Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para secretarios, interventores e tesoureiros de Administración local.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola

Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cursos de informática de xestión municipal para secretarios, interventores e tesoureiros de Administración local que figuran no anexo I desta resolución, que se desenvolverán conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalo coa presentación da instancia segundo o modelo oficial que figura como anexo II a esta resolución, e cubrila en tódolos epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 10 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Segunda.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG número 149, do 3 de agosto).

Terceira.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP, do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas, do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

CURSOS DE INFORMÁTICA DE XESTIÓN MUNICIPAL

Curso de informática para interventores e tesoureiros de Administración local.

1. Obxectivos.

Iniciación no funcionamento dun ordenador. Coñecementos básicos. Manexo do sistema operativo. Utilización do ordenador como ferramenta de comunicación.

2. Destinatarios.

Interventores e tesoureiros de Administración local con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: 10, 12 e 24 de abril e 8 de maio de 2000.

3.4. Horario: das 10 ás 14 e das 15 ás 18.30 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos de manexo dun ordenador: concepto de bit e byte, partes fundamentais dun ordenador persoal, redes de ordenadores, arquivos: programas e datos, programas de uso máis habitual nas oficinas dos concellos. Sistema operativo. Internet: antecedentes, conceptos básicos iniciais, World Wide

Web, o correo electrónico, configuración dos programas necesarios.

Curso de informática para secretarios de Administración local.

1. Obxectivos.

Iniciación no funcionamento dun ordenador. Coñecementos básicos. Manexo do sistema operativo. Utilización do ordenador como ferramenta de comunicación.

2. Destinatarios.

Secretarios de Administración local con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: 20, 22, 27 e 29 de setembro de 2000.

3.4. Horario: das 10 ás 14 e das 15 ás 18.30 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos de manexo dun ordenador: concepto de bit e byte, partes fundamentais dun ordenador persoal, redes de ordenadores, arquivos programas e datos, programas de uso máis habitual nas oficinas dos concellos. Sistema operativo. Internet : antecedentes, conceptos básicos iniciais, World Wide Web, o correo electrónico, configuración dos programas necesarios.