Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución das obras do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU de Castro Mouro-Quiroga (Lugo).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU de Castro Mouro-Quiroga (Lugo).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: once millóns catrocentas corenta mil cento corenta e tres (11.440.143) ptas. (68.756,64 euros), IVE incluído.

5. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata: duascentas vinteoito mil oitocentas tres (228.803) pesetas (1.375,13 euros).

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata: catrocentas cincuenta e sete mil seiscentas seis (457.606) pesetas (2.750,27 euros).

7. Obtención da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información:

8.1. Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista:

9.1. Clasificación: non se esixe.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de execución de obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU de Castro Mouro-Quiroga, monte Farelo-San Martiño de Amarante en Antas de Ulla, Portela do Santo Estevo en Rubiá, Alto da Lagoa-Os Remedios en Mondoñedo, monte Fufín en Monterroso, Espiñeira-Cespón en Boiro, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presentaron proposicións, así como no seu interior a clasificación ou fianza, esixidas, se é o caso, para cada unha delas.

11. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente