Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui.
enderezo social: A Coruña 20, 36000 Tui.
Denominación: recuamento L.M.T. Regueira-Areas.
Situación: Tui.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 15 kV, de 21.321 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, e 524 m o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V,, desde a L.M.T. ponte internacional ata o C.T. existente dos Gaios, na Regueira-Areas, concello de Tui.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 17 de febreiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra