Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/27-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace Polígono 6-C.M. polígono A Granxa.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 235 m de lonxitude desde o C.T. existente Polígono 6 ata o C.M. polígono A Granxa, no concello do Porriño. Reforma C.T. Polígono 6 cunha cela de liña CML-SF6. Reforma C.M. polígono A Granxa cunha cela de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra