Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/397-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: reforma C.T. Real e R.B.T.

Situación: Moaña.

Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, na rúa Fragata Almansa, concello de Moaña. R.B.T., aérea, de 128 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. O Con.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra