Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.791

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se modifica a do 28 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O Decreto 309/1998, do 6 de novembro (DOG nº 226, do 20 de novembro), aproba a oferta de emprego público do persoal das II.SS. do Sergas para os anos 1998-2000. Na súa virtude, pola resolución deste centro directivo do 28 de decembro de 1988 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, traballador social, cociñeiro, ATS/DUE, matrona, fisioterapeuta, logopeda, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, celador e pinche.

O número de prazas para cubrir é o que se especifica, para cada unha das categorías, no seu anexo I, tendo en conta o disposto no artigo 1.2º do Decreto 309/1998, do 10 de marzo, para incrementa-la contía da oferta coas vacantes producidas pola resolución dos procesos de provisión do 9 de xullo de 1998 (DOG nº 136, do 16 de xullo) e do 25 de maio de 1999 (DOG nº 107, do 7 de xuño).

Así pois, resolto este último por Resolución do 14 de febreiro de 2000 (DOG nº 42, do 1 de marzo), procede incrementa-lo número de prazas inicialmente ofertadas. Polo tanto

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-lo anexo I da Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro

de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, nas categorías afectadas, nos seguintes termos:

CategoríaAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

total

ATS/DUE43515219606

Matrona9312

Fisioterapeuta8311

TEL2811241

TER145120

TEAP8311

Hixienista dental9211

Auxiliar enfermería2749612382

Grupo técnico da función administrativa 6 xurídica

4 económica

3 xurídica

2 económica

15

Grupo de xestión da función administrativa115117

Traballador social145120

Logopeda426

Cociñeiro10414

Auxiliar administrativo119425166

Persoal de servicios xerais3813253

Celador2669312371

Pinche105375147

Segundo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos