Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Melide.

O Concello de Melide, en sesión extraordinaria do 28 de xaneiro de 2000, acordou retrotraer actua

cións no expediente administrativo para a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Melide, referente a criterios interpretativos relativos á ordenanza nº 1 residencial extensiva vivenda unifamiliar, e aprobar de novo inicialmente a dita modificación, segundo texto redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos.

En cumprimento do establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o texto íntegro da devandita modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Melide, así como o expediente administrativo, por prazo de un mes, mediante a publicación de anuncios que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior circulación na provincia e no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo, que empezará a contar a partir do día seguinte hábil ó da derradeira publicación, calquera persoa física ou xurídica poderá examina-lo expediente nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, para formula-las alegacións e observacións que coide oportunas.

As áreas do municipio afectadas pola suspensión do outorgamento das licencias serán todas aquelas con novas determinacións que supoñan unha modificación do réxime urbanístico existente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Melide, 9 de febreiro de 2000.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde