Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de febreiro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada J.O.B. 2, a favor de Rodrigo del Río Mariño.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión

de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: J.O.B. nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 194.

Data da concesión: 19-10-1966.

Data de finalización da última prórroga: 1-11-2006.

Anterior concesionario: José e Luis del Río Dieste (33.208.674 e 35.407.102, respectivamente) e Carmen Mariño Fernández (76.502.027).

Novo titular da concesión e batea: Rodrigo del Río Mariño (52.934.522).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña