Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000 relativa á adxudicación do concurso para a subministración de material informático para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2000.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación

da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 14/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso para a contratación da subministración de material informático para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2000.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 15, do 24 de xaneiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de febreiro de 2000.

b) Contratista: Archy & Siga Informática, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: tres millóns trescentas corenta e seis mil novecentas sete pesetas (3.346.907 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia