Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 18 de xaneiro de 2000, o estudio de detalle presentado por Joaquín Sarmiento Garra, para o desenvolvemento da unidade de execución nº 10 estrada As Neves, segundo proxecto do arquitecto Clemente Sequeiros Sestelo, exponse ó público polo prazo dun mes, para efectos de reclamacións.

Ponteareas, 20 de xaneiro de 2000.

José Castro Álvarez

Alcalde