Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.880

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO 1 DO PLAN PARCIAL AS GALERAS-OLEIROS

ANUNCIO.

Por resolución da Asemblea Xeral da Xunta de Compensación do polígono número 1 do plan parcial As Galeras, Liáns, Oleiros, con data do oito de febreiro de dous mil, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono.

En cumprimento da normativa urbanística vixente, sométese a información pública o expediente do referido proxecto de compensación, no Concello de Oleiros, polo prazo de vinte días, a través de anuncio, no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de marzo de 2000.

César Pérez Maldonado

Secretario da Xunta de Compensación Polígono número 1, plan parcial As Galeras, Oleiros