Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación de dous servicios de limpeza e un servicio de vixilancia en diversas dependencias da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso dos seguintes contratos de servicio:

1. Persoal privado de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (Museo Maso de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola en Pontevedra e Biblioteca Pública de Vigo).

-Orzamento de licitación: vinteún millóns de pesetas (21.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce meses (12).

-Garantía provisional: catrocentas vinte mil pesetas. (420.000 ptas.).

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

2. Limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra (Museo Massó de Bueu, Biblioteca Pública Antonio Odriozola en Pontevedra, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Oficina de Turismo en Vigo, Oficina de Turismo en Pontevedra, Oficina de Turismo en Vilagarcía e Oficina de Turismo en Tui).

-Orzamento de licitación: dez millóns oitenta mil pesetas (10.080.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce meses (12).

-Garantía provisional: duascentas unha mil seiscentas pesetas. (201.600 ptas.)

-Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense (sede da dita delegación provincial, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Biblioteca Pública de Ourense, depósito do Seminario Menor de Ourense, Bibliobús, Museo do Viño).

-Orzamento de licitación: dezasete millóns catrocentas corenta e oito mil pesetas (17.448.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: doce meses (12).

-Garantía provisional: trescentas corenta e oito mil novecentas sesenta pesetas. (348.960 ptas.).

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo