Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.686

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de marzo de 2000 pola que se nomean membros da comisión de selección das bolsas para a realización de traballos de recolleita de toponimia, en representación da Comisión de Toponimia.

Por orde desta consellería do 25 de febreiro de 2000 (DOG do 3 de marzo) convocáronse bolsas para a realización de traballos de recolleita da toponimia de Galicia. Nela dispúñase que na comisión de selección se integrarían como vocais tres membros da Comisión de Toponimia, por proposta desta.

Vista a proposta formulada pola Comisión de Toponimia, na reunión do Pleno do 1 de marzo,

RESOLVO:

Designar vocais para a comisión de selección das bolsas para a realización dos traballos de recolleita da toponimia de Galicia ós seguintes membros da Comisión de Toponimia:

Antón Santamarina Fernández

Xosé Antón Palacio Sánchez

Gonzalo Navaza Blanco

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública