Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de consultoría e asistencia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato administrativo que se relaciona.

Forma de adxudicación: o contrato que a seguir se identifica foi adxudicado, logo da tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto no artigo 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Contrato administrativo de consultoría e asistencia.

1. Resolución de licitadores: 2 de decembro de 1999, (DOG nº 239, do 14 de decembro).

Obxecto do contrato: redacción do proxecto técnico e de execución e estudio de seguridade e saúde da obra contrucción dun pavillón polideportivo no lugar de Vilacristovo, Sobradelo, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Adxudicatario: Alfredo Freixedo Alemparte.

Importe de adxudicación: 2.200.000 ptas.

Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

Data da resolución: 25 de xaneiro de 2000.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte