nos dous puntos anteriormente mencioanados, realizarase un estudio detallado das consecuencias, cara ó ámbito da aplicación, de cada un dos posibles eventos derivados desas fontes de risco. A análise de consecuencias será o suficientemente rigorosa como para poder priorizar aqueles eventos de alto risco que serán os que se planifiquen a partir dese momento. Establecerá un segundo nivel de risco medio, sobre o que se estará pendente, pero sen a necesidade de elaborar un estudio exhaustivo; e finalmente un nivel de risco baixo, para o que se actuará autonomamente, sen ter que decretar unha emerxencia.

Nivel de riscoNivel de precisiónNivel de dirección

AltoPlan específicoComité de dirección
MedioAnalizado no PemuXefe local P. Civil
BaixoRecollido no PemuXestión autónoma

-Estructura, organización e funcións:

Dirección: definirase a persoa que dirixirá e coordinará tódalas accións que se van desenvolver no Pemu.

Comité asesor: que estará formado polos membros da Xunta Local de Protección Civil, e se o considera necesario a dirección, por persoas de especial competencia no tipo de riscos planificados.

Grupos de acción: definiranse, segundo o tipo de emerxencia que se considere, o número de grupos de acción necesarios e as funcións de cada un deles, tendo en conta que os mandos deben estar definidos de antemán así como as funcións de cada un deles. No caso de contar nestes grupos con medios e recursos alleos ó propio concello, deberase establecer previamente a forma de mobilización deles, a liña de mando dos indicados medios e recursos e as persoas responsables deles.

Director técnico da emerxencia: técnico do concello con experiencia, que será normalmente o técnico municipal de protección civil, xefe de bombeiros ou o xefe da policía local.

Posto de mando avanzado: definirase un Posto de Mando Avanzado (PMA) no que se atopará o director técnico da emerxencia, único para o plan, cunha localización alternativa e que reúna as seguintes características:

* Fácil acceso.

* Dotado de sistemas de comunicación.

* Preto á emerxencia.

* Libre de riscos derivados do evento.

No caso de que o lugar máis idóneo pertenza a unha persoa física ou xurídica diferente do propio concello, deberase pactar con ela, de antemán, a localización e o equipamento, así como a autoridade que teña o mando do indicado Pemu. Nunca se exporán localizacións diferentes para distintas emerxencias.

Cecopal: constituirase un Cecopal desde onde a dirección do plan dará as ordes oportunas, centralizándose a información que se reciba do PMA sobre a emerxencia, que será xestionado por un gabinete de información nomeado pola dirección do plan.

Notificación e activación do plan: definirá os casos e o momento exacto nos que se activa o plan, así como as vías de notificación del e a persoa encargada de da-la orde formal de activación.

Mantemento da operatividade:

Programa de formación dos grupos de acción.

Programa de información á poboación.

Programa de simulacros.

Programa de revisións do plan.

ANEXOS

A.1. Directorio: constará, de maneira ordenada e seguindo os diferentes grupos incluídos no plan dos teléfonos e enderezos de todas aquelas persoas e servicios que terán actuación directa nos operativos

derivados do plan. Igualmente constará dos sistemas de comunicación necesarios para a notificación do plan a niveis superiores e todos aqueles que poidan ser de interese.

A.2. Plan de transmisións: tipificará e definirá o tipo de transmisións que se vaian realizar durante o plan, os medios que se empreguen e a cobertura que se poida conseguir con eles de todo o ámbito de planificación.

A.3. Cartografía: o plan disporá de toda a cartografía existente do ámbito de planificación, con sectorización das zonas de risco.

A.4. Manuais operativos: o plan disporá dunha copia dos manuais operativos de cada un dos grupos de acción, nos que se definirán as actuacións específicas deles e que serán da máxima brevidade e claridade.

A.5. Catálogo de medios e recursos: axustarase ós criterios e sistemática que estableza o catálogo de medios e recursos do Platerga.

8.2. Xuntas locais de Protección Civil.

En Galicia, debido á alta porcentaxe de concellos rurais, nos que a dispersión da poboación fai que cada un deles estea constituído, ó mesmo tempo, por diversos núcleos de poboación afastados entre si pola accidentalidade xeográfica, é necesaria a creación das xuntas locais de Protección Civil, como entidades de apoio ó xefe local de Protección Civil (alcalde), para auxilialo, aconsellalo e asistilo, en temas que, debido á súa natureza, requiren, en ocasións, unha intervención inmediata.

A composición e funcións das xuntas recóllese no punto 3.4. do Platerga.

A Dirección Xeral de Protección Civil, como órgano responsable en materia de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, fomentará a creación e constitución das xuntas locais de Protección Civil.

Nos concellos que non teñan elaborado, aprobado e homologado o Pemu, será a Xunta Local de Protección Civil a que indicará as normas e actuacións que hai que seguir, no caso de que se produza unha emerxencia.

8.3. Aprobación e homologación dos plans de emerxencia.

De conformidade co disposto no capítulo III, artigo 8, punto 8.3 da Norma básica de protección civil, as entidades locais elaborarán e aprobarán os seus correspondentes plans de emerxencia.

De acordo coa dita norma, para que os Pemu poidan integrarse no plan de emerxencia a nivel superior Platerga, terán que recolle-las indicacións sinaladas nas directrices do punto 8.1, e posteriormente ser homologados pola Comisión Galega de Protección Civil.

ANEXO III

Características e modelo do distintivo de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia

Descrición.

Consta dunha silueta do mapa da Comunidade Autonóma de Galicia de cor azul prusia, e no seu interior un triángulo equilátero de cor azul cobalto, coas súas arestas de cor branca, quedando os vértices do triángulo na parte interior do mapa. Orlado este último de esquerda a dereita e simetricamente pola lenda «Protección Civil», na súa parte superior, e, na parte inferior, pola lenda «Xunta de Galicia», cando se utilize polas autoridades de Protección Civil da Xunta de Galicia.

Cando sexa empregada pola Administración local levará o nome do concello, ou, se é o caso, da mancomunidade de municipios, ou da comarca.

No suposto de que se autorice o seu emprego a unha AVPC, levará o nome de AVPC, e do concello onde radique, conforme as directrices que indique a autoridade competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

Todo isto dentro dun círculo de cor branca, que na súa parte superior rematará cunha coroa real española en cor azul cobalto, segundo o modelo que se indica seguidamente: