Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CHANTADA

ANUNCIO.

Aprobadas inicialmente polo Pleno do Concello as modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Chantada seguintes:

-Proxecto técnico que afecta ó treito de terreo que desde a rúa de Luis Soto Lemos conduce á praza de nova creación que percorre paralela a rúa Pardo Bazán, por instancia dos veciños, José Manuel López López, Javier Vázquez Vázquez e Emilio López Sotelo.

-Proxecto técnico que afecta a un treito de terreo que partindo da Avda. de José Antonio conduce a vial, sen urbanizar na actualidade, que discorre pegado á beira do río Asma.

-Proxecto técnico que afecta a un treito de terreo da rúa desde a CN-540 ó campo de fútbol, e que consiste en urbaniza-lo acceso desde a Ponte Nova (extrada CN-540), conduce ó Parque de Sangoñedo, mediante a segregación do solo ocupado polo dito acceso, da delimitación do solo urbanizable programado (SUP 1).

Sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG, para que durante o dito prazo poidan ser examinados por calquera persoa física ou xurídica nas oficinas municipais, para formular alegacións ou observacións que se estimen pertinentes.

Nas áreas afectadas polas modificacións queda suspendido o outorgamento de licencias de acordo

co especificado no artigo 34 da Lei do solo de Galicia, por canto as modificacións afectan ó réxime urbanístico vixente para elas.

Chantada, 23 de febreiro de 2000.

Manuel L. Varela Rodríguez

Alcalde