Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, de 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición do equipamento de moblaxe clínica-asistencial e de oficina con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-06/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe clínica-asistencial e de oficina.

c) Lote: oito lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 25, do 8 de febreiro e BOE nº 37, do 12 de febreiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos vintedous millóns seiscentas oitenta e nove mil catrocentas pesetas, IVE incluído (322.689.400 ptas., IVE incluído). 1.939.402,35 euros.

Lote nº 1: 92.974.498 ptas. 558.787,98 euros.

Lote nº 2: 152.671.068 ptas. 917.571,59 euros.

Lote nº 3: 9.527.399 ptas. 57.260,82 euros.

Lote nº 4: 8.760.000 ptas. 52.648,66 euros.

Lote nº 5: deserto.

Lote nº 6: 7.400.000 ptas. 44.474,89 euros.

Lote nº 7: 1.370.000 ptas. 8.233,87 euros.

Lote nº 8: 5.961.000 ptas. 35.826,33 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: cadeiras.

Lote nº 2: mesas e armarios.

a) Data: 27 de abril de 1999.

b) Contratista: U.T.E. Sutega Mobiliario, S.L.-Permfil Madera, S.A. Amat-3, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos corenta e cinco millóns seiscentas coarenta e cinco mil cincocentas sesenta e seis pesetas, IVE incluído (245.645.566 ptas., IVE incluído). 1.476.359,59 euros.

Lote nº 3: moblaxe para rehabilitación.

a) Data: 5 de maio de 1999.

b) Contratista: Enraf Nonius Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: nove millóns cincocentas vintesete mil trescentas noventa e nove pesetas, IVE incluído (9.527.399 ptas., IVE incluído). 57.260,82 euros.

Lote nº 4: moblaxe de farmacia.

Lote nº 6: equipamento de farmacia.

a) Data: 5 de maio de 1999.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaseis millóns cento sesenta mil pesetas, IVE incluído (16.160.000 ptas., IVE incluído). 97.123,56 euros.

Lote nº 5: equipamento de tracción cervical e lumbar.

a) Data: 5 de maio de 1999.

b) Contratista: deserto.

Lote nº 7: rehabilitación-magnetoterapia e microondas.

a) Data: 7 de maio de 1999.

b) Contratista: Electromédicas Helios, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón trescentas setenta mil pesetas, IVE incluído (1.370.000 ptas., IVE incluído). 8.233,87 euros.

Lote nº 8: equipamento de rehabilitación.

a) Data: 5 de maio de 1999.

b) Contratista: Sanrosan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas sesenta e unha mil pesetas, IVE incluído (5.961.000 ptas., IVE incluído). 35.826,33 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos