Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

Admitida unha reclamación pola esixencia de clasificación do contratista, contra do prego de condicións, procédese a reitera-lo anuncio de licitación publicado no BOP do 29 de febreiro e DOG do 28 de febreiro de 2000, abríndose un novo prazo licitatorio de acordo coas seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicataria: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución da obra de beirarrúas e saneamento en Virxe das Mareas. Lugar de execución: O Grove. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: dez millóns (10.000.000) de ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, prazo do Gorgo 1, 36980 O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58, data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 hoas.

Documentación: a establecida na cláusula 19 do prego de condicións.

Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses.

Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 21ª do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 16 de marzo de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde