Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 24 de febreiro de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona de Reis (Teo-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona Reis (Teo-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolveu dar posesión provisional dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para tódolos inte

resados e enténdese, sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura, sita na praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta da Coruña acompañando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o seguinte ó da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos, establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses contados desde a publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, de petición á xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 24 de febreiro de 2000.

Rodolfo Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña