Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do expediente sancionador de epizootias OU-T-130/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín o procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootías (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 44/030003919/6 da Caixa Vigo e Ourense, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, 32003 Ourense.

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada. Transcorrido o prazo indicado sen for

mula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 18 de febreiro de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-130/1999.

Interesado: Francisca María Arcos Pérez García.

DNI nº: 72.771.144-H.

Último enderezo coñecido: r/ San Lamberto, nº 10, Madrid.

Feito denunciado: transportar un can de caza no remolque matrícula PO-5856-BK, sen esta-lo vehículo inscrito no Rexistro Provincial de Sanidade Animal, que o autoriza para o transporte de animais vivos.

Tipificación da infracción. Preceptos infrinxidos: artigo nº 52 do Regulamento de epizootias aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1955, modificado polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 10.000 pesetas.