Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 29 de febreiro de 2000, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación para os terreos incluídos na unidade de actuación 48 (UA-48) situados na parcela do Balneario, Arteixo, promovido por Máximo Domingo Mosquera Calvete, en representación de Pablo Diego Mosquera Calvete, C.B., redactado polos arquitectos Ramón P. Quiroga Álvarez e X. Alfonso Quiroga Berdeal, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán exmina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 1/00.COM).

Arteixo, 16 de marzo de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde