Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración sucesiva de carnes (C.P. 1/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministración: carnes de tenreira, porco, coello, polo e pavo. (3 lotes).

Os licitadores poderán concorrer a un, a dous ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 22.247.350 pesetas (133.709,27 euros), IVE incluído.

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31-5-2001, en entregas sucesivas, segundo necesidades.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prezo, ata 5 puntos. 2) Calidade, ata 4 puntos. 3) Servicio, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, (edificio de administración - planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Garantías: provisional: ver punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do/s importe/s de licitación do/s que sexa/n adxudicario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa a Dirección de Recursos Económicos e SS.XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 21 de febreiro de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense