Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións e modificacións das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lles están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das Sociedades Agrarias de Transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 29 de abril de 1998, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Iglesias SAT nº 1040 XUGA, de responsabilidade limitida e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Cabanas-A Baña (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 33.300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Xoios SAT nº 1041 XUGA, de responsabilidade limitida e cunha duración ilimitada, con enderezo ne Lg. Xoios-Laracha (A Coruña); obxecto social: producción gan

deira; capital social: 39.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Alán SAT nº 1042 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na rúa San Roque, nº 36, A Rúa de Valdeorras (Ourense); obxecto social: cultivo de viñedo e elaboración, embotellado e comercialización de viños acollidos á denominación de orixe Valdeorras; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Peniña SAT nº 1043 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. San Miguel de Cora-A Estrada (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 37.200.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Vila Alborés SAT nº 1044 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Lg. Vilaferreiros-Alborés-Mazaricos (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Castedo e Carballo SAT nº 1045 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cirio-Pol (Lugo); obxecto social: a explotación

dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Vivermonte SAT nº 1046 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo Cobas, s/n, Montederramo (Ourense); obxecto social: a producción de especies forestais, e todas aquelas actividades forestais que supoñan a mellora económica e soical dos seus socios; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Naranxal SAT nº 1047 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Os Guerras-Arceo-Boimorto (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 26.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Vilarquinte Gandeira SAT nº 800 XUGA, na asemblea xeral, do 10 de agosto de 1999, acordan por maioría:

1. Modificación do valor do resgardo, no artigo 2 dos estatutos, establecéndose en 500.000 ptas., que con 6 resgardos reflicten o capital social inscrito en 3.000.000 de ptas.

2. Dar de alta a 2 socios e de baixa a outro socio, que cede os seus resgardos do capital social a partes iguais ó socios dados de alta.

3. Elección de nova xunta rectora, que queda integrada por Juan Ramón Fernández Veiga, presidente; Mª Belen Pena Durán, secretaria; Mª Teresa Roca Uríz e Manuel Fernández Veiga, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Garridiño SAT nº 1011 XUGA, na asemblea xeral, do 31 de outubro de 1999, acordan por unanimidade:

1.A baixa voluntaria da socia Mª García Rivas reintegrándoselle-la súa participación e reducíndose o capital social que definitivamente queda fixado en 150.000 ptas., representado por 3 resgardos de 50.000 ptas., cada un.

2. A socia Manuela Teijeiro Álvarez é nomeada membro da xunta rectora como vocal, en substitución da socia que causou baixa.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa Menor SAT nº 1017 XUGA, na asemblea xeral e en segunda convocatoria, do 22 de decembro de 1999, acordan por unanimidade:

1. Dar de alta a 2 socios, producindo un aumento do capital social que pasa de 42.000.000 de ptas., a un definitivo capital social fixado en 42.420.000 ptas., representado por 4.242 resgardos de 10.000 ptas., cada un.

2. Elección de nova xunta rectora, que queda integrada por Javier Vázquez García, presidente; Jesusa García García, secretaria; José Vázquez Quintela, Luis Rúa Viqueira e Mª Manuela Seijo Villar, vocais.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación