Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidación derivados de actas de desconformidade (A02) e cartas de pagamento pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Recreativos Silma, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónanse acordos de liquidación derivados de actas de desconformidade (A02) e cartas de pagamento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, de Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Recreativos Silma, S.L.

CIF: B-15.102.890

Avda. Os Mallos, 108, P. 7

A Coruña

Taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 1995.

Expte.: Z-2406/1999

Doc.: 030128

Recreativos Silma, S.L.

CIF: B-15.102.890

Avda. Os Mallos, 108, P. 7

A Coruña

Taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 1996.

Expte.: Z-2407/1999

Doc.: 030129

Recreativos Silma, S.L.

CIF: B-15.102.890

Avda. Os Mallos, 108, P. 7

A Coruña

Taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 1997.

Expte.: Z-2408/1999

Doc.: 030130