Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle UEII-04 San Andrés de Comesaña (expediente 5593/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 17 de febreiro de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e definición de aliñacións e rasantes do ámbito delimitado polo PXOU de Vigo como UEII-04 industrial Santo Andrés de Comesaña, sito entre a Avda. de Ricardo Mella e o Camiño de Caramuxo, aprobado definitivamente polo Concello-Pleno con data 28 de decembro de 1996, conforme a documentación presentada pola Comunidade de Bens San Andrés, redactada polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández, e con data de visado polo COAG do 22 de novembro de 1999.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante insercción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e taboleiro de anuncios da Xerencia municipal de urbanismo segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Significando que o prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contando desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina de Información Pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo