Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 5928.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Ingemarga, S.A., con enderezo en apartado de correos nº 3, 27300 Guitiriz, presentou nesta delegación provincial, o día 21 de xaneiro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Villalba, de 15 cuadrículas mineiras para recursos de granito e sección C, que se sitúa no concello de Vilalba da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5928 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 34' 40''43º 18' 40''

2-7º 33' 00''43º 18' 40''

3-7º 33' 00''43º 17' 40''

4-7º 34' 40''43º 17' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 26 de xaneiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo