Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 27 de decembro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente a conta de liquidación provisional do proxecto de reparcelación de Manuel Murguía, sendo o importe dos gastos repercutidos de 126.320.036.

Segundo: somete-lo expediente a información pública polo prazo de 20 días, con citación persoal ós interesados e a través da correspondente publicación no DOG.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 104.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo que o expediente se encontra á disposición dos interesados nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas en Avda. da Mariña 18, entre as 12 horas e as 14 horas, de luns a venres, durante o prazo de vinte días contados

a partir da publicación deste anuncio, podendo ademais presentar cantas reclamacións consideren oportunas.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda