Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a Lei de cooperativas de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre a Lei de cooperativas de Galicia, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

As xornadas pretenden ofrecerlles ós diferentes medios interesados (funcionarios, profesionais, xuristas, etc.) un foro que lles permita afondar no coñecemento das pezas claves do réxime xurídico que instaura a Lei galega 5/1998 para as sociedades cooperativas que quedan dentro do seu ámbito de aplicación, réxime ó que terán que axustarse tanto as cooperativas que se constitúan no futuro como as xa constituídas conforme a lexislación anterior.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A nova Lei de cooperativas de Galicia dentro do marco da lexislación estatal e autonómica neste eido.

-Concepto e características das sociedades cooperativas.

-As cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.

-As cooperativas de crédito e de seguros.

-O réxime fiscal e tributario das sociedades cooperativas.

-A Administración pública e as cooperativas.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da Delegación na Coruña da Consellería da Presidencia e Administración

Pública (praza de Pontevedra, s/n, da citada cidade) os días 5 e 6 de abril de 2000.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 3 de abril de 2000.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión chamando, o día 4 de abril,

por teléfono, das 10 ás 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública