Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de alimentación no Complexo Hospitalario de Pontevedra, no centro Hospital Provincial, mediante concurso público, polo procedemento aberto. (Expediente 01CHOP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde comunicada do 2 de febreiro de 2000 do presidente do Sergas, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público nº 01CHOP, polo procedemento aberto seguinte:

1. Obxecto e orzamento: o contrato ten por obxecto a prestación do servicio de alimentación do Complexo Hospitalario de Pontevedra, no centro Hospital Provincial, que abarcará as seguintes facetas ou seccións de proceso: aprovisionamento de víveres, preparación e cocción, empratado, distribución, recollida de enxoval na planta, limpeza e mantemento das instalacións e equipos específicos, así como a xestión informática de todo o proceso, por un orzamento de trescentos oito millóns (308.000.000) de pesetas para o período de dous anos. 1.851.117,28 euros. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto deste concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, ata o 31 de decembro de 2001.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitadas na sección de Contratación Administrativa do Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. C.P. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 00 (Ext. 382) ou fax 986 80 70 50, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (6.160.000 pesetas. 37.022,35 euros), que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p.11).

8. Clasificación. Grupo: III. Subgrupo: 8. Categoría: D.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirán variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2000.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra