Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes a demandas instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar (expediente XA 20/1998 e catro máis).

Por esta cédula notifícaselles ós demandados, cos datos e último enderezo coñecidos sinalados no anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de anulación perante a Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ó da publicación desta

cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados, de enderezo descoñecido, ou ben porque intentadas as notificacións non se puideron efec

tuar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Demandante-Demandado-Último enderezo coñecido-Feitos demanda-Data-Contía demandada-Data vista Xunta Arbitral-Lugar

XA 20/98

Transportes Azkar, S.A.

José Lafuente Lorenzo

Rafael Alberti, 23, baixo

15008 A Coruña

Prestación servicios de transporte sen pagamento posterior de portes.

Xullo a agosto de 1997.

64.846 ptas.

18-xaneiro-2000, 16.30 h.

Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación

XA 74/98

Transportes Azkar, S.A.

Arotex 3000, S.L.

Verona Terol, 24

17250 Platja D'aro (Girona)

Prestación servicios de transporte sen pagamento posterior de portes.

Maio 1998.

305.441 ptas.+xuros legais.

18-xaneiro-2000, 16.45 h.

Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación

XA 6/99

Transportes Azkar, S.A.

Conectica, S.L.

Avda. Florida, 97

36210 Vigo (Pontevedra)

Prestación servicios de transporte sen pagamento posterior de portes.

Setembro a novembro de 1998.

118.462 ptas.+xuros legais.

18-xaneiro-2000, 17 h.

Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación

XA 18/99

Transportes Azkar, S.A.

Megawat, S.A.

Edison, 6

15008 A Coruña

Prestación servicios de transporte sen pagamento posterior de portes.

Novembro de 1998.

64.976 ptas.

18-xaneiro-2000, 17.15 h.

Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación

XA 26/99

Transportes Azkar, S.A.

Exclusivas Pevi, S.L.

Avda. de Lugo, 5

15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Prestación servicios de transporte sen pagamento posterior de portes.

15-12-98

3.479 ptas.

18-xaneiro-2000, 17.30 h.

Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5, 2º A, Santiago de Compostela.

Estimada a reclamación