Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso Cameselle, Manuela e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Valoracións da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 24 de febreiro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alonso Cameselle, Manuela

DNI: non consta

Lg. Canido-Matoca, 16

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. S-58/99

Álvarez Graña, José Manuel

DNI: non consta

Avda. García Barbón, 74-7 P

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 7534/96

Evigosa, S.L.

CIF: non consta

Fotógrafo Irmáns Sarabia, 1

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 1119/97

Promociones Inmobiliarias Apartiun

CIF: non consta

Jenaro de la Fuente, 6

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 13651/97

Rivadulla Fernández, Mª Teresa

DNI: non consta

Orquídea, 2-4º H

Lugo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. D-225/98

SCL. Vitra Galicia

CIF: non consta

Fernando III, 26-2

Santiago de Compostela

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 21954/96