Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social que se cita.

Notifícaselle, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa Recuperación Papel Lugo, C.B., ó non podérselle notificar por correo certificado, o trámite de audiencia polo termo de oito días segundo o disposto no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio, no expediente de sanción 105/1999, derivado da acta de infracción 284/1999, podendo formular alegacións polo termo doutros tres días, quedando visto para resolución ó finalizar este.

Lugo, 23 de febreiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo