Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza 99/0087 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Día López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións pública e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Man desta consellería, segundo o artigo 68 da Lei 4/1997, de caza.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estime convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-99/0087.

Denunciado: José Mª Vázquez López.

DNI: 76.302.368-L.

Último enderezo coñecido: Avda. Finisterre, 39-3º 15004-A Coruña.

Feitos denunciados: transitar por camiño público con arma cargada.

Tipificación: artigo 58.3º da Lei de caza; cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas. Inhabilitación un ano e un día.

Expediente: C-99/0100.

Denunciado: Manuel Figueira Penedo.

DNI: 36.113. 284.

Último enderezo coñecido: Baixada ó Río, 19-36206 Vigo. Pontevedra.

Feitos denunciados: cazar sen licencia de caza e sen permiso de couto.

Tipificación: artigo 58.2º e 58.27º da Lei de caza; cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas. Inhabilitación un ano e un día.

Expediente: C-99/0104.

Denunciado: José A. La Fuente Regueira.

DNI: 76.315.933-R.

Último enderezo coñecido: Lgar. Agra Mayor-15189. Culleredo. A Coruña.

Feitos denunciados: cazar sen ter contratado o seguro obrigatorio do cazador ou telo caducado.

Tipificación: artigo 58.31º de la Lei de caza; cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas. Inhabilitación un ano e un día.

Expediente: C-00/0030.

Denunciado: Manuel Pérez Vázquez.

DNI: 32.326.595.

Último enderezo coñecido: Lgar. Anceis-Cabana-15181 A Coruña.

Feitos denunciados: atoparse con arma cargada e lista para o seu uso nun camiño público.

Tipificación: 58.33º da Lei de caza; cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas. Inhabilitación un ano e un día.