Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.232

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se nomea novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 30 de abril de 1999 (DOG nº 88, do 10 de maio),

nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

O número 6 da base quinta da Resolución do 28 de decembro de 1998 dispón que a autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomea os seus novos membros dos mesmos que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles, polo que esta división,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 30 de abril de 1999 nos termos seguintes: Tribunal de celador: o secretario titular é substituído por Andrés Castro Bande, xefe do Servicio de Ordenación Normativa e Documentación.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos