Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997.

Nomeados pola Resolución do 14 de outubro de 1999 (DOG nº 205, do 22 de outubro) funcionarios en prácticas, os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997, para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, unha vez rematado o curso selectivo previsto na base III da convocatoria, vista a proposta do tribunal que cualificou este e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas con

cordantes e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados nos correspondentes sistemas de acceso, e de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as, de conformidade coa base VII.2 da convocatoria, ós postos de traballo elixidos polos interesados que así mesmo se especifican, e co carácter que se menciona.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A)

Escala superior de finanzas

Acceso libre

Posto de destino

Apelidos e nomeDNIPuntosEspecialidade escalaCódigoDenominaciónLocalidadeCarácter con

que se ocupa

1Martínez Santamarina, Eusebio33.993.087144,10Inspección TributariaEFC991000032001059Xefe Servicio Inspección TributariaOurenseProvisional

2Sicre Romero, Mª Ángeles32.669.995140,41IntervenciónEFC030000215770013Xefe Servicio Contas e Análises FinanceirasSantiago de C.Provisional

3Morán Méndez, Eloy C.76.902.856140,12IntervenciónEFC030000415770005Xefe Servicio Control Financeiro Sociedades MercantísSantiago de C.Provisional

4Rey Jorge, Ana33.295.992137IntervenciónEFC030001215770005Xefe Servicio Fiscalización e ContabilidadeSantiago de C.Provisional

5Bueno Rey, Sandra36.124.969136,7Xestión TributariaEFC991000036001075Xefe Servicio RecadaciónPontevedraProvisional

6Martín Hierro, Socorro32.765.508133,20IntervenciónEFC030000115770005Xefe Servicio Fiscalización e XestiónSantiago de C.Provisional

7Rodríguez Sánchez, Carlos32.810.968132,03Inspección TributariaEFC991000027001086Inspector TributarioLugoDefinitivo

8Muñoz Fonteiriz, Elena36.119.950131,93IntervenciónEFC030001415770005Xefe Servicio Fiscalización e ContabilidadeSantiago de C.Provisional