Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto, para a contratación do apoio técnico ó Servicio de Coordinación Administrativa.

-Obxecto: apoio técnico ó Servicio de Coordinación Administrativa.

-Importe: 9.628.756 ptas.

-Anualidades:

2000: 3.610.783.

2001: 4.814.378.

2002: 1.203.595.

-Duración: 2 anos (prorrogables).

-Aplicación orzamentaria: 5001.2591.640.8.

-Sistema de execución: concurso aberto.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por estes a documentación descrita na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir as 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5-2-1998)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral do Servicio Galego de Saúde