Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: subministración e instalación de dous servidores departamentais dun equipo portátil así como a actualización dun equipo actualmente en funcionamento no Concello de Santiago de Compostela, coas características sinaladas no prego de cláusulas económico-administrativas.

Tipo de licitación: 5.700.000 ptas. IVE incluído.

Financiamento: as obrigas económicas que se derivan para a Administración do cumprimento do contrato sufragaranse con cargo á partida orzamentaria nº 121 62602/2000.

Prazo de execución: o prazo de entrega dos bens será dun mes a partir da data de recepción da notificación da adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 horas dentro do prazo de trece días naturais, que comenzará a contarse en entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións.

Garantías: definitiva 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª...., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a subministración... e fai constar:

a) Ofrezo o prezo de.... en letras e números... o que supón unha baixa de... (en letras e números) ptas. con respecto ó tipo de licitación.

b) Que coñece e acepta os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección da industria nacional.

En..., ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

No presente contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó publico o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado