Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.712

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de marzo de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 14 de xaneiro de 2000 (DOG nº 21, do 1 de febreiro), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta en nómina.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, a elección do/a demandante, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Apelidos e nome: Guerra Díaz, Alejandro.

Número de rexistro persoal: 3318290024 A2068.

Grupo: A.

Posto de traballo: director.

Código do posto: PE.C99.40.201.36600.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Centro de Investigacións Mariñas.

Localidade: Corón-Vilanova (Pontevedra).