Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2000, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se anuncia o concurso público 3/2000 (4 lotes), por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de vendas adhesivas e outros.

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña) en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público.

Obxecto: subministración sucesiva de vendas adhesivas e outros.

Os licitadores poderán concorrer a un ou a totalidade dos lotes nos que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 26.643.500 ptas., (IVE incluído). 160.130,67 euros.

Garantía provisional: 532.870 ptas. 3.202,62 euros.

-Lote 1: vendas adhesivas.

Orzamento: 3.927.500 ptas. 23.604,76 euros.

Garantía provisional: 78.550 ptas. 472,10 euros.

-Lote 2: vendas elásticas cohesivas.

Orzamento: 9.111.000 ptas. 54.758,22 euros.

Garantía provisional: 182.220 ptas. 1.095,17 euros.

-Lote 3: sobres de gasas 20 x 20.

Orzamento: 10.080.000 ptas. 60.582,03 euros.

Garantía provisional: 201.600 ptas. 1.211,65 euros.

-Lote 4: sobres 2 panos cosidos 50 x 50.

Ozamento: 3.525.000 ptas. 21.185,68 euros.

Garantía provisional: 70.500 ptas. 423,72 euros.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: o que se establece no prego de prescricións técnicas.

Admisión de variantes: admítense variantes sempre e cando o ofertante especifique dunha maneira breve e clara cáles son, ó seu xuízo, as vantaxes das distintas variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 6.

2º Calidade: 3.

3º Servicio: 1.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitada no Departamento de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito na rúa Pasteur nº 22, (Pol. A Grela) 15008 A Coruña. Teléfono: 981 25 14 50, fax: 25 16 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, rúa Xeneral Sir John Moore nº 2, andar terceiro, 15001 A Coruña, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG ou por correo, na forma

indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2000.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol