Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso público para a subministración de cueiros de incontinencia.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público nº 6/2000 para a adquisición de cueiros de incontinencia.

1. Nome e enderezo do servicio: Hospital do Meixoeiro. Unidade de Contratación Administrativa. O Meixoeiro, s/n. 36200-Vigo. Teléfono: 986 81 11 59. Fax: 986 81 11 39.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: Hospital do Meixoeiro.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: cueiros de incontinencia. Orzamento máximo: 97.832.000 ptas.

Orzamento total: noventa e sete millóns oitocentas trinta e dúas mil pesetas (97.832.000 ptas.).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 10 de abril de 2000.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 17 de abril de 2000.

b) Enderezo ó que se deben dirixir: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 28 de abril de 2000, ás 9 horas na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

Definitiva: 4% do importe máximo de licitación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 25 de febreiro de 2000.

16. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Rubén Sanz Cartagena

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo