Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/30-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: recuamento liñas eléctricas praza do Berbés.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.130 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde as liñas BAL 7.26, 7.29 e TRO 7.11 rematando nas liñas BAL 7.26, 7.29 e TRO 7.11, no concello de Vigo. R.B.T., aérea, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. desde o C.T. Mercado. R.B.T., subterránea, de 500 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Mercado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra