Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se autoriza o cambio de localización da batea denominada Unimarsa XIX.

Visto o escrito presentado por Antonia Orro Sánchez e Antonia Martínez Orro, con DNI nº 76.292.241 e 32.748.291 respectivamente, polo que solicitan cambio de localización da batea Unimarsa XIX.

Tendo en conta os informes emitidos polo sector, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:

Batea denominada: Unimarsa XIX.

Titular: Antonia Orro Sánchez e Antonia Martínez Orro.

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 1-9-2003.

Localización anterior: polígono Sada 1, cuadrícula nº 68.

Nova localización: polígono Sada 2, cuadrícula nº 24.

Baixo as seguintes condicións:

1. O traslado da batea á nova localización contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

2. O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contando desde a publicación da presente orde.

3. A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á delegación comarcal desta consellería en Ribeira, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

4. A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela procederá recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o tribunal contencioso-administrativo competente, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura