1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU situado no monte Farelo-San Martiño de Amarante, Antas de Ulla (Lugo).
2.2. Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: dezasete millóns novecentas sesenta mil cincuenta e seis (17.960.056) ptas. (107.942,11 euros), IVE incluído.
5. Fianza provisional:
2% do orzamento da contrata: trescentas cincuenta e nove mil duascentas unha (359.201) ptas. (2.158,84 euros).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento da contrata: setecentas dezaoito mil catrocentas dúas (718.402) ptas. (4.317,68 euros).
7. Obtención da documentación:
7.1. Copistería Copy Nino.
7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.
7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.
7.4. Teléfono: 981 58 89 38.
8. Información:
8.1. Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2.
8.2. Teléfono: 981 54 17 49.
9. Requisitos específicos do contratista:
9.1. Clasificación: non se esixe.
10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de execución de obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental dos vertedoiros de RSU de Castro Mouro-Quiroga, monte Farelo-San Martiño de Amarante en Antas de Ulla, Portela do Santo Estevo en Rubiá, Alto da Lagoa-Os Remedios en Mondoñedo, monte Fufín en Monterroso, Espiñeira-Cespón en Boiro, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se pre-
sentaron proposicións, así como no seu interior a clasificación ou fianza, esixidas, se é o caso, para cada unha delas.
11. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente