Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía da obra de acondicionamento dunha nova ponte sobre o río Sil e accesos no Barco de Valdeorras.

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería, S.L.

Orzamento: 8.000.000 de ptas.

Asistencia técnica para a edicción en formato CD-ROM da memoria de tráfico (ano 1998) da rede de estacións de aforos de vehículos da Xunta de Galicia, mediante unha aplicación informática-ampliación da aplicación con datos relacionados coa IMD.

Adxudicatario: Ingeniería y Servicios de A Coruña, S.L.

Orzamento: 7.109.060 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio de planeamento da rede viaria da península do Morrazo e do estudio informativo e impacto ambiental da vía rápida do Morrazo e accesos a esta.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 19.988.192 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo de planeamento diagnose da rede de transporte por estrada nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol e as súas áreas de influencia.

Adxudicatario: UTE Ciisa-Iceacsa-Proyfe-Idasa-Ufisa.

Orzamento: 75.947.028 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto da obra da Escola de Técnicos de Obra de Lalín. Pontevedra. Para os trabllos de dirección de obra. Convenio CPTOPV-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Adxudicatario: Enrrique Barreiro Álvarez.

Orzamento: 10.076.920 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada PO-403 Ponteareas-Salvaterra de Miño.

Treito: A-52-Salvaterra.

Adxudicatario: Prointec, S.A.

Orzamento: 9.986.476 ptas.

Asistencia técnica desvíos dos servicios afectados polas obras de estradas, existentes de ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.L.

Orzamento: 13.650.058 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de obras de infraestructura viaria no termo municipal de Lugo. Convenio CPTOPV-Instituto Galego da Vivenda e Solo-Deputación de Lugo-Concello de Lugo.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 23.359.665 ptas.

Asistencias técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-200.

Treito: Laro-Aciveiro.

Adxudicatario: Topogray, S.L.

Orzamento: 2.907.290 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda