Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 2 de marzo de 2000 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso entre aspirantes aprobados nas últimas oposicións, convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 5 de novembro de 1999 (BOE do 24 de novembro) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

Fernando-Eduardo Anegón Hijosa, nº de escala 931, para o Rexistro de Muros (A Coruña).

Guillermo Colomer Lloret, nº de escala 932, para o Rexistro de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Juan Marrero Francés, nº de escala 933, para o Rexistro de Celanova (Ourense).

María Teresa Ruiz de la Peña González, nº de escala 934. Para o Rexistro de Quiroga (Lugo).

Manuel Parga Gamallo, nº de escala 935, para o Rexistro da Pobra de Trives (Ourense).

María Dolores Esteve Portolés, nº de escala 936, para o Rexistro de Bande (Ourense).

Víctor Manuel Carrasco Sánchez, nº de escala 937, para o Rexistro de Viana do Bolo (Ourense).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacions Laborais