Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación do concurso aberto da obra de desdobramento do corredor CR-G.1.1 de Catabois a Igrexafeita, treito I. Convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 21 de setembro de 1999. (Clave AC/98/146.1).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador: Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral de Estradas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España), teléfono nº 981 54 49 86, telefax nº 981 54 47 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: desdobramento do corredor CR-G.1.1 de Catabois a Igrexafeita, treito I. Convenio entre o instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 21 de setembro de 1999.

Orzamento: 1.439.860.250 ptas.; 8.653.734,39 euros.

3. a) Lugar de execución: A Coruña.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

c), d).

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 24 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

b) 6. a) Data límite de recepción das ofertas: ás 12 horas do 4 de maio de 2000.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no número 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 19 de maio de 2000, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. De se-lo caso, fianza e garantías esixidas: esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (28.797.205 ptas.), (173.074,69 euros)

e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (57.594.410 ptas.), (346.149,38 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses consonte o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14.

15. Información complementaria: clasificación grupo G, subgrupo 4, categoría f.

16.

17. Data de envío do anuncio: 14 de marzo de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 14 de marzo de 2000.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda